A polÃtica lingüÃstica da Xunta de 2003 a 2008 conseguiu frear a caÃda vertixinosa de galegofalantes

Non pode dicirse que a polÃtica lingüÃstica desenvolvida pola Xunta entre o 2003 e o 2008 fose un éxito rotundo pero logrou frear a vertixinosa caÃda de galegofalantes, prestixiou o uso do idioma propio e, sobre todo, serviu para aumentar os falantes bilingües. Os datos despréndese dun informe que publica o Consello da Cultura Galega (CCG) en vésperas dos Encontros de Normalización LingüÃstica, que hoxe comezan na Facultade de Xornalismo, en Compostela.
O informe supón un duro revés cientÃfico ás teses que defende a Xunta de Galicia para aplicar o seu polémico decreto plurilingüÃstico, xa que, lonxe de proporcionar un conflito, a polÃtica lingüÃstica do bipartito alentou os galegofalantes e ampliou o bilingüismo.
O texto é unha panorámica básica da evolución sociolingüÃstica de Galicia a través de varios parámetros, como a lingua habitual, a lingua inicial ou materna e as competencias lingüÃsticas. Tamén se ofrecen datos sobre o uso do galego en ámbitos determinados: o escolar, o familiar, social e laboral, asà como os medios de comunicación e internet.
Para tracexar esa panorámica, cruzáronse os datos de tres fontes primordiais de información: o Mapa SociolingüÃstico de 1992 -elaborado pola Real Academia Galega (RAG)-, e as enquisas de condicións de vida das familias do 2003 e do 2008, elaboradas polo Instituto Galego de EstatÃstica.
Segundo o informe, as persoas que falan galego actualmente son o 58,8% da poboación. Entre 1992 e 2008, os bilingües con predominio do galego e os galegofalantes monolingües descenderon en pouco menos dun 10%. Unha evolución contraria á porcentaxe de monolingües en castelán, que se estabilizaron en niveis próximos ao 19% desde 2003. Porén, en 1992, eran castelanfalantes só o 10,6%. Un dos datos significativos é que existe un maior grao de castelanización canto menor é a idade do individuo, aÃnda que se rexistra unha desaceleración na perda de falantes de galego.
O informe rompe tamén o dogma de que a substitución do galego polo castelán se acomete nas grandes cidades: ao parecer, nos últimos anos, a substitución concéntrase de forma case exclusiva nos concellos pequenos, mentres que nas cidadaes se detivo practicamente no último lustro.
Os datos indican tamén unha evolución decrecente do galego e do castelán como lingua materna única, gañando peso os que aprenden as dúas linguas na casa cando son nenos. O galego, con todo, segue a ser, segundo todas as fontes, a lingua materna da maiorÃa da poboación. En 2008, máis de 600.000 galegos aprenderon as dúas linguas na casa, o dobre que en 1992.
Ao mesmo tempo, a lingua inicial por idades amosa tamén unha contención na perda de falantes iniciais de galego e mesmo unha recuperación nalgúns treitos de idade. O dato máis positivo serÃa o crecemento absoluto de falantes iniciais de galego no último treito de idade respecto de 1992. O resto de tendencias apuntan cara a unha certa contención, augurando unha certa estabilidade ou punto crÃtico, segundo a interpretación. Este fenómeno non acontecÃa en 1992, onde as tendencias eran claramente diverxentes xa que o galego como lingua inicial semellaba que Ãa desaparecer.
Dende 1992 produciuse unha caÃda do castelán como lingua inicial en todos os hábitats en termos moi similares ao galego. A excepción serÃa a pequena subida do galego entre 2003 e 2008 nas cidades. O avance da inclusión do galego nas familias concéntrase na adquisición deste a través de prácticas bilingües, comprendendo aumentos de entre o 70% (concellos pequenos) e do 120% (cidades) no perÃodo.
A escola, clave na aprendizaxe
No informe, analizáronse os ámbitos de adquisición da lingua das persoas cunha boa capacidade e comprobouse "o importante peso que ten a escola e outros ámbitos de adquisición externos á familia e a súa evolución positiva. Se poñemos en relación estes datos cos de lingua inicial e usos lingüÃsticos na familia, podemos concluÃr que a escola é un ámbito de adquisición do galego oral determinante".
Outro ámbito que gaña peso é o laboral. A porcentaxe de persoas de 30 a 49 anos que declara ter adquirido a competencia oral no traballo pasou do 6% en 2003 a case o 11% en 2008. O perfil deste colectivo, apúntase no informe, "é interesante, dado que se trata principalmente de nacidos en Galicia que traballan en actividades de servizos e na empresa privada, pero hai unha proporción maior que no total da mostra de traballadores públicos cuxos ingresos son altos. As competencias lingüÃsticas en galego deste grupo son moi boas e existe unha pequena tendencia a que utilicen o galego como lingua habitual".
Fuente: Galicia hoxe




