"A por todas": O BNG desafÃa a Núñez Feijóo e anúncialle un outono quente se toma represalias contra os profesores que sigan a usar galego ó dar matemáticas

Se a Xunta "represalia" os profesores que decidan seguir usando o galego nas aulas este curso, haberá un outono quente no ensino. Ese foi o desafÃo que onte lle lanzou o Bloque Nacionalista Galego (BNG) ao Goberno de Alberte Núñez Feijóo a só uns dÃas de que entre en vigor o polémico Decreto do plurilingüismo. Nunha comparecencia ante os medios, o voceiro de Lingua do Grupo Parlamentario do Bloque, Bieito Lobeira, advirte de que o seu partido irá "a por todas" se a ConsellerÃa de Educación lle abre expediente a unha persoa por "usar a súa lingua na súa terra". ConstituirÃa, engadiu o deputado, "unha auténtica declaración de guerra" e unha forma de facer polÃtica que "retrotrae directamente ao franquismo".
"Abonda xa de medos, de ameazas e de coaccións", proclamou Lobeira, para recalcar a continuación que o Bloque non permitirá "un retroceso a hai corenta anos" baseándose en "teses involucionistas en materia lingüÃstica" que "imposibilitan" o ensino do galego en Educación Infantil e no ámbito cientÃfico-tecnolóxico.
Dito isto, avanzou que se aveciña "un inicio de curso quente e conflitivo", dado que os nacionalistas galegos non tolerarán "esta vulneración de dereitos" e que se tache o galego de idioma "proscrito".
Nese escenario, Lobeira fixo un "chamamento" á comunidade educativa para que "se rebele" ante a "polÃtica de imposición do Partido Popular (PP) máis rancio, vingativo e rancoroso do Estado" e utilice o galego nas aulas. "Desta xeración depende o futuro do galego e o de Galicia como pobo", reivindicou, en referencia aos estudantes. Aos profesores garantiulles que "non estarán sós" se deciden "desafiar" o decreto e impartir formación na lingua de Castelao.
Ó preguntarlle se tivo constancia de "ameazas" por parte da Xunta aos docentes, Lobeira recordou que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, nunha intervención parlamentaria "propia de O Pardriño", se mostrou "seguro de que os profesores cumprirán o mandato"; e que un representante deste departamento autonómico aclarou en comisión que se lles poderÃan abrir expedientes aos profesores que non cumprisen o decreto. "A algúns do PP vailles esta marcha, pero é intolerable", sentenciou o deputado.
Eivar as ramas cientÃfico-técnicas
Bieito Lobeira considera que a solución dun hipotético conflito no ensino está en mans do PP, un partido que debe ser consciente de que "materializar as súas ameazas fará que a resposta social" contra o decreto "sexa maior", cando xa "a maiorÃa da sociedade non quere que se prohiba o galego nas ciencias".
Xunto a Lobeira compareceu a voceira de Educación do BNG, Carme Adán, quen criticou a "renuncia" da Xunta a que o alumnado aprenda "vocabulario especÃfico" das ramas cientÃfico-técnica por un criterio "ideolóxico" de que "o galego non serve para as cousas importantes" e que iso supoña "tirar os libros ao lixo".
Por iso, presentou unha proposición non de lei na que insta a Xunta para "respectar o dereito do profesorado de ciencias a impartir as aulas en galego, tal e como recolle a Lei de normalización de Galicia e a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias"; a garantir a "existencia e publicación" de material didáctico no ámbito cientÃfico-tecnolóxico; e a autorizar os centros que asà o desexen a utilizar os libros en galego das materias cientÃficas "polo aforro económico e ecolóxico que isto implica".
Por último, a deputada esÃxelle ao Executivo autonómico, no seu texto, que garanta que "ningún profesor sufrirá represalias por exercer o seu dereito" a utilizar o galego nas aulas.
Fuente y autor: galicia hoxe




