Economistas

A "relación sádica"

galego.gif

O galego será a lingua de referencia do Parlamento e da Xunta, unha decisión tomada onte por unamidade dos tres grupos con representación na cámara, incluído o Partido Popular (PP), que votou a favor da iniciativa presentada por Bieito Lobeira, deputado do BNG. Esta postura a favor provocou que Lobeira, en ton retranqueiro, se referise á "relación sádica" que o PP mantén co idioma galego, en referencia ao polémico Decreto do Plurilingüismo e ao feito de que sexan varios os deputados do PP que falan en castelán na cámara.

O deputado do BNG sinalou que os administrados teñen "o dereito" de ser atendidos en galego por parte do funcionariado e criticou que, en ocasións, isto non sucede. Con esta visión coincidiu o representante do PSOE neste debate, José Manuel Lage, quen subliñou que os traballadores da Función Pública deben ter un alto grao de "compromiso" coa lingua propia. Tamén os populares se mostraron favorables á aprobación deste texto, a través do seu deputado Agustín Baamonde, quen abundou en que o idioma da Administración debe ser o propio da autonomía.

Á marxe desta proposición non de lei, Lobeira preguntoulle ao secretario xeral de Medios sobre a "exclusión" do galego en campañas publicitarias institucionais para anunciar a fin da televisión analóxica e a súa substitución pola TDT. Alfonso Cabaleiro explicou que este tipo de anuncios en castelán son "minoritarios" e asegurou que "non serán habituais". Sobre o caso concreto denunciado polo deputado do BNG, xustificou a súa emisión en castelán por estar dirixido a habitantes de comunidades "limítrofes" con Galicia.

Esta explicación non satisfixo ao parlamentario nacionalista, dado que a Xunta non pode planificar as súas campañas, ao seu xuízo, pensando noutros cidadáns que non sexan os galegos. En todo caso, valorou o "compromiso" coa lingua de Castelao expresado polo secretario xeral.

Na súa última intervención, Cabaleiro concluíu que o idioma galego está "nunha situación bastante óptima" no campo publicitario, algo que atribuíu á súa difusión, principalmente, a través dos medios públicos. Porén, Cabaleiro recalcou que esta lingua está "lonxe da situación ideal" en canto á súa utilización nos medios de comunicación.

NON PEDIRÁ INSUBMISIÓN AO DECRETO UGT vaticina un curso "moi duro"

O sindicato FETE-UGT vaticina un "moi duro" inicio do curso académico 2010-2010 que estará marcado por un "cóctel envelenado" de recortes de persoal en profesorado, persoal de comedores e docentes de apoio, xunto coas "dificultades organizativas" de aplicar o Decreto do Plurilingüismo no ensino. Sobre o contestado texto que impulsou o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o voceiro de Ensino Público de FETE-UGT, Raúl Gómez, pediu "sentido común" e que se aplique dun xeito "razoado" e "progresivo", tras recoñecer que "a lei está para cumprirse". "Non chamaremos á insubmisión, chamaremos ao sentido común", sinala, para recordar que "o 50 % non se estaba a cumprir".
Fuente: galiciahoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg