A Xunta espera ter a finais do mes que vén o acordo para abrir Meirás

O acordo polo que o pazo de Meirás abrirá ao público poderÃa quedar pechado a finais do próximo mes. O recinto foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) baixo o anterior Goberno autonómico, co que debe abrir ás visitas catro dÃas ao mes, como marca a lei. A actual Xunta do PP reiterou a súa intención de esgotar a vÃa do "diálogo" coa súa propietaria, Carmen Franco, para proceder á apertura do pazo. AsÃ, a ConsellerÃa de Cultura informou onte de que "a finais de outubro se espera atopar unha solución para resolver os problemas de seguridade da apertura do pazo", xa que a súa propietaria lexÃtima esixiu vixilancia privada ante o "risco de atentados" pola afluencia de turistas.
Ademais, o Goberno galego está a ultimar o percorrido que os visitantes poderán efectuar. Tras as dúas xuntanzas mantidas entre a Xunta e os representantes legais da filla do ditador, técnicos da ConsellerÃa de Cultura visitaron recentemente o inmoble "para avaliar o percorrido que propuña a familia", sinalaron desde ese departamento autonómico. Só quedan por delimitar "as zonas que se poderán visitar e as que non", precisaron as mesmas fontes.
O pasado mes de febreiro, o director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, envioulle á propietaria do pazo "planos concretos do xardÃn e das zonas públicas que poderÃan ser visitadas". Pichel sinalou daquela que nese documento viñan reflectidas "as zonas máis interesantes" da antiga residencia de verán de Franco. De aceptar esta proposta inicial da Xunta, os turistas poderÃan acceder á biblioteca do pazo, a planta baixa e a primeira.
Nunha entrevista concedida a Xornal en outubro do ano pasado, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, asegurou que a apertura do recinto producirÃase "en menos dun mes". Antes, en febreiro do ano pasado, José Manuel Rey Pichel, sinalou que Meirás abrirÃa "en breve".Neste sentido, fontes da ConsellerÃa de Cultura precisaron que "a prioridade da Xunta é efectuar a apertura garantindo a seguridade dos visitantes e do propio BIC".
A Xunta conta con varios autos favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que avalan a apertura ao público do recinto. Carmen Franco perdeu todos os recursos xudiciais que presentou contra a declaración de BIC. Ademais, o Tribunal Supremo non fixo público se aceptou as "medidas preventivas" que solicitou pola apertura.
Fuenet y autor: Escrito por Daniel Prieto para "Xornal de Galicia




