Basta xa! no lácteo
Nin o campo galego é unha aula de matemáticas, nin os seus números unha ciencia exacta. Cada explotación láctea é un mundo, e ningunha coincide ó 100% coas contas dos seus veciños, pois nin todas proÂducen os mesmos litros, nin coa mesma calidade, nin lles venden ós mesmos clientes, nin cobran as mesmas primas... O que si aseguÂran case todas é que están na ruÃna. Por iso, para facerse unha idea global o máis fiable é acudir ás táboas que manexa a ConseÂllerÃa de Medio Rural, obtidas a partir das declaracións menÂsuais de entregas realizadas polos compradores. E aÃ, o que se ve é que ata o mes de xullo pasado as industrias non pagaban máis ou menos nin 28 céntiÂmos por litro, mentres que os custos de producilo -aseguran os profesionais- dispáranse ata os 0,38. É dicir, un difeÂrencial negativo de 0,10 euros.
Alimentar ó gando, proporÂcionarlle coidados veterinarios, vacinalo, pagar as facturas da luz ou encher o depósito do tractor con gasóleo (entre outros gastos) está hoxe por encima da cotización no mercado de cada litro de leite en orixe, seÂgundo aseguran os profesionais do sector. Unha situación "insosÂtenible", a xuÃzo dos sindicaÂtose Xóvenes Agricultores (XXAA), Unións Agrarias (UUAA), SindiÂcato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de CooperaÂtivas Agrarias (Agaca), que onte iniciaron, arroupados por centos de granxeiros, tres dÃas consecuÂtivos de mobilización ante as industrias para esixirlles que paÂguen máis. A planta de Lactalis en Vilalba (Lugo) foi a primeira vÃtima do enfado dos granxeiÂros, que bloquearon as súas instalaÂcións. Xa pola tarde, acudiron ó centro comercial Carrefour da Coruña e os participantes colocaron pegatinas co lema Estas marcas engánante e destrúen o sector lácteo, con oito marcas, para reclamar o apoio dos consumidores na súa loita.
En declaracións ós medios, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Carme Freire, volveu cargar contra Leite RÃo, Celta e Lactalis por pagarlles ós gandeiros "prezos que non permiten vivir", ademais de pedirlle á cidadanÃa que os apoie na súa campaña de boicot, que se centrará hoxe na planta propiedade de Jesús Lence e mañá en Leche Celta.
Volven á lembranza as tractoradas
Cos seus altos e baixos, o proÂblema de rendibilidade do que se queixan os propietarios de exploÂtacións lácteas non é nada novo. Durante o verán de 2009, as mesmas siglas convocantes do boicot aparcaron centos de tractores en Santiago na chamaÂda Semana en branco para protesÂtar polas penurias do sector. A mobilización terminou despois de que produtores, industrias, disÂtribución e o Goberno selasen en Madrid o denominado pacto lácÂteo polo que as partes se comÂprometÃan a xeneralizar o uso do contrato homologado, apliÂcando un método de referencia que na práctica non frutificou.
¿E que din as industrias? As empresas ven un "despropóÂsito" e unha "inxustiza" que se lles culpe dos problemas do secÂtor e tachan de "canallada" esta campaña.
CRÓNICATristura e escepticismo diante da fábrica: "Isto empeora cada ano, asà é imposible manter a familia"
Como chamadas á oraÂción desde as mesquitas, as muxidoiras esperÂtan unas a outras na amaÂneceres de Galicia. Baixo a escarcha, relocen como exemplares case en extinÂción. Os seus donos calculan cos dedos das mans os anos que lles quedan á fronte das granxas: ¿dez?, ¿cinco?, ¿quizais dous? Cos prezos do leite conÂxelados e os gastos en asÂcenso meteórico, ¿cantos valentes queren traballar como gandeiros?
Intentárono todo: asaltos ás grandes marÂcas, derrames de leite, tractoradas polas estradas. Pero o desánimo creÂce. Mil gandeiros de leite e carne decidiron planÂtarse onte ante a planta de Lactalis, nos arredores de Vilalba. Mozos endureciÂdos e veteranos ó bordo da xubilación bloquearon a entrada e saÃda de camiónÂs leiteiros, no inicio doutra odisea contra os xigantes do sector. ChegaÂdo desde MesÃa (A Coruña), Manuel Nodar suspiraba con escepticismo: "A situaÂción empeora cada ano, cheÂmos coa sensación de que nos afogamos cos prezos".
Este gandeiro de 56 anos resume a desesperanza do colectivo: "SentÃÂmonos asfixiados, asà é impoÂsible mater unha familia". AÃnda que Manuel mantén unha granxa de carne, comÂparte os desgustos dos seus compañeiros: "Os prezos polos produtos en orixe son cada vez máis baixos, levo non sector case toda a vida despois de traballar noutros sitios, pero o peor está acontecendo agora".
Para apoialos, chega esta iniciativa de bloqueo impulsada polos sindicatos e as cooperativas, que comezou onte diante de Lactalis, onde non permitiron que entrase nin saÃse ningún camión do recinto vilalbés.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, explicou que o seu obxectivo é informar sobre as marcas das empresas que pretenden "destruÃr" o sector en Galicia, e o seu homólogo de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, reclamou un novo marco de negociacións para que se equiparen os prezos do leite galego ós europeos. Por xustiza.
Fuente y autor: P. HERMIDA / Galicia hoxe




