Contra as medidas austeras en Europa
Miles de manifestantes chegados de preto de 30 paÃses percorreron onte Bruxelas para reclamarlles ós gobernos da UE que digan "non á austeridade" e que poñan freo ós recortes cos que queren facerlle fronte á crise e que temen que "deteriorarán" a situación económica e social.
Os organizadores esperaban reu- nir 100.000 persoas procedentes de paÃses como Alemaña, Francia, Bélxica, Italia, RomanÃa e Portugal. Varios representantes dos sindicatos españois CCOO e UGT tamén se sumaron á convocatoria.
"Déanlle unha oportunidade ó crecemento, non vaian a pola austeridade", pediu o secretario xeral da Confederación Europea de Sindicatos (CES), John Monks, en declaracións previas ó comezo da multitudinaria manifestación.
En opinión de Monks, o feito de que os lÃderes europeos se marcaran como prioridade "pagar a débeda" vai empurrar a economÃa a unha gran recesión" e cualificou de "tolemia" a idea de impoñerlles sancións ós paÃses con déficit excesivo.
Os sindicatos europeos son conscientes de que os 27 teñen "desafÃos que superar", pero Monks pediulles que tomen o seu tempo" para reducir o déficit. "Non hai urxencia, que non haxa pánico", dixo.
Na súa opinión, os recortes en Grecia e Irlanda non supuxeron para estes paÃses ningún beneficio para o crecemento e o emprego, polo que os 27 deberÃan "non precipitarse con medidas de austeridade drásticas, e orientar o gasto público cara ó investimento".
Precisamente onte, a Comisión Europea propuxo sancións de ata o 0,2% do produto interior bruto para os paÃses da eurozona con déficit ou desequilibrios excesivos, como burbullas inmobiliarias.
A euromanifestación saÃu ás 12.45 horas da estación de Midi de Bruxelas e percorreu as rúas da capital belga para finalizar ó redor das 16.30 horas no barrio europeo, onde se atopan as institucións da Unión Europea.
Os convocantes pensaban reu- nir 100.000 manifestantes, mentres que a PolicÃa de Bruxelas estimaba que a cifra poderÃa alcanzar os 80.000, aÃnda que tras case dúas horas de marcha non habÃa aÃnda ningún reconto oficial da manifestación.
A marcha desenvolveuse "con absoluta normalidade" e non se rexistraron incidentes, segundo un voceiro policial.
Ó final, os representantes sindicais tiñan previsto reunirse co presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, e co primeiro ministro belga e presidente de quenda da Unión Europea, Yves Leterme.
O secretario xeral de CES adiantou que lle pedirÃa a Barroso que non se deixe levar pola "estampida" cara á austeridade e que aposte por "manter os niveis de gasto" para favorecer o crecemento.
SEN ALTERNATIVAS
Barroso e Van Rompuy defenden os axustes nos paÃses da UE
O presidente da Comisión Europea (CE), José Manuel Durão Barroso, afirmaba onte que os paÃses comunitarios están aplicando reformas económicas e medidas de austeridade orzamentaria "porque non hai outra solución" para manter os servizos sociais e protexer os traballadores.
O presidente do Consello Europeo, Herman Van Rompuy, aseguraba tamén que as medidas de axuste orzamentario decididas nalgúns paÃses da UE son "cruciais" para recuperar a confianza e con iso promover o emprego.
"A confianza é a base do crecemento", afirmou Van Rompuy nunha declaración con motivo das protestas contra os axustes que tiñan lugar onte en varios paÃses de Europa.
Fuente: Galicia hoxe




