Economistas

"É un lavado de imaxe"

galego.gif

Sete membros da Alianza Libre Europea, entre os que se atopa a voceira do BNG en Bruselas, Ana Miranda, enviáronlle onte unha carta redactada en galego á comisaria de Educación da Comisión Europea, Androulla Vassilliou para pedirlle unha explicación logo das declaracións realizadas polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, segundo o cal a responsable europea aplaudiu o Decreto do Plurilingüismo.

A nacionalista Ana Miranda trasladoulle onte a este xornal a súa "sorpresa e extrañeza" polas palabras de beneplácito que o conselleiro lle atribuíu a Vassiliou. Especialmente, segundo remarcan na carta enviada á comisaria, cando "a Comisión Europea non ten competencias directas en materia de regulación lingüística, que corresponde só aos Estados".

Ao seu ver, "a visita de Jesús Vázquez é un lavado da súa imaxe pública que confunde a cortesía da comisaria europea cun aval", tras o malestar que está a causar en moitos centros de ensino a aplicación do Decreto do Plurilingüismo. Por iso, Miranda cre que a entrevista coa comisaria de Educacion "é unha tomadura de pelo á cidadanía". De feito, logo de remitirlle a carta, o gabinete comunicoulles aos eurodeputados asinantes -xunto a Miranda, Oriol Junqueras, Jill Evans, François Alfonsi, Ian Hudhton e Alyn Smith mais Frieda Broepels- que están a "cotexar a información" sobre as declaracións de Vázquez coa que dispoñen eles sobre esta reunión. Miranda mesmo dubidou que o encontro de Vázquez con Vassiliou se tivese celebrado. "Vimos a foto do conselleiro con Doris Pack, membro do Grupo do Partido Popular Europeo pero non con Vassiliou", apunta. De feito, na páxina web da Xunta, as imaxes da visita de Jesús Vázquez seguían onte tendo un pe de foto errado, pois identificaban a Doris Pack como se fose a comisaria europea de Educación.

Na carta que envían os eurodeputados a Vassiliou infórmanlle que o Decreto "non respeita o modelo de plurilingüismo europeo porque non respeita o modelo legal existente de protección e defensa da lingua galega no ensino, vulnerando pois a normativa galega vixente, do Estado español e do Consello de Europa, como a Carta Europea das Linguas Minorizadas e Rexionais".

Solidarízanse coa plataforma Queremos Galego

Os asinantes solidarízanse ademais coa plataforma Queremos Galego que "intentaron deslexitimar" tras unha visita aos responsables europeos da mesma índole que a mantida polo conselleiro de Educación. Na misiva, infórmanlle á chipriota Vassiliou sobre as manifestacións celebradas en Compostela contra o texto aprobado pola Xunta e salientan a "inmensa reacción cívica de protesta de numerosos pais, nais e alumnado e da sociedade civil sobre este Decreto".

Na carta, os membros da Alianza Libre Europea solicitan unha nova entrevista coa comisaria europea de Educación "para trasladarlle a nosa posición e documentación ao respecto da política de plurilingüismo galega".

Segundo explicou Ana Miranda, a finais de mes, o eurodeputado de ERC, Oriol Junqueras, "vai pedir na Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo explicacións de por que non se nos informou aos membros desta Comisión sobre esta visita do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez".
Fuente y autor: VANESA OLIVEIRA /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg