Louro sacrifica o seu cargo e optará á alcaldÃa pontevedresa

A ruleta socialista que xiÂraba sen fin para a elección do candidato á alcalÂdÃa de Pontevedra parou o venres á última hora da noite. Unha nova conÂversación entre o secretaÂrio provincial do PSdeG, Modesto Pose, e o delegaÂdo do Goberno en Galicia, Antón Louro, acabou por arroxar luz verde a unha situación enquistada.
Louro, disciplinado e sensible ás demandas da organización socialista, tanto da galega como da provincial e da loÂcal, optou por "sacrificar" a súa cómoda posición instituÂcional como delegado do Goberno en Galicia, para encabezar a candidatura co obxecto de evitarlle un tropezón ó partido.
Louro e a súa contorna ven o alcalde nacionalista, Miguel Anxo Fernández LoÂres, recuperado, tras un arrinque moi débil de leÂxislatura. Con Lores forte, o obxectivo da cabeza de lisÂta do PSdeG pasa por dar máis aire en Pontevedra unha organización que de forma global en España pasa por momentos malos debido á crise económica.
O PSdeG trata de pechar asà o paso á alcaldÃa ó popular Telmo MartÃn, que nos comicios de hai catro anos quedou a un puñado de votos da maÂiorÃa absoluta.
No entanto, e aÃnda que de entrada recoñecen que parece difÃcil o reto de desÂbancar a Miguel Anxo FerÂnández Lores, con Louro os socialistas non descarÂtan de ningún xeito esa meta para o 22 do próxiÂmo mes de maio.
Louro relevará á fronte da lista a actual tenente de alcalde, Teresa Casal, que fai mañá unha semana que se apartou publicaÂmente da carreira polas urnas e deixou en mans da agrupación local a elecÂción do seu sucesor.
O actual delegado do Goberno anúnciase con toÂda certeza mañá, luns, de forma oficial, a súa candiÂdatura. A organización espera que dado o seu peso entre os socialistas ponteÂvedreses, o sector crÃtico que recolleu sinaturas para a celebración das primarias abandone as súas pretenÂsións, co doutor José Nogueira á cabeza.
Meijón e Valcárcel, non
Os dous nomes que soaron nun principio como remuda de Teresa Casal na candidatora socialista por Pontevedra foron o deputado Guillermo Meijón e o edil de Rural José Manuel Valcárcel, xa descartados. A maquinaria organizativa do Pino xa tiña claro o seu candidato, o actual delegado do Goberno Antón Louro.
Fuente y autor: XAIME LEIRO /Galicia hoxe




