Economistas

Mestres desorientados

galego.gif

A aplicación do Decreto do Plurilingüismo nos centros de ensino está a levar o malestar e a desorientación aos claustros dos profesores. A só tres días para que comecen as clases en Secundaria o vindeiro venres, moitos institutos aínda non teñen aprobado o seu proxecto lingüístico debido ás dificultades para repartir galego e castelán de xeito equitativo entre as materias optativas e debido, tamén, á falta dunha solución por parte de Educación.

Un deles é o IES Terra de Melide. O seu consello escolar rexeitou, a final de curso, o proxecto lingüístico presentado pola dirección do centro. Malia que a Consellería de Educación foi informada desta situación, a directora do instituto, Margarita Quintela, asegura que "está á espera" de que a Consellería lle comunique algo antes do venres. Unha tarefa complicada xa que o decreto non indica a quen lle corresponde decidir como actuar ante a negativa do consello escolar á proposta lingüística do centro.

Para Xosé Cabido, portavoz do Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia (STEG), "hai moita desinformación nos centros que non saben que pasa cando non hai acordo entre os profesores. O único ao que os poden obrigar (dende Educación) é a repartiren os horarios que lles corresponden ás materias en galego e en castelán e despois, que cada quen busque a vida como poida".

Na mesma situación se atopa o claustro do IES As Bizocas do Grove, que en xuño se declarou incompetente para realizar a repartición de materias entre galego e castelán e trasladoulle a Educación a súa resolución para que a Consellería asignase os idiomas. "Por agora, o proxecto lingüístico está sen aprobar. Temos un claustro o venres e a ver que pasa entón", apuntan dende o centro. Neste caso, un inspector de Educación mesmo os chegou a ameazar con anos de suspensión da función pública se non chegaban a un acordo. "Agora xa non está este inspector, pero a pelota volve estar no noso tellado. Parece que o que se nos quere transmitir é que cada un faga o que queira", consideran fontes do instituto que prefiren ocultar a súa identidade.

A mesma situación de malestar e parálise existe no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis que decidiu adiar até este mes, tras o último prazo de matrícula, a aprobación do proxecto lingüístico.

"É imposible, sobre o papel, chegar á repartición do 50%"

A coordinadora do equipo de normalización do centro, Ana Rial, dubida que poidan ter a súa proposta de repartición de galego e castelán antes de que arrinque este "complicado" curso escolar. "Non imos ter os horarios até o xoves, así que vai ser moi difícil", comenta. Ademais, os profesores decidiron que van pasarlles un escrito ós diferentes departamentos do centro para que decidan en que lingua prefiren impartir as súas materias. "A nosa intención é cumprir o decreto, pero non imos ser capaces porque é imposible, xa só sobre o papel, chegar á repartición do 50%. Ademais será un proxecto lingüístico só para este ano, non para catro anos como se indica no decreto, porque varía o profesorado e o número de estudantes", indica.

De feito, para este curso, a comisión de escolarización decidiu o pasado día 9 que o IES Aquis Celenis de Caldas de Reis ía ter dúas aulas de Primeiro da ESO, en lugar de só unha, ante a elevada demanda de alumnos. "Un curso máis implica máis profesorado e variar a repartición das linguas nas materias así que todo se tivo que atrasar", explica Ana Rial.

Ademais, este instituto fíxolle chegar á Consellería de Educación unha batería de preguntas con dúbidas sobre o decreto e a súa aplicación que non foron contestadas. En definitiva, ao seu ver, esta situación está a crear "malestar nos centros e situacións moi desagradables entre os profesores que nos temos que ver cada día. Para nós é un tempo perdido porque estamos deixando de atender outras cuestións importantes e facemos esforzos inútiles que, por riba, están a crear mal ambiente".

Pola súa parte, o director do IES Terra do Xallas de Santa Comba, Paulo Rendo, comenta que acaban de aprobar o proxecto lingüístico do centro pero despois de crear "malestar no profesorado". Ante a falta de tempo para decidir en que lingua tiñan que mercar os libros de texto os pais, decidiron que a maioría das materias se van impartir sen libros de texto. Na súa opinión, "é imposible establecer un equilibrio formal na repartición. Pretendelo é descoñecer como se organizan os centros, nos que varía moito a combinación de materias optativas en Secundaria e os itinerarios de Bacharelato. Non era o momento dun decreto así", considera.

DENDE O IES A BASELLA (VILANOVA DE AROUSA)Emilio Ínsua: "Non imos achandar nin con sancións"

O IES A Basella de Vilanova de Arousa aprobou en xuño o proxecto lingüístico, co seu consecuente repartición de materias en galego e castelán ao 50%. Pero, previamente a que debatera o claustro de profesores, un grupo de 23 mestres (dos 50 que dan clases neste centro) elaborou un documento no que dicían que ían continuar dando as súas clases en galego. Segundo explica un dos profesores do instituto de ensino secundario, Emilio Ínsua, o texto inclúe "consideracións sobre a lexislación que o decreto non respecta, os anos que levamos elaborando libros de texto en galego, material proscrito en determinadas materias durante moito tempo". Este documento presentárono ao claustro do centro, que, malia todo, repartiu as linguas ao 50% acatando o decreto. "Foi surrealista porque para facelo non se empregaron criterios pedagóxicos senón un puro repartimento matemático", apunta Ínsua.

A dirección do centro comunicoulles aos profesores que decidiron seguir dando as súas clases na súa lingua que "non ía facer de vixilante e escoitar detrás das portas a ver quen daba as clases nun ou noutro idioma, igual que non o fixo cando se aplicou o anterior decreto". Este grupo de profesores non recibiu ningunha orde de Educación. "As declaracións dos últimos días lévannos a estar máis convencidos de que cumprimos o espírito das leis que protexen as linguas", apunta Ínsua. Con todo, están á expectativa do que poida suceder. "Estamos dispostos ó custo laboral ou á sanción administrativa que poidamos ter. Creo que a Xunta tivo oportunidades de repensar o asunto e debería volver facelo. Pensan, por soberbia ou prepotencia que imos achandar e non é así", asegura.
Fuente y autor: VANESA OLIVEIRA /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg