Economistas

Non é admisíbel que as forzas políticas do Estado digan unha cousa na Galiza e outra diferente en Madrid

Jorquera e Quintana defenderon a proposición de lei do Parlamento galego alegando o dereito de Galiza que, desde o punto de vista constitucional, ten o mesmo rango que Euskadi e Catalunya onde teñen asumido esta competencia desde hai tempo
Nun exercicio de auténtica incoherencia política respeito ao votado no Parlamento galego, o PP e o PSOE impediron no Congreso a aprobación da toma en consideración da proposición de lei do Parlamento galego para que se transfira a Galiza a competencia en materia de tráfico e seguridade vial. O resultado da votación foi de 25 votos a favor, 165 en contra e 146 abstencións. Como non podía ser doutro xeito, o BNG exerceu a congruencia e votou a favor, a proposición tamén recibiu o respaldo de ERC e IU-IC, PNV, CIU, CC, Nafarroa Bai, os votos en contra do PSOE e as abstencións do PP.

Non é admisíbel que as forzas políticas do Estado digan unha cousa na Galiza e outra diferente en Madrid

Os representantes do Parlamento galego puideron facer unha breve réplica ao final do debate, momento no que Quintana, despois de escoitar as intervencións de todos, agradeceu o apoio dos grupos que deron o seu si, e lamentou non estender o noso agradecemento aos grupos maioritarios. Tan democrático e lexítimo é estar a favor da policía galega como estar en contra, pero o que non é admisíbel é que as forzas políticas do Estado digan unha cousa na Galiza e outra diferente aquí. Iso é o único que non é admisíbel.

Preguntouse como é posíbel que se alegue que non é o momento cando o Estatuto galego data do ano 1981 e xa pasaron trinta anos. O deputado do BNG deixou claro ao PP e ao PSOE que é o mesmo procedemento para Galiza que para Catalunya, iso si, hai unha diferenza, eles son cataláns e nós galegos e cando se fala de Catalunya se fala de cuestións de Estado e de Galiza non. Acusou á ambas formacións de ter medo a que na arquitectura institucional do Estado, Galiza xogue o mesmo papel que Euskadi e Catalunya, e asegurou que ese papel o xogaremos porque voltaremos a plantexalo.

Xa na súa intervención, Jorquera amosaba os seus temores e apelaba á reflexión dos grupos maioritarios da Cámara porque se trata dunha demanda unánime, consensuada pero moito nos tememos que os partidos estatais voten en contra, e que asistamos ao espectáculo de que deputados galegos desta Cámara voten en contra.

Lembraba o portavoz do BNG no Congreso que no primeiro Goberno do PP sen maiorías absolutas, CIU conseguiu a competencia de tráfico. Cualificou de anomalía, a cerrazón dos partidos maioritarios que só acceden a negociar cando o precisan como no actual contexto de Orzamentos do Estado.

As intervencións do BNG: un feito diferencial

Anxo Quintana abriu a quenda de intervencións da delegación do Parlamento galego, e comezou sinalando que veño a defender a esta Cámara un acordo unánime para mellorar o autogoberno através da transferencia das competencias de tráfico e seguridade vial. E poucas veces un feito diferencial pode ter tanto peso como o que hoxe defendemos. Quintana explicou que Galiza ten 2,7 millóns de habitantes asentados en 32 núcleos de poboación, a metade do total do Estado, o que conleva unha rede de estradas e unhas peculiaridades diferentes, específicas e non homologábeis a outras partes do Estado. Iso si é un feito diferencial.

O deputado e vicesecretario da Mesa alegou que cando reclamamos esta competencia, reclamamos un dereito para o noso pais, un dereito de autogoberno exercido con responsabilidade. Galiza constitúe unha autonomía igual que outras CC.AA que teñen policía. Temos o dereito a reclamar un corpo policial propio, e a nosa proposta está baseada na simplicidade, na eficacia e no aforro.

Quintana puxo de manifesto que na actualidade a seguridade na Galiza está compartida por varios corpos policiais. Pretendemos un só corpo policial que substitúa aos corpos do Estado, non aos efectivos existentes xa que aspiramos a que formen parte da nova policía galega a crear. O deputado do BNG apelou a unha reflexión: máis dunha vez escoitamos que calquer exercicio de autogoberno debe seguer unhas normas establecidas nun Estado de Dereito. E que, ademáis, a ansia de autogoberno non parta só dunha parte minoritaria, que veña de maiorías. Pois ben, recalcou, a maioría dos galegos apoia a policía propia como teñen Euskadi e Catalunya convencidos de que a xestión vai ser mellor.

Argumentou que esta proposición de lei parte dun acordo unánime e seguimos as canles legais establecidos no artigo 150.2 da Constitución. Polo tanto, cumpridos todos os trámites, e dado que vai en beneficio de todos, animo en nome do Parlamento galego a apoiar esta iniciativa.

Galiza ten o mesmo rango que Euskadi e Catalunya onde hai tempo que teñen policía autonómica

Na súa intervención perante o Pleno na quenda de portavoces parlamentares, Jorquera expresou o total apoio do BNG á toma en consideración desta importante iniciativa que recibiu o respaldo unánime do Parlamento galego e que é froito dun importante traballo de consenso.

Explicou as dúas razóns básicas polas que os nacionalistas galegos apoian esta proposición de lei: unha porque esta transferencia é un elemento indispensábel para o despregue da nosa policía autonómica, cuxa creación foi aprobada polo Parlamento galego, e en segundo lugar, porque o traspaso permitirá a Galiza deseñar plans de tráfico desde as nosas singularidades.

Aspiramos a que Galiza teña unha policía autonómica integral, como teñen Euskadi e Catalunya dixo Jorquera, quen lembrou que Galiza desde o punto de vista constitucional ten o mesmo rango que Euskadi e Catalunya. Temos lingua e cultura propia, aprobamos tamén un Estatuto de Autonomía na Segunda República, tamén accedemos á autonomía pola vía do artigo 151.

Pero sobre todo, apostamos por introducir a racionalidade no modelo policial xa que non ten sentido que o Estado manteña dous corpos policiais diferentes, e un deles de natureza militar. O máis congruente sería integrar ambos corpos nunha única policía de dependencia estatal e compatíbel coas policías autonómicas.

Ademáis, puntualizou o deputado nacionalista, Galiza precisa dos instrumentos que lle permita atender as súas necesidades nas cuestións de tráfico e seguridade vial. Explicou que temos unha taxa de siniestralidade nas vías interurbanas superior á media estatal. Puxo dados sobre a mesa: no 2009, o número de accidentes con feridos na Galiza foi do 6,85% e con vítimas mortais do 9,33%, case un 64% máis do que lle tería que corresponder dado o seu peso poboacional (o 6% do total do Estado).

Mencionou os factores que na Galiza inciden na alta taxa de siniestralidade. O clima e a orografía, a dispersión poboacional que fai que teñamos unha rede moi densa de estradas secundarias con trazados sinuosos, moitos cruces e incorporacións. A pesar desta situación, Galiza é unha das CC.AA onde máis recauda o Estado por infracións de tráfico, pero destina moi pouco á mellora da seguridade vial do noso territorio, temos a cifra máis baixa de axentes por quilómetros de estrada. Ademáis, a Garda Civil de Tráfico prioriza a vixianza nas estradas nacionais de competencia do Estado antes que a rede secundaria, que é onde están a maioría dos accidentes.

Preguntouse se é lóxico que dependamos de que o Ministerio de Interior asigne máis medios e reforce a vixianza nas estradas secundarias que son competencia da Xunta pero non o pode facer porque carece das competencias na materia.
Fuente: Xornal de Galicia

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg