Economistas

Os socialistas acusan a Xunta de "preocuparse só de falar de España"

logopsdeg.jpg

O secretario xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez, acusou a Xunta de Galicia de "preocuparse" só de "falar" de España e ó seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, de ser o "peor inimigo" da economía galega. Pola súa banda, o secretario provincial dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, sostivo que o PP actúa como un "pirómano" co Goberno de España e criticou a folga xeral convocada polos sindicatos.

Na súa intervención ante o comité provincial dos socialistas coruñeses, ó que asistiron máis dun centenar de delegados das agrupacións na provincia, Pachi Vázquez lamentou que, ano e medio logo da chegada de Feijóo a San Caetano, "en Galicia estanse apagando os anos de esplendor e de crecemento".

Como proba diso, esgrimiu que o mandatario autonómico está intentando converter Galicia nunha "gran sede do PP", xa que avanza cara a "unha privatización indiscriminada". "Financiamento público- -privado, si, menos con carácter absoluto nos dereitos básicos dos cidadáns", subliñou, para referirse á educación, as pensións, a sanidade ou a dependencia.

Dito isto, o xefe de filas do PSdeG tamén se mostrou moi crítico coa política informativa da Xunta na loita contra os incendios forestais e denunciou que se ocultaron os mapas dos lumes que se orixinaron no verán.

Na mesma liña, acusou a Consellería de Medio Rural de "abandonar" o camiño da protección dos recursos e, en referencia ó sector lácteo, esixiu a Samuel Juárez "que deixe de botarlles a culpa ós outros", no relativo ó conflito sobre o prezo do leite.

Chamamento á militancia para traballar máis ca nunca

Neste escenario, concluíu que "nin Feijóo nin o PP teñen proxectos" para Galicia, polo que fixo un chamamento á militancia de cara ás eleccións municipais. "É o momento de traballar máis ca nunca", proclamou.

Así, insistiu en que nesta autonomía "o municipalismo é sinónimo de socialismo" e pediulle "inconformismo" á militancia para revalidar a súa presenza nas grandes cidades e obter as deputacións de Pontevedra e Ourense.

Ademais, mostrouse convencido de que o PPdeG non gobernará "nunha soa gran cidade, porque non ten alternativas e porque escolleu o camiño de comprar vontades", en alusión ós diferentes casos de transfuguismo.

De feito, tal e como constatou Vázquez, Feijóo e o presidente do PP nacional, Mariano Rajoy, "hoxe -por onte- en Galicia vanse sentar á beira de tránsfugas", en referencia á festa de inicio do curso político que os populares celebraron en Soutomaior (Pontevedra).

Moito partido por xogar nas municipais do 2011

Na mesma liña fiou a súa intervención Fernández Moreda, quen aproveitou para advertir a militancia de que "hai moito partido que xogar" de cara ós comicios locais do ano próximo. Na mesma idea tamén incidiu o presidente da Executiva Provincial do PSdeG na Coruña e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, quen criticou a política de Feijóo con Galicia. "Se non cre en Galicia, como vai crer en España", preguntouse.

A maiores, o secretario provincial do PSdeG na Coruña, Salvador Fernández Moreda, acusou o PP de actuar como un "pirómano" co Goberno central "para facer máis grandes os problemas" e, sobre a crise económica, defendeu que a solución pasa por "a aplicación das medidas do Goberno".

Así, criticou a convocatoria de folga xeral convocada polos sindicatos para o próximo 29 de se- tembro, por considerala "un erro" e "contraproducente". Moreda insistiu en que "apenas existen alternativas ás medidas do Goberno" e admitiu que a folga só podería "debilitar" o Executivo.


HABERÁ PRIMARIAS?

Apoio a Louro para Pontevedra: "É un candidato excepcional"

"Pachi" Vázquez cualificou o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, como un "candidato de excepción" para a Alcaldía de Pontevedra, pero precisou que a decisión lle corresponde á militancia. Preguntado sobre as informacións que apuntan a que Louro estaría disposto a encabezar esta candidatura, fronte ó intento da dirección galega de que a tenente de alcalde de Pontevedra, Teresa Casal, repita por terceira vez consecutiva como cabeza de lista, Vázquez afirmou que o actual delegado do Goberno en Galicia "foi sempre un candidato de excepción". "Todos o tivemos na cabeza para Pontevedra", salientou.

No entanto, remarcou que son os militantes "os que teñen que decidir e, se o apoian, a satisfacción de todos os socialistas galegos será inmensa", indicou o máximo responsable dos socialistas galegos, quen definiu a Louro como un home "de calidade contrastada".

En canto á posibilidade de primarias en Vigo para a elección de candidato, Pachi Vázquez asegurou que o actual rexedor, Abel Caballero, "é un alcalde que vai revalidar amplamente os seus resultados" e cualificou de "anécdotas" os problemas xurdidos tras os intentos do ex alcalde Carlos Príncipe de convocar primarias. "Algúns compañeiros deciden, no canto de presentar batalla democrática, librar unha batalla mediática ofrecendo dúbidas sobre un proceso modélico", lamentou.
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg