PSOE e PP frean o soño
A proposición de lei impulsada polo BNG no Parlamento autonómico e aprobada no 2008 por unanimidade de nacionalistas, populares e socialistas para que o Estado lle transfira a Galicia as competencias en materia de Tráfico e Seguridade Viaria quedou onte reducida a un simple soño. A iniciativa saÃda do Pazo do Hórreo, e que pola tarde defenderon en Madrid os deputados galegos Pedro Puy -PPdeG-, XaquÃn Fernández Leiceaga -PSdeG- e Anxo Quintana -Bloque-, bateu coa vontade dos dous grupos maioritarios do Congreso, PP e PSOE, que, facendo caso omiso dos seus respectivos partidos en Galicia, impediron cos seus votos que a proposta saÃse adiante.
O deputado estatal do PP Antonio GarcÃa Tizón xustificou a abstención do seu grupo en que a unidade de policÃa autonómica que se encargarÃa desas competencias "non se encontra cun desenvolvemento mÃnimo". Despois de calcular que o traspaso terÃa un custo aproximado de entre 70 e 100 millóns de euros anuais, defendeu que agora "hai outras prioridades" e, dito isto, asegurou que a proposición do Parlamento galego "terá que esperar a outro momento".
Desde o PSOE estatal, o deputado Juan Carlos Corcuera considerou que "non parece oportuno" a trasferencia de competencias en materia de Tráfico e xustificou esta posición tamén na falta de desenvolvemento da PolicÃa de Galicia. Corcuera defendeu que Cataluña e Euskadi si teñan transferidas estas competencias e cualificounas de "excepcións" que se amparan, segundo o socialista, na situación "tan peculiar" das súas policÃas autonómicas e que as diferencian de Galicia onde, na súa opinión, as unidades operativas da policÃa autonómica "non están nin material nin efectivamente creadas". Neste sentido, o deputado do PSOE asegurou que, a pesar de compartir a preocupación pola sinistralidade nas estradas galegas, a transferencia non é unha medida "oportuna, conveniente nin necesaria".
O resto de grupos que interviñeron -BNG, ERC-IU-ICV, PNV e CIU- expresaron o seu apoio á proposta galega e ata lle desexaron un feliz tras recalcar que respectaban a vontade unánime do Parlamento autonómico. Neste sentido, o deputado do BNG na Cámara Baixa, Francisco Jorquera, xustificou o seu apoio total á proposta porque "é un elemento indispensable para o despregamento da policÃa autonómica" e porque "lle permitirá a Galicia deseñar polÃticas especÃficas de tráfico que teñan en conta as súas singularidades".
Pola súa banda, e ante esta situación, o ex vicepresidente da Xunta e actual vicesecretario da Mesa da Cámara galega, Anxo Quintana, lamentou a postura dos dous grandes partidos españois e engadiu que "non é admisible que as forzas estatais digan unha cousa en Galicia e outra en Madrid", algo que cualificou posteriormente, en declaracións ós xornalistas, como "tomadura de pelo". "O único medo que existe nesta cámara para a aprobación desta proposición de lei non é nin o procedemento legal nin a transferencia de competencias, o único medo que existe é a que, dentro da arquitectura institucional do Estado, Galiza xogue o mesmo papel que Cataluña e Euskadi", engadiu. Para o nacionalista, a proposta galega é oportuna e está baseada na "seguridade, eficacia e aforro". Ademais, reiterou que se trata dun "acordo unánime" e que "non vai contra ninguén".
O socialista galego XaquÃn Fernández Leiceaga defendeu que a descentralización terÃa "vantaxes" para atallar as "condicións particulares" e alta sinistralidade que se vive nas estradas da comunidade. Leiceaga tachou de "agravio comparativo" o rexeitamento de PP e PSOE estatal a transferir esta materia, cando Cataluña e Euskadi xa a están a xestionar.
O popular galego Pedro Puy Fraga aclarou na súa quenda que este non se trataba dun "debate identitario, senón racional". "Coa transferencia completarÃase o desenvolvemento do noso Estatuto para facer unha Galicia mellor, unha España mellor e unha Europa máis unida", dixo. Non obstante, Puy desculpou a diferenza de votos entre a sección autonómica e a nacional dos partidos porque, considerou, "o anómalo serÃa que todos votaran o mesmo".
Fuente: galicia hoxe




