Economistas

Silvia Longueira critica que a Xunta obrigue os usuarios ao copago dos servizos de dependencia e atención a domicilio

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, critica que a Xunta de Galicia obrigue os usuarios dos servizos de dependencia e doutros programas de atención domiciliaria a pagar unha parte do servizo. Silvia Longueira afirma que é lamentable que o Goberno galego non se preocupe polas necesidades reais duns 1.500 coruñeses, na súa maioría pensionistas, que van ter que afrontar o copago dun servizo público co que o Concello contribúe a mellorar a súa calidade de vida e o seu benestar social.

A concelleira de Servizos Sociais explica que a Xunta denegou as peticións do goberno local para que o Concello siga asumindo o copago aos usuarios do servizo de dependencia.

A concelleira engade que o Concello da Coruña foi dos poucos de toda España que asumiu dende o principio a parte que debían pagar os usuarios do programa de dependencia e atención a domicilio. Para iso dedicou cada ano 2 millóns de euros, co fin de lles axudar ás familias coruñesas.

Desta forma, e durante o últimos catro anos, o goberno municipal asumiu o copago, como unha mostra máis do seu compromiso co benestar social dos coruñeses.

Segundo as estimacións da Concellaría de Servizos Sociais, os usuarios do servizo poderían ter que pagar unha media de 80 euros ao mes, aínda que a cantidade varía en función do nivel de ingresos de cada usuario e do número de horas de atención a domicilio. Por iso, os usuarios con rendas moi baixas poderían quedar exentos do copago.

Compromiso social e co benestar

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, destaca que A Coruña é recoñecida en toda Galicia como a cidade que mellor simboliza o seu compromiso social, cos programas de benestar e solidariedade. Este compromiso ineludible e firme do goberno municipal tradúcese nun investimento de 7 millóns de euros e diferentes programas que permiten atender cada día a máis 3.000 persoas maiores de 65 anos.

Este é o compromiso social do goberno municipal, dos 20 técnicos que traballan nestes servizos e dos 250 traballadores das empresas contratadas para prestar estes servizos, así como de entidades colaboradoras como Cruz Vermella e outras. Trátase dunha aposta municipal que ten o seu referendo nos orzamentos de 2010 e no que ata un 35 por cento deste destínase a políticas de benestar e gasto social.

Ademais, é un forte investimento para programas como axuda a domicilio, comida a domicilio, reparacións a domicilio, teleasistencia, Servizo Municipal de Urxencia, Programa de Urxencia Social (que permite dar axudas directas de 240 euros ao mes a persoas cunha urxencia ou de 1.000 euros ao ano nunha soa axuda para facer fronte ao pago do aluguer, unha factura médica ou calquera outra urxencia social) e o cheque comedor para que as persoas maiores poidan comer en establecementos de hostalería dos seus barrios a través de axudas do Concello, así como o propio comedor social do centro cívico de Monte Alto.

Dende a Concellaría de Servizos Sociais destácase que ningunha cidade conta cunha rede social tan ampla e completa na que se presta atención social, na que os programas sociais teñen especial protagonismo e onde traballa un importante número de asistentes sociais que dan cobertura ás persoas necesitadas no seu propio barrio. Ademais, hai un compromiso social coas entidades sociais e benéficas que realizan un gran labor e coas que o goberno municipal mantén unha estreita colaboración: máis de 100 convenios son os que o Concello ten subscritos con outras tantas entidades de distinta índole e que se renovan anualmente.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg