Socialistas e BNG critican os recortes anunciados por Feijóo
O secretario xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez, aconselloulle onte ó "austero" presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "elixa ben a que destinará cada euro dos orzamentos" e, nesta liña, reclamoulle que "reduza á metade" os seus "55 asesores" e que o recorte se efectúe na CompañÃa de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), no parque móbil da Xunta e na Cidade da Cultura (CdC) a fin de non ter que suprimir servizos "adicionais" como o Noitebús e os comedores escolares. En rolda de prensa, o dirixente socialista aludiu asà ás declaracións deste luns do máximo mandatario, nas que expuña a posibilidade de suprimir servizos "adicionais" dada a caÃda dos ingresos da Xunta en 2011. "Produciume calafrÃos", evidenciou Vázquez.
Dito isto, preguntouse se "é máis ético" redimensionar o parque móbil da Xunta, que é "absolutamente insostible en época de crise", que suprimir un sistema de transporte nocturno que "salva vidas" e é "garantÃa de seguridade viaria" para os mozos, cun custo de 5 millóns de euros.
De igual modo, expuxo se é preferible "reducir custos en sanidade" ou na CRTVG, un medio "absolutamente sectario e partidario" e cunha audiencia que caeu ata "o oito por cento" coa chegada da TDT, pero que recibe 150 millóns de euros anuais do Goberno galego.
Na mesma liña, sinalou que a CdC, que definiu como "un saco sen fondo", percibe 40 millóns de euros e que a Xunta destina seis millóns de euros a publicidade institucional de "programas inexistentes". "¿É mellor recortar nisto ou en profesores, médicos e bolsas de investigación?", incidiu, tras lamentar que estes últimos son "gastos adicionais para Feijóo".
Profundando na cuestión, o xefe de filas do PSdeG defendeu a necesidade de reestruturar o Goberno galego. "Se os nenos e os pacientes pagan os recortes, a Administración non pode ser intocable", argumentou, tras sinalar que a caÃda dos ingresos da Xunta en 1.400 millóns de euros compensarÃase coa supresión de "catro consellerÃas". "Que se supriman aquelas das que o 90% dos galegos non saben o nome do conselleiro, hai sete ou oito para escoller", ironizou.
Igualmente, Pachi Vázquez demandou ó xefe do Executivo autonómico que "peche chiringuitos" e que suprima as fundacións comarcais tras denunciar que "todos os recortes van ó mesmo sitio", en alusión ós servizos públicos. "E se se pechan os quirófanos, a xente terá que operarse na privada", evidenciou, para concluÃr alertando de que a situación actual derivará "nun desmantelamento" do sistema público.
A PROPOSTA DO BNG
Guillerme Vázquez: "Que pare a Cidade da Cultura"
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, instou ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para "parar" as obras da Cidade da Cultura "se quere recortar", en resposta ó anuncio do titular do Executivo galego da redución de subvencións a servizos como o Noitebús. En declaracións ós xornalistas na Coruña, coincidindo coa repartición de dÃpticos informativos do BNG sobre a convocatoria de folga xeral, Vázquez preguntouse "onde queda a frase de facer máis con menos", en alusión ás manifestacións do presidente da Xunta tras acceder ó goberno, e responsabilizouno de ser "incapaz" de tomar medidas para afrontar a crise económica.
Respecto diso, acusouno de "profundar na polÃtica do PP de diminución da polÃtica social" e de actuar con "pasividade fronte ó real", indicou, tras culpar os populares do "aumento do paro en 40.000 persoas" en Galicia desde a súa chegada ó Goberno galego e referirse á crise do sector lácteo.
Ademais, denunciou o mantemento por parte da Xunta de "gastos superfluos", á vez que lle recriminou ó titular do Executivo galego que aceptase "un modelo de financiamento autonómico insuficiente" ou que non pedise "máis competencias" para Galicia.
VIGO
Caballero escrÃbelle a Feijóo para pedirlle máis infraestruturas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, escribiulle unha carta ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedirlle que inclúa nos orzamentos para 2011 investimentos en aspectos como infraestruturas e plans de emprego na cidade.
O socialista explicou que enviou unha misiva na que solicita que se prioricen os centros de atención primaria de Bouzas e Navia -cuxa licenza, segundo afirmou, permite "máis que duplicar" o número de consultas previstas- e aspectos referentes a polÃticas educativas, con investimentos en diversos colexios da cidade e a creación dun novo centro educativo en Navia. Tampouco esqueceu o alcalde a "promesa incumprida" da Xunta no que respecta a comedores escolares, polo que tamén formalizou unha petición neste sentido.
Por outra banda, explicou que hai competencias da Xunta que necesitan melloras e humanizacións, como a Avenida de Galicia, Arquitecto Gómez Román, Canido, Ricardo Mella, a estrada de Valladares, a de Zamáns e a de Camposancos e Ramón Nieto. Segundo afirmou, nalgúns destes viarios xa está actuando o Concello, para evitar a "deterioración de rúas".
Fuente: galicia hoxe




