6-N: galego, pero pouco
O Papa Benedito XVI usará o galego, e ademais de dirixirse ós fieis na lingua de Castelao, empregaraa previsiblemente nunha lectura e nunha petición durante a EucaristÃa que se celebrará no Obradoiro. Non obstante, o catalán "gañará por goleada" en Barcelona, posto que o PontÃfice ten previsto empregalo durante toda a primeira parte da misa de consagración da Sagrada Familia. Non só a celebración que vai ter lugar na Casa del Niño Dios de Barcelona, dedicada ós mozos con eivas fÃsicas e psÃquicas será en catalán, senón que, ademais, a eucaristÃa principal, a que o Papa vai presidir no templo de GaudÃ, tamén se centrará na lingua de Cataluña.
Máis en concreto, o catalán estará presente desde o inicio da celebración, co canto de entrada e o saúdo. Tamén serán nese idioma as dúas lecturas da misa, asà como o salmo responsorial.
Esta presenza na liturxia papal en Barcelona contrasta abertamente coa mÃnima representación do galego nas cerimonias que o Papa peregrino vai celebrar en Santiago, porque serán sobre todo en castelán e latÃn.
Cuestións lingüÃsticas á parte, a súa visita a Santiago xa toma forma e onte presentouna o Arcebispado nun encontro coa prensa para deseñar a cobertura mediática. Do percorrido destaca o protagonismo que adquirirán tres mil escolares de coleÂxios relixiosos e públicos de Galicia, que recibirán na zona das Cancelas ó Papa, dentro da ruta que o Sumo PontÃfice realizará desde o aeroporÂto de Lavacolla ata a CaÂtedral, de acceÂso libre para todas as persoas que desexen ver o Santo Padre, aÃnda que o ArcebispaÂdo interará distribuÃr os fieis por dioceses, como se aprecia no gráfico adxunto. A vella estrada da LaÂvacolla, pola que transiÂtará o Papamóbil, estará totalmente pechada ó tráÂfico e valada. O automóbil papal circulará, ademais, a unha velocidade "moi reduciÂda" para que todos os fieis o poidan ver e saudar e, pola súa vez, Benedito XVI poida ver como se decorou toÂda a vÃa. O Papa aterrará na Lavacolla ás 11.30, e unha hora despois comezará o seu percorrido en Papamóvil. Calcúlase que á unha da tarde entre na Catedral. Abrazará o Apóstolo, rezará e ás 16.30 horas dará unha Misa no Obradoiro.
Ademais, o voceiro da Santa Sede no Vaticano, Federico Lombardi, confirmou onte que o Santo Padre saudará ó lÃder do PP, Mariano Rajoy, despois da misa compostelá e reunirase co presidente do Goberno en Barcelona.
Os PrÃncipes de Asturias recibirano no aeroporto
Por outra banda, o padre Federico Lombardi destacou que o Papa será recibido polos PrÃncipes de Asturias e algúns representantes do Goberno central e as autoridades autonómicas no aeroporto da Lavacolla. Concretamente, fontes oficiais informaron que o vicepresidente do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, recibirá o PontÃfice, aÃnda que en principio estaba previsto que a ex vicepresidenta primeira do Goberno fose a encargada.
Na roda de prensa posterior ó Consello de Ministros, Rubalcaba confirmou a súa presenza cando lle preguntaron por quen substituirÃa a De la Vega. "O vicepresidente primeiro, que substituÃu á vicepresidenta primeira", dixo, á vez que recordou que o "dÃa a dÃa" das relacións coa Igrexa asumirao o ministro de Presidencia, Ramón Jáuregui. Asà mesmo, fontes ministeriais confirmaron a presenza na cidade galega do titular de Xustiza, o galego Francisco Caamaño, a cuxa carteira corresponden as relacións coas confesións.
PATROCINADO POR CULTURA
Limparase a fachada da Catedral
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciou onte que a Xunta acometerá a limpeza da fachada norte da Catedral de Santiago, que dá á praza da AcibecherÃa, con motivo da visita do Papa Benedito XVI prevista para o próximo 6 de novembro.
Varela, que visitou o templo acompañado polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e polo deán José MarÃa DÃaz, para inspeccionar os resultados dos traballos de restauración nas bóvedas da nave central e o transepto, apuntou que esta limpeza forma parte dunha serie de traballos previstos a curto prazo cun investimento superior ós 750.000 euros. Ademais da limpeza, os labores previstos inclúen outras pequenas intervencións na fachada norte.
Mellor avisar por e-mail
O Arcebispado está intenÂtando facer esta distribuÂción para facilitar o acceso, polo que lles reclamou ós grupos de persoas que pensen en vir que o coÂmuniquen en: acogida@beneÂdictoxviensantiago.es.
Desde as 08.00, aberta a praza
Os fieis que o dÃa 6 de novembro desexen asistir á misa que o Papa ofrecerá no Obradoiro poderán acceder libremente a ela desde as 8.00 horas da mañá, tras pasar dous cordóns de seguridade.
Cortarase a N-634 ás 10.00 h
A Garda Civil restrinxirá o tráfico da estrada N-634 entre Lavacolla e Santiago a partir das 9.00 horas do dÃa 6, cando só poderán circular residentes. A partir das 10.00 horas o tráfico quedará totalmente cortado.
Fuente: Galicia hoxe




