A Mesa considera 'lamentábel' a concesión do premio Otero Pedrayo a Manuel Fraga Iribarne

A Mesa pola Normalización LingüÃstica amosa a súa "repulsa" á concesión do Premio Otero Pedrayo 2010 ao ex ministro franquista e ex presidente da Xunta Manuel Fraga Iribarne. A maior asociación cultural de Galiza considera que tal recoñecemento "é falsear a historia, pois se por algo se caracterizou e caracteriza Manuel Fraga é polos seus ataques á nosa cultura en particular e á diversidade cultural do Estado en xeral". Ademais, desde a entidade consideran que "outorgarlle este galardón a quen tanto fixo contra a cultura galega é insultar a memoria de Ramón Otero Pedrayo".
O presidente da Mesa, Carlos Callón, sinalou ao respecto que "a única perspectiva pola que pode valorarse a contribución de Manuel Fraga Iribarne á cultura galega é por comparación coa polÃtica galegófoba de Alberto Núñez Feijóo; ou sexa, por aquilo de 'outros virán que bo me farán'". No entanto, desde a asociación lembran que "tanto no franquismo como na democracia, Fraga Iribarne non fixo máis que pór paus nas rodas no proceso de recuperación da nosa desfavorecida cultura". "O pouco que conseguiron a lingua e a cultura galegas nos seus sucesivos mandatos como presidente da Xunta foi a pesar de Fraga Iribarne, non grazas a Fraga Iribarne", indicou.
Desde A Mesa, ademais, lembran que hai méritos alegados polo xuri que son "radicalmente mentira", como que Manuel Fraga Iribarne tivese a ver coa aprobación da Lei de normalización da lingua galega. "A Lei aprobouse en 1983, por unanimidade, tras propostas presentadas polas forzas nacionalistas da altura para que se desenvolvese o Estatuto de AutonomÃa; naquel momento, o presidente da Xunta era Xerardo Fernández Albor", lembran.
Ademais, desde a entidade piden ás institucións que conforman o xuri que dean "explicacións públicas deste despropósito". "Non é estraño que Rafael Louzán, que ordenou que a Deputación de Pontevedra deixase de comprar libros en galego para as bibliotecas públicas, que financia actividades contra o galego e que envÃa cartas reclamando aos concellos que non o utilicen, propoña a Manuel Fraga Iribarne para este galardón", sinala Callón, quen no entanto considera "incomprensÃbel que outras institucións secundasen este acto de submisión polÃtica ao PP, contra todo criterio racional e contra toda evidencia histórica".
A Mesa manifesta en concreto a súa "sorpresa e tristura" polo apoio da Real Academia Galega, cando "os estudos sociolingüÃsticos elaborados pola propia institución demostran que a maior caÃda de falantes da milenaria historia do galego se produciu durante os gobernos autonómicos de Manuel Fraga Iribarne".




