Alixeirar os botiquÃns
Co maior gasto por receita do Estado, un plan de aforro sanitario en Galicia máis que proposta aspira a ser urxencia. PÃlulas para colesterol, para a depresión, analxésicos e hipertensivos concentran o maior volume de prescricións financiadas pola sanidade pública galega, que destina actualmente un de cada tres euros do seu orzamento global (1.300 millóns de euros ao ano), a subvencionar medicamentos.
É neste contexto no que xorde o plan de aforro que tramita o Parlamento galego, co apoio de PPdeG e BNG, e co que a Xunta pretende aforrar cen millóns de euros subvencionando só o composto de menor prezo por cada principio activo. Nun só mes, as arcas contarÃan con 9 millóns de euros máis, orzamento suficiente, por exemplo, para construÃr tres centros de saúde. De saÃr adiante a proposición de lei, presentada polos populares e que os socialistas galegos tildan de "inconstitucional", Galicia serÃa a primeira comunidade do estado en contar cun catálogo propio e reducido respecto ao que mantén en vigor o Sistema Nacional de Saúde (SNS).
Diferenzas de máis de 30 euros cos fármacos xenéricos
O proxecto que tramita o Parlamento sumarÃase á campaña de promoción de uso de xenéricos que puxo en marcha a consellerÃa de Sanidade, que lidera Pilar Farjas. As diferenzas de prezo entre uns e outros poden ser considerables.
Unha caixa de 28 comprimidos de 20 mg de Zarator -un fármaco contra o colesterol- custa 45,74 euros fronte aos 9,41 euros do xenérico denominado Apotex.
Entre os analxésicos tamén hai importantes distancias no prezo: o Ibuprofeno Arginina Acost de 600 mg e 40 sobres pódese adquirir por 4,14 euros, pero se o médico receita Dolorac -que ten a mesma composición- a factura elévase ata os 13,25 euros.
Pero a dÃa de hoxe Galicia segue sendo unha das comunidades peor posicionadas en canto ao consumo de xenéricos, fármacos exactamente iguais e que simplemente ven rebaixado o seu prezo ao caducar a patente que ostentan as farÂmacéuticas que os producen. En agosto de 2010, supuxeron o 15,5% do total das receitas que dispensaron os médicos galegos. A cifra é algo máis alta que a do ano anterior, 11,08%, e que a do 2008, 9,79%. Con todo, queda moi lonxe do 25-30% de media estatal.
O gasto por receita é outro dos indicadores no que sae mal parada a sanidade galega. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade deste mes de xullo, a comunidade mantén un prezo medio de 13,97 euros, o máis alto de España, cuxa media rolda os 12,50 euros, aÃnda que hai autonomÃas como a andaluza que conseguiron rebaixar as súas facturas ata os 11,08 euros. Con todo, Galicia logrou reducir un 4,74 por cento o prezo medio das súas receitas en xullo en comparación co mesmo mes do 2009, pero no resto de España conseguiuse unha baixada máis importante: un 8,11%.
O Sergas gastou en xullo 76 millóns en medicamentos
No último ano, Galicia tamén logrou conter o seu gasto farmacéutico mensual. Segundo os datos remitidos polas comunidades autónomas á Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios do Ministerio de Sanidade e PolÃtica Social, o pasado mes de xullo a factura que o Sergas lles pagaba ás farmacéuticas ascendÃa a 75,9 millóns de euros, un 5,96 por cento menos que no mesmo mes do ano anterior cando alcanzou os 80,7 millóns de euros. A tónica foi xeneralizada en todas as comunidades xa que a única autonomÃa que aumentou o seu gasto farmacéutico foi Castela e León, cun 10,58 por cento máis que en xullo do ano anterior.
"Non podemos esquecer tampouco o custo hospitalario"
"A solución ao gasto farmacéutico non pasa polos xenéricos. Pode axudar, pero cando un xenérico chega ó mercado o mesmo produto de marca inicia unha baixada progresiva de prezo e ao cabo dun tempo equipárao, na práctica, co do xenérico", sinala Manuel Vázquez Pérez, titular dunha farmacia en Monforte (Lugo). Vázquez recoñece que, desde hai case un ano, aumentou o número de prescricións de xenéricos, "no noso caso case se duplicaron", asegura. Sobre a posible redución do catálogo considera que "mentres se manteñan os principios activos necesarios, non deberÃa haber problemas", estima, e recorda que, á hora de falar de gasto sanitario e controis, "non debemos esquecer o hospitalario, xa que parece que os malos somos sempre as farmacias", sentenciou.
Os médicos, encantados e a patronal vese discriminada
O plan de aforro gusta nos colexios médicos, pero levantou as crÃticas da patronal das farmacéuticas. Os primeiros consideran que é unha medida necesaria para garantir a sustentabilidade da sanidade púÂblica mentres que os segundos alertan da "discriminación á que se condenará ós galegos" se finalmente se aproba o catáÂlogo reducido.
"Apoiamos o documento que presentou o PPdeG no Parlamento", explica Luciano Vidán, presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, que cre que unha medida asà haberÃa que tomala aÃnda que non estiveÂsemos atravesando unha crise económica, pero considera que actualmente se fai imprescinÂdible. "Nun momento en que se cuestiona a sustentabilidade do sistema, hai que tomar decisioóns como esta antes de que haxa que falar de copago ou de reduÂcir prestacións", subliña.
Pola contra, a patronal da industria farmacéutica española FarmainÂdustria amosábase onte preocupada polo futuro catálogo. "Trátase dunha iniciativa disÂcriminatoria para os cidadáns galegos, que atenta contra a equidade dos pacientes no acceso aos tratamentos disponibles e contra o seu dereito de acceder aos medicamentos en condicións de igualdade respecto de cidadáns doutras comunidades", afirma a patronal farmacéutica. Respecto diso, argumenta que a proposición de lei non establece medidas para promover alternativas terapéuticas menos custosas, senón que "exclúe sen máis determinados medicamenÂtose, rompendo o principio de equidade no acceso ás prestacións sanitarias básicas". A patronal fai seus tamén os argumentos do Ministerio de Sanidade, que xa expresou as súas dúbidas sobre a legalidade. A Lei de Cohesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde do 2003, lembra, prevé un catálogo básico común de prestacións para toda España, que as autonomÃas poden ampliar, pero non reducir.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirma defender os intereses dos galegos e non das "industrias e laboratorios" a diferenza do que fan os socialistas. "Imos blindar o sistema sanitario público e racionalizar o gasto", aseverou.
O lÃder do PSdeG, Pachi Vázquez, denunciou que "van romper a caixa única do sistema farmacéutico reducindo o catáÂlogo de medicamentos", denunciou, e insistiu en que os galegos terán menos fármacos que no resto de España.
Fuente: Galicia hoxe /L. CAMINO/ I. PALMEIRA




