Economistas

Caixas e sindicatos acaban as negociacións do acordo laboral

As caixas, CC.OO. e Csica continuaron durante a xornada de onte os traballos para pechar a redacción dun preacordo laboral para a fusión de Caixa Galicia e Caixanova e deron por rematadas as negociacións.

A súa saída da reunión da mañá co resto de sindicatos e directivos das entidades, representantes de Csica e CC.OO. sinalaron que confiaban en pechar "canto antes" o texto, posiblemente na mesma tarde de onte, algo que se prevé que acontecería, aínda que á hora de peche deste periódico non había máis novidades. Pola súa banda, a CIG que ata agora se mantiña nunha plataforma conxunta con estas dúas organizacións, anunciaba que analizará o documento presentado polas caixas onte para decidir se se adhire ou non ao pacto.

Deste modo, as organizacións maioritarias entre os traballadores (CC.OO e Csica representan o 64 por cento do equipo na nova caixa) buscaban redactar o preacordo completo onte pola tarde. "Todos os vimbios están postos para o cesto, simplemente hai que confeccionalo. Non hai ningún problema máis", afirmabao representante de Csica, Juan Quicler.

O voceiro de CC.OO., Luis Mariño, sinalou que o documento "matriz" está listo e que esperaba "poder rematalo" nas vindeiras horas. Dende o xoves da semana pasada, indicou, o texto sufriu "modificacións importantes", en relación con "aspectos sociais". Polo demais, afirmou que se mantén a vía do expediente de regulación de emprego para tramitar as prexubilacions, co 85% do salario. Non obstante, está por definir qué cantidade se toma en concreto para calcular ese 85%.

Juan Quicler expuxo que os equipos das organizacións sindicais revisaban onte os acordos e continuarán os traballos para rematar "rápido". "Non sabemos se remataremos hoxe -por onte- ás 24.00 horas ou mañá -por hoxe- ás 16.00 horas", dixo. En calquera caso, defendeu que se trata dun "dos mellores acordos con respecto ao que se asinou en España ata agora". "Pero non é un acordo que nos poida amolar, por suposto que non o é", reafirmou.

Pola súa banda, o representante da CIG, Clodomiro Montero, indicou que a unidade sindical non se mantiña onte ó mediodía e explicou que a CIG analizaba o documento das caixas para decidir se o subscribía ou non. Explicou que non se recollían algunhas das "garantías" que reclamaba esta organización nin se garantía que non se vaian a externalizar servizos ou a trasladar carga de traballo a Madrid e queixouse de formas da negociación.

"Non había nada asinado, só cousas faladas, e parece que o falado o levou o vento", afirmou. En calquera caso, indicou que calquera pacto deberá ser sometido ás asembleas de traballadores.


A OUTRA VISIÓN

O voceiro de UGT, José Ramón de Pliego-Valdés, manifestou que a súa postura continúa sendo a de non apoiar o acordo laboral e criticou que "algunha organización sindical" aprobe que se vendan oficinas "co persoal dentro", pois o texto, segundo esta organización, indica que se deben garantir os postos de traballo, pero non necesariamente dentro da nova caixa. "A redacción, tal e como está, prexudica notablemente a moita xente", concluíu
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg