Economistas

Carbón: Todos ó Supremo

Con todas as súas forzas, Galicia rexeita o decreto do carbón. Nos municipios afectados multiplícanse as mobilizacións, como a celebrada onte nas Pontes entre dolorosos berros de protesta. E tanto as administracións como as empresas botarán man da xustiza. As principais compañías eléctricas xa recorreron onte o decreto ante o Tribunal Supremo, de forma unilateral. Endesa, Iberdrola e Gas Natural Fenosa piden medidas cautelares para que non se aplique, "xa que a súa tramitación eludiu o Consello de Estado". E tamén a Xunta de Galicia solicita ditas medidas cautelares, nun recurso ante o Supremo e o Tribunal de Luxemburgo.

O Goberno central quere incentivar a partir de mediados deste mes o consumo de carbón nacional na produción eléctrica. "Isto suporá desmantelar as centrais das Pontes e Meirama, nunha decisión sectaria", lamentou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. As eléctricas recorren o decreto porque o uso do carbón autóctono desprazaría outras tecnoloxías, como os ciclos combinados de gas. Cando se publicou en febreiro a versión anterior da normativa, as compañías xa presentaran senllos recursos con petición de medidas cautelares. Segundo o sector, a norma vulneraría a lei ó marxinar a outras tecnoloxías na xeración eléctrica. A CIG tamén recorrerá esta medida enerxética ante o Supremo, reclamando a súa suspensión cautelar. Calcula que o decreto tería "un grave impacto tanto nas Pontes e Cerceda como no resto de Galicia". O sindicato nacionalista solicitou unha entrevista co ministro de Industria: "Se non contesta en 12 días, incrementaremos a presión social".


"A razón está con nós", o lema da concentración

Nas Pontes, crece paulatinamente a indignación. Os veciños secundaron onte unha gran manifestación, convocada polo Goberno local e coincidindo co fin do peche no Concello. Centos de camioneiros colapsaron as rúas, acompañados por veciños e alcaldes da comarca. Carteis contra o decreto e sonoras pitadas serviron para manifestar que "todos somos As Pontes". A mobilización rodeou a contorna da térmica, ao mesmo tempo que os alcaldes das Pontes e Cerceda reuníanse co secretario de Estado de Enerxía. Pedro Marín trasladoulles a mensaxe do Goberno central: "As axudas non prexudicarán ás centrais galegas".

"Loitaremos todos xuntos o tempo que sexa necesario, non permitiremos que ninguén nos menosprece", berraron onte veciños, empresarios, transportes e alcaldes na manifestación. Mentres os rexedores das Pontes e Cerceda buscaban saídas ó conflito en Madrid, a antiga vila mineira converteuse nunha soa voz. Os manifestantes rodearon a praza do Carmen, mentres se sucedían os discursos dos representantes do Goberno das Pontes e dos alcaldes das Somozas, Ortigueira ou Ferrol. Á marcha tamén acudiron os presidentes da Deputación Provincial e da Autoridade Portuaria de Ferrol, voceiros da Cámara de Comercio, e alcaldes doutras vilas da comarca como o da Capela, Cabanas ou Pontedeume. "A razón está con nós é a hora de estar todos unidos", berraron a unha voz.

OS ALCALDES ACODEN A MADRID O Goberno non tomará medidas compensatorias ata o ano que vén

Os alcaldes das Pontes e de Cerceda acudiron onte a Madrid para reclamar garantías de funcionamento das centrais térmicas galegas e medidas que eviten a destrución de emprego que se pode rexistrar nas industrias auxiliares, de mantemento, de hostalaría, e no sector do transporte de carbón, se se paraliza a actividade das centrais térmicas.

O rexedor de Cerceda, o socialista José García Liñares, explicou que o Goberno central esperará ata 2011 para decidir se pon en marcha medidas que compensen os efectos negativos do decreto do carbón. García Liñares manifestou manter unha conversación telefónica na noite de onte co vicepresidente primeiro do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega. Na conversa telefónica, De la Vega comprometeuse, segundo as afirmación do alcalde de Cerceda, que unha vez que se aplique a nova norma o Goberno realizará un seguimento para determinar o impacto real nas bisbarras afectadas, aínda que as decisións non se adoptarán antes do 31 de decembro. "A conversación foi longa, e anunciou que van facer un seguimento e ver os efectos do decreto, o que non teño claro é como se corrixe ese impacto a partir do 31 de decembro", manifestou.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia pedirá que se apliquen medidas preventivas no recurso que presentará ante o Tribunal de Luxemburgo polo decreto. segundo asegurou o director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces. Ademais, o responsable de Industria reiterou en Ferrol as críticas ao Goberno central por non atender ás reivindicacións da Xunta e resaltou que o Goberno autonómico "non foi invitado" á reunión que en Madrid dos alcaldes de As Pontes e de Cerceda co secretario de Estado da Enerxía.

Manifestación, hoxe ás sete

As Pontes acollerá hoxe, a partir das 19.00 horas, unha nova concentración para rexeitar o decreto do carbón. A protesta foi convocada pola Plataforma contra o decreto, integrado polos sindicatos CIG e USTG, o BNG, o Concello de San Sadurniño e o colectivo de transportistas, que esixen mudar todo o texto.

A dez días da fin da actividade

Dez poden ser os días que faltan para que teña lugar o cesamento da actividade nas térmicas das Pontes e Cerceda. Segundo os sindicatos, o apagamento podería estar próximo, poñendo en risco numerosos postos de traballo directos e indirectos nas comarcas afectadas. De feito, a CIG manifestou onte que "xa se fala de ERE".
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg