Xornada "María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento". Hoxe no Consello da Cultura Galega

Preténdese propiciar un espazo para o estudo e recoñecemento da obra da matemática e alxebrista María Josefa Wonenburger Planells proporcionando miradas en profundidade e detalle sobre o seu corpus creativo e investigador en toda a súa amplitude e singularidade. Póñense en marcha actividades e análises centradas en promover visións máis completas e complexas da traxectoria desta investigadora que tivo, e segue a ter, unha influencia indiscutible no avance das matemáticas no século XX.
A xornada "María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento" quere contribuír, ademais, á creación de espazos de reflexión, debate e documentación que permitan indagar no lugar ocupado polas mulleres galegas no desenvolvemento da investigación científica, coñecer o presente, avaliar o pasado e o futuro das irmás de Hipatia e as súas contribucións ao progreso e á evolución da ciencia galega e universal.
A asistencia ao acto é libre e gratuíta. Entregarase diploma de asistencia previa inscrición.
DATOS BÁSICOS:
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2010
Inscrición: Inscríbase
http://consellodacultura.org/?page_id=2554
Tel. Información: 981 957 209
Lugar de celebración: Salón de Actos do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205
Ver folleto:




