Esteban Lareo sinala a mellora integral da avenida de Gran Canaria como unha mostra da aposta pola renovación do barrio de Labañou

O concelleiro de Infraestruturas, Esteban Lareo, presentou o proxecto de mellora integral da avenida de Gran Canaria como un compromiso cumprido do goberno municipal co barrio de Labañou e co proxecto de renovación dos barrios coruñeses. Con esta actuación, renovaranse as beirarrúas e a calzada desta avenida, ademais de mellorar a accesibilidade, plantar arboredo e renovar o mobiliario.
O investimento para realizar esta obra ascende a preto de 400.000 euros. A actuación enmárcase dentro da aposta do goberno municipal pola renovación dos barrios.
Está previsto que a obra teña unha duración de 5 meses e que xere 25 postos de traballo directos. As obras consisten na urbanización da avenida de Gran Canaria, no tramo comprendido entre PepÃn Rivero e ronda de Outeiro. Os traballos que se realizarán son: completar a renovación de rede de saneamento, canalizacións subterráneas para as redes de iluminación pública e telecomunicacións, mellora da seguridade viaria e accesibilidade, delimitación das prazas reservadas a minusválidos, plantación de árbores, renovación integral dos pavimentos de beirarrúas e calzadas, renovación da sinalización viaria, e do mobiliario urbano.
O concelleiro destacou a aposta do Concello por este barrio, que se viu reflectida en diversas obras realizadas dentro do plan integral de modernización dos barrios e o plan de renovación da iluminación pública. AsÃ, realizouse a modernización e substitución da iluminación no grupo de vivendas MarÃa Pita, Pardo Santallana, Labañou, San Pedro de Visma e Bens; o plan de mellora de accesibilidade dos espazos públicos: acondicionamento das rúas Almirante Eulate, avenida de San Roque e ronda de Outeiro.
Nesta revolución urbana, destaca a obra de rehabilitación dos espazos públicos e vivendas do grupo A Nosa Señora do Carme, coa renovación das redes de saneamento, pavimentación, beirarrúas, iluminación, zonas deportivas e mobiliario urbano. Esta actuación supuxo un investimento de máis dun millón de euros.




