Economistas

FMI: profunda reforma

Os ministros de Finanzas do G20 pecharon onte a súa reunión de dous días na cidade surcoreana de Gyeongju cun acordo para unha profunda reforma do Fondo Monetario Internacional (FMI), á vez que rexeitaron as "depreciacións competitivas" das divisas.

En Gyeongju clarificáronse os puntos que centrarán a axenda do cumio de novembro en Seúl co obxectivo de lograr un crecemento "forte, sostible e equilibrado", aínda que o inesperado acordo para reformar o FMI en favor das economías emerxentes levou o protagonismo.

O director do FMI, Dominique Strauss-Kahn, mostrouse satisfeito despois de que os membros do G20 alcanzasen un "histórico" compromiso para que países como China ou Brasil teñan máis peso na institución e contribúan a un fondo "máis efectivo, crible e lexitimado". Con este acordo sobre a reforma, que fora un punto de choque entre economías emerxentes e desenvolvidas no pasado, o FMI confía en "reflectir a realidade da economía global" e "pórlle fin ó debate sobre a súa lexitimidade". Para permitir ese novo equilibrio, Europa cederá dous asentos no directorio executivo do FMI, mentres importantes economías como China, India ou Brasil se beneficiarán dun aumento do 6% nas súas cotas de representación.

O comisario europeo de Finanzas, Olli Rehn, recibiu positivamente o acordo, mentres o ministro belga desa carteira, Didier Reynders, dixo que existen alternativas como unha cadeira rotatoria para países europeos de tamaño medio.

Un instrumento clave para previr crises como a actual

Segundo Strauss-Kahn, os cambios converterán o FMI nun instrumento clave para que as economías industrializadas e emerxentes agrupadas no G20 poidan previr crises como a actual e para crear "unha rede de seguridade financeira".

Nesta liña, o ministro de Estratexia e Finanzas surcoreano, Jeung Hyun-yoon, indicou que Seúl quería desbloquear este acordo por todos os medios antes do cumio para darlles relevancia a outros temas. Dixo que esta reunión pon fin ás controversias sobre os tipos de cambio, a pesar de que aínda non se alcanzaron compromisos individuais para acabar con esas intervencións.

Á súa chegada ao complexo hostaleiro de Gyeongju, a uns 400 quilómetros ao sur de Seúl, os ministros de Finanzas e gobernadores de bancos centrais buscaban tamén pór o acento da reunión na volatilidade dos mercados de divisas e os desequilibrios entre as economías máis importantes do mundo.

No centro do debate destes tres días estaba a poxa de Estados Unidos para que China deixe de manter o seu iuán artificialmente desvalorizado, destinado a atraer capitais e manter a súa prevalencia como potencia exportadora mundial en plena recuperación da crise.

O G20 comprométese a "avanzar cara a un sistema de tipos de cambios determinados polo mercado que reflictan os fundamentos económicos subxacentes e rexeite as depreciacións competitivas das divisas", di o comunicado.

Neste contexto, Geithner indicou que "o mundo atravesa un necesario, pero complicado, proceso de axuste" e pediu que se cambien as estratexias de países con grandes superávit e dependentes das exportacións cara á demanda interna.

Reformas estruturais para soster a demanda e crear emprego

No contexto deste cumio preparatorio para o encontro de novembro, os xefes de Finanzas recordaron que a recuperación avanza, "aínda que de xeito fráxil e irregular", polo que propuxeron reformas estruturais para soster a demanda global e crear emprego, así como completar a reforma reguladora do sistema financeiro sen dilación.

A reunión tamén serviu para apoiar plans "cribles e ambiciosos" de consolidación fiscal, aínda que recoñeceron os riscos dun axuste sincronizado para implementalos.

Ademais, acolléronse positivamente os cambios nas normas de adecuación de capital para os bancos tomados polo Comité de Basilea e adoptáronse as recomendacións para incrementar a supervisión do sistema financeiro e evitar o risco de fallo das grandes entidades.

Documentación

Tras a "histórica" decisión do cumio que onte se pechou, Europa perderá poder nun organismo que dirixe desde o final da II Guerra Mundial. Desde a súa creación polo Tratado de Bretton Woods de 1944, o Fondo Monetario estivo sempre dirixido por un cidadán europeo, mentres que un estadou- nidense presidiu a súa institución irmá, o Banco Mundial (BM), por un acordo tácito.

As nacións occidentais sempre dominaron unhas institucións que manexan duros programas de axuste a cambio de préstamos millonarios e que levaban anos debatendo a súa inevitable reforma para adaptarse ó século XXI, e máis tras as recentes crises.

Onte, o G20 decidiu que Europa cederá dous asentos dos 24 que compón o Directorio Executivo do FMI, que decide sobre préstamos millonarios, o nomeamento do seu director xerente e, como resume o propio Fondo, o "día a día" da institución.

Como reflexo da crecente presenza no escenario internacional, o peso na cota dos países emerxentes e en desenvolvemento no órgano directivo dunha institución formada por 187 países vai incrementarse, cara a 2013, nun 6%.

A reforma, que deben aprobar os países europeos no prazo aproximado dun ano, modificará substancialmente a representación no Directorio do FMI ó colocar China, Brasil, a India e Rusia entre os seus dez primeiros membros en canto a cotas, que determinan o seu poder de voto e o seu compromiso financeiro.

Na actualidade, Estados Unidos suma a maior porcentaxe, dun 16,74%, mentres Xapón conta cun 6%; Alemaña, Francia e o Reino Unido teñen ao redor do 5% cada un e China apenas o 3,65%. O resto repártense entre os demais membros, que actúan cada un en representación da súa nación ou, máis habitualmente, de grupos de países.

Neste contexto, o ministro indio de Finanzas, Pranab Mukherjee, cuxo país se converterá no oitavo membro do FMI, considerou que a reforma lle outorgará "lexitimidade" á institución dentro da nova orde económica mundial.

España despedirá o ano co déficit por riba do 4% do PIB

A ministra de Economía e Facenda de España, Elena Salgado, destacou na reunión do G20 a redución do déficit español por conta corrente. "A metade nos últimos tres anos", explicou, para destacar que España terminará o ano cun déficit "un pouco por encima do 4 por cento" do seu produto interior bruto (PIB), o límite proposto por Estados Unidos nesta reunión, "e por baixo o ano próximo". No encontro de Gyeongju, Estados Unidos fixo unha ambiciosa proposta para que os países do G20 fixen un límite ós seus desequilibrios por conta corrente -sexan déficit ou superávit- equivalente ó 4 por cento do PIB, pero eses límites numéricos non atoparon apoio maioritario. Salgado sinalou que a palabra "cooperación" foi a máis escoitada neste foro, e asegurou que o compromiso para que Europa ceda dous asentos no Directorio Executivo do FMI non prexudicará a España. "Ocupamos un terzo dunha cadeira rotatoria con Venezuela e México e non podemos contribuír a esa redución", indicou, mentres recordou que hai países europeos que non rotan como Bélxica, Holanda ou Suíza. Segundo Salgado, no comunicado final da reunión son mencionados os países emerxentes, pero tamén os que teñen baixa representación en relación co tamaño da súa economía, polo que, na súa opinión, España "non ten nada que perder, en todo caso gañar". Salgado participou como país invitado por Corea do Sur, polo que tamén estará presente no cumio de Seúl do 11 e 12 de novembro.
Fuente: efe/Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg