Economistas

Lingua ou matemáticas

galego02.gif

O absurdo debate do "L" hercu­lina volveu a escena ante as próximas eleccións municipais. O 22 de maio de 2011 queda lonxe, pero os políticos xa se learon unha vez máis con iso. A pregunta, no entanto, é: o "L?" é cuestión de Matemáticas ou de Lingua?

Se fose polo segundo, hai unha terceira opción, Coruña, a secas. É máis, se buscamos datos electo­rais no Ministerio do Interior, segundo o ano que sexa, existe Coru­ña, La Coruña e A Coruña, e se re­cordamos as antigas matrículas dos vehículos, a provincia her­culina levaba unha C sen máis.

De onde vén o topónimo? É outra pregunta na que os eru­ditos non se poñen de acordo. A Crónica Xeral, de Alfonso X o Sabio, fala da loita de Hércu­les e Gerión nun lugar que máis tarde se poboou e se chamou Crunna.

Pero tamén existe o nome previo romano de Brigancio (nalgunhas versións Brigancia). E ademais en publicacións do século XIX faise referencia a outras lendas nas que o rei Brigo lle chamou Corny (en celta, lingua de terra que se penetra no mar).

Tras o repoboamen­to, en 1208 concedéuselle o foro de Benavente, é dicir a catego­ría de cidade libre, por parte de Alfonso IX de León. Iso ratifi­couno Sancho IV en 1286 nun docu­mento no que figura Curunia, o da imaxe que acompaña a reportaxe. En escritos posteriores cítana como Crunia, Corunna, e o A ou La, en maiúscula aparece no século XV. Quen foi o escriba que lle antepuxo o artigo e elevou a maiúscula unha preposi­ción? Foi, sen dúbida, o culpable da enorme lea que hai agora.

Desde o punto de vista histórico é sen artigo

O Consello da Cultura Galega emitiu no 1994 un informe que indicaba que, desde o punto de vista filolóxico, a forma do topónimo é Cruña, procedente da forma prerromana Clunia.

A partir do século XII, aparecen documentadas as formas romances semicultas Cruña e as latinizadas Clunia e Crunia. En épocas tardías aparece Coruña, con epéntese. É dicir, nin A nin L.

O filólogo Luís Fontenla Figueiroa publicou neste xornal un artigo no que explicaba que en Portugal e Galicia son frecuentes os nomes de lugares que en frases con preposición (de, em, por) adquiren artigo. Así, dise vivir na Coruña ou no Porto ou pasear na Chavasqueira. Mais iso non significa que o topónimo teña que levar artigo.

Fontenla lembraba neste artigo que nos países lusófonos os nomes das cidades non levan artigo e, ao seu ver, así debería ser en galego. Mais, alén da discusión filolóxica e legal: a Comisión de Toponimia da Xunta optou por A Coruña e a Lei de Normalización Lingüística, igual que o TSXG e o Tribunal Supremo establece que a única forma oficial é a establecida pola Xunta, a cuestión de fondo é matemática, porque os votos contan.

No fondo, enarborar o "L" é matemática pura e dura. Víctor d"Hondt (1841-1901), xurista bel­ga ideou en 1878 a repartición electoral por cocientes de votos. E iso aplícase a que nesta urbe a ma­io- ría absoluta, con 246.056 habitantes, rolda os 56.000 su­fraxios se a participación é a media habitual dun 55%.

Unha cidade que se lle resiste ao PP

O PPdeG te­n atragoada a urbe coruñesa. É a única das sete grandes de Galicia nas que nunca gobernou. O máis preto que estivo foi o apoio, mediados os oitenta, do grupo que lideraba José González Dopeso a Francisco Vázquez, tras prescindir este de tres concelleiros e quedar en minoría. Antes da etapa socialista, a primeira le­xislatura abriuna o nacionalista Domingos Merino, de Unidade Galega, quen foi remudado polo centrista Joaquín López Menén­dez pola moción de censura do PSdeG con UCD en 1981.

Por iso no PPdeG coruñés se extrapolan as contas do efec­to Feijoo das eleccións autonómicas pasadas que lle deron uns réditos no municipio de 57.421 sufraxios contra os 43.249 do PSdeG-PSOE e os 18.503 do BNG.

Estas cifras fanlle concibir a esperanza a Carlos Negreira de obter a maioría absoluta. Pe­ro repetindo eses datos tampouco lle chegaría, porque alcanzaría os 13 edís, e un hipotético bipartito como o actual sumaría un máis.

Ademais, dúas cuestións. Na votación autonómica alcanzouse un 65,92% de participación, algo inusual como apuntabamos antes neste concello, e non é o mesmo o ámbito local que calquera outra elec­ción.

A estratexia é quedar cos sufraxios dos pequenos

Outra cuestión que lle preocupa ao PP­deG son os votos perdidos cos partidos locais, que non chegan á porcentaxe mínima esixida (o 5% nas municipais). En con­creto, na anterior noite electo­ral do 27 de maio de 2007, Carlos Negreira lamentaba os 3.770 su­fraxios que levou o curioso Par­tido Galeguista de Carlos Marcos, quen nas próximas concorrerá como Unión Coruñesa, e os 2.546 de Coruñeses Con Buenos Argu­mentos, que liderou Fernando Ro­dríguez Corcoba, que deixara o PPdeG na anterior lexislatura (2003-07), e que xa confirmou que repetirá en 2011.

Tanto Unión Coruñesa como Coruñeses con Buenos Argumentos defenden a dualidade galego/castelán do topónimo, aínda que consideran que rescatar o debate neste momento é absurdo e un xeito de tapar ante a opinión pública outras cuestións máis importantes.

Eses 6.316 votos suporíanlles aos populares (hoxe en día, 10 concelleiros) poder pre­sumir de ser a lista máis votada, pero só lle daría un edil máis que perderían os socialistas (actual­mente, 11). O BNG conta con 6. En suma, o "L" é un dos ar­gumentos básicos electorais da cidade herculina.

Ao PPdeG quédalle superar o seu teito electoral (49.135 votos, en 1995) e esperar que os outros dous partidos baixen. O BNG nestas eleccións cambia de cabeza de cartel, o que pode dar un resultado incer­to, pero o PSdeG-PSOE chegará a elas co aval da ampliación da pista do Aeroporto de Al­vedro, outro grande argumento elec­toral de sempre. O terceiro, por certo, non se esqueza que é a crea­ción da Facultade de Medicina.

Algunhas cifras históricas

Na última comparecencia de Francisco Vázquez como candidato socialista en 2003 obtivo precisamente a maioría absoluta polos pelos. Conseguiu 57.150 votos cunha participación do 57,34%, pero o BNG de Henrique Tello que alcanzara o seu máximo histórico con 28.382 votos, quedou a 199 sufraxios de obter o seu sétimo edil e quitarlle o décimo cuarto ao rexedor coruñés máis veterano desde a restauración democrática.

O PPdeG de Fernando Rodríguez Corcoba sumara 30.083 votos. Se exceptuamos as enconadas eleccións de 1995 nas que a participación acadou o 63,24%, nas restantes, esta foi do 53% ao 57%. Recordamos que neste ano Francisco Vázquez obtivera 69.705 votos (o seu teito) pero só 15 edís ante os 49.135 do PPdeG (o seu rexistro histórico) de Augusto César Lendoiro, que sumou 10 actas impulsado polas primeiras grandes campañas do Súper Dépor , e a primeira irrupción en María Pita do BNG, con Henrique Tello ao obter 10.735 votos e 2 concelleiros.
Fuente y autor: ALBERTO MARTÍNEZ /Galiica hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg