Economistas

Máis doado quedar

Logo_Web[1].jpg

O director xeral de Inmigración do Ministerio de Traballo e Inmigración do Goberno, Markus González, avanzou que o Goberno propón renovar o permiso de residencia a inmigrantes en paro se as súas parellas traballan e cumpren os requisitos económicos para permanecer en España.

González avanzou que o futuro Regulamento de Inmigración "flexibilizará" a renovación de permisos para evitar a irregularidade sobrevinda pola crise", despois de que moitos inmigrantes perdan o seu posto de traballo en sectores como a construción. Por iso, o Goberno expón que os estranxeiros en paro continúen no país se as súas parellas -marido/ esposa ou ata a súa parella de feito- traballan e cumpren coas premisas económicas establecidas.

Entre as medidas que o Goberno estuda para "facilitar as renovacións automáticas", tamén se contan a reforma do arraigamento social para que os estranxeiros en situación irregular poidan obter un primeiro permiso de residencia tras probar que pasaron dous -e non tres anos, como agora- en España.

Para obter o arraigamento social os inmigrantes deben demostrar agora que levan polo menos tres anos residindo no país, que non teñen antecedentes penais e que contan cun contrato de traballo asinado polo traballador e polo empresario cuxa duración non sexa inferior a un ano no momento da solicitude. Ademais, teñen que probar vínculos familiares con outros estranxeiros residentes ou presentar un informe que apoie a súa inserción social emitido polo concello no que teña o seu domicilio habitual.


Sen noticias da lei de acollida catalá, no Constitucional

O director xeral de Inmigración afirmou que por agora o Tribunal Constitucional (TC) se "limitou" a admitir a trámite o recurso do Defensor do Pobo contra a Lei de Acollida catalá. "Aínda non se pronunciou sobre se ten ou non fundamento", engadiu, polo que declinou facer valoracións. A Lei de Acollida, que o Parlament aprobou en abril, ofrecerá un certificado de integración ós inmigrantes que sigan a formación do servizo de primeira acollida, que inclúe 135 horas de cursos básicos de catalán.

REACCIÓN Incrementará a fraude, critican os populares

O PP vai solicitar a comparecencia do ministro de Traballo, Celestino Corbacho, para que explique as liñas xerais do novo regulamento de estranxeiría e "dea conta da medida de regularización de papeis ós inmigrantes cuxa parella teña traballo estable". Esta petición prodúcese logo do anuncio do director xeral de Inmigración, Markus González, da previsión de renovar o permiso de residencia a inmigrantes en paro por razóns afectivas. O voceiro de Inmigración do PP no Congreso, Rafael Hernando, cualificou de "lamentable" que o Goberno filtre partes do regulamento de estranxeiría que tiña que aprobar xa o mes de maio.

"Se a lei de Inmigración non gustou, o que empeza a aparecer do regulamento nos gusta aínda menos", aseverou o voceiro popular. Neste sentido engadiu que a modificación vai servir para "incrementar a fraude, desvincular inmigración e permanencia en España da situación de emprego, abundar en procedementos que constitúen en si mesmos unha fraude á lei e que só van servir para incentivar mecanismos de regularización de persoas en situación de ilegalidade".

Para o voceiro do PP, "non ten sentido que o Goberno sosteña que o único destino dos inmigrantes en situación irregular é volver ó seu país, e que con todo busquen mecanismos para facer xustamente o contrario". O voeiro do PP esixiu ó Goberno que "reordene o fluxo de inmigración e favoreza o retorno ós seus países daquelas persoas que nestes momentos perderon o seu emprego habilitando os mecanismos necesarios para que poidan volver se no futuro o atopasen".

REÁBRESE A POLÉMICA EN CATALUÑA O PP catalán quere restrinxir o empadroamento

O programa electoral da candidata do PPC á presidencia da Generalitat, Alicia Sánchez-Camacho, propón restrinxir o empadroamento dos inmigrantes que estean en situación irregular en España e ceder todos os datos do Padrón á policía para que actúe en consecuencia.

O apartado sobre inmigración do programa electoral dos populares cataláns pon unha especial énfase en sinalar que os municipios deben "colaborar no control da inmigración irregular para que o empadroamento non se converta na porta falsa de entrada" en España. Así oPPC propón "establecer un maior control na inscrición no Padrón esixindo unha identificación legal (pasaporte ou permiso de residencia) ós inmigrantes que queiran empadroarse. Estableceranse, ademais, "os controis necesarios para evitar a inscrición fraudulenta", segundo o programa do PPC. Esta proposta volve pór sobre a mesa un tema que xerou unha agre polémica, desatada polo Concello de Vic (Barcelona) ó tomar a pasada primavera a decisión de informar o Estado daqueles inmigrantes en situación irregular que pidan empadroarse. Outra das promesas electorais da candidatura de Alicia Sánchez-Camacho é a expulsión dos inmigrantes sen papeis, especialmente dos que delincan.

As remesas ós países de orixe comezan a subir

As remesas que os inmigrantes que traballan en España enviaron ós seus países sumaron 1.757 millóns de euros durante o segundo trimestre do ano, o que significa un 4,9% máis con respecto ó mesmo período de 2009, cando as remesas alcanzaron os 1.674 millóns, segundo os últimos datos do Banco de España. A cifra tamén se incrementou en comparación cos tres primeiros meses de 2010, un 5,2% máis, cando se enviaron desde España 1.669 millóns.

O desemprego entre a poboación estranxeira aumentou en 4.351 desempregados en setembro, situándose o total en 573.210 persoas.

Pola súa banda, o diñeiro procedente dos españois que viven no estranxeiro ascendeu nun 16,3% de abril a xuño, ata os 1.402 millóns de euros, un un incremento do 15,7% con respecto ó primeiro trimestre de 2010.
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg