Máis poder ó dedo, non
Unidade sindical. CIG, CCOO, UXT e CSIF téñeno claro. A modificación da Lei da función pública e da Lei de incompatibilidades que o Goberno galego pretende pór en práctica o próximo ano, a través do Proxecto de Lei de Orzamentos para o 2011, non beneficia nin a cidadanÃa nin a administración, só os intereses do actual Executivo popular. Por iso, os catro sindicatos decidiron onte pola mañá non acudir á reunión da Mesa Xeral de Función Pública, á que os convocara o director xeral, José MarÃa Barreiro, e concentrarse ás portas da Egap, en Santiago -onde tiña lugar a xuntanza-. Os sindicatos esixen que a negociación da modificación lexislativa se inicie a partir de novembro e teña unha duración de tres meses, para o que, previamente, esixen a retirada "con carácter inmediato" das disposicións que introducen os cambios da norma na Lei de Orzamentos da Xunta para 2011, vÃa que tacharon de "impositiva" e de "antidemocrática".
Para os sindicatos, as reformas que propón a Xunta farán máis precaria a Administración pública autonómica, favorecerán a mobilidade forzosa dos funcionarios e tamén o nomeamento a dedo dos altos cargos, asà como que os asesores do Goberno poidan ter empresas propias sen problema. Tras a concentración de protesta, que congregou ó redor de medio cento de persoas, Fernando GarcÃa, secretario nacional da CIG-Autonómica -a central sindical maioritaria na Función Pública-, explicoulle a GH que tanto eles como CCOO, UXT e CSIF decidiron onte non entrar a negociar coa Xunta porque "formalmente non hai tal negociación" e a situación é "gravÃsima", por iso esixe xa a retirada do anteproxecto onde se modifica a Lei de función pública e a partir de aÃ, comezar a falar.
Para GarcÃa, hai varios puntos especialmente preocupantes. "A modificación que plantexa a Xunta é darlle poder ó dedo de Feijóo para poder nomear a máis de 300 xefes de servizo, asà como a outro tipo de persoal, tamén a dedo, cando deberÃan de ser postos ós que se optase por concurso e para os funcionarios", di. A maiores, asegura que a reforma establece unha "mobilidade obrigatoria forzosa", de xeito que os funcionarios se poderán ver obrigados a cambiar de localidade na que agora traballan. "Ó mesmo tempo, vaise permitir achegar a xente afÃn ó PP a destinos apetecibles".
Pero para este sindicalista, hai un elemento especialmente "grave" no tocante á reforma da Lei de incompatibilidades: "A posibilidade que se dan a si mesmo Feijóo ou o Consello da Xunta para indultar a funcionarios corruptos". Segundo el, coa nova lei, a Xunta poderá volver readmitir funcionarios que foran apartados no seu dÃa por corrupción e permitir que o sigan sendo aqueles que no futuro cometan faltas. Igualmente, introdúcese a exclusión do persoal asesor do Goberno da Lei de Incompatibilidades. Exemplificando cun caso extremo, segundo GarcÃa, "poderemos atoparnos con que unha persoa do Gürtel poderÃa ser aquà asesor en materia de contratación das administracións públicas", xa que un xerente ou cargo directivo dunha empresa xa non será incompatible para ser asesor da Xunta. "Unha salvaxada".
Ante o plantón de onte, o próximo paso será mañá venres, cando terá lugar a reunión da Comisión de persoal da Xunta. AÃ, os sindicatos estudarán que medidas novas adoptar.
En nome de CSIF, o presidente do sector autonómico Juan Carlos Rivas, incidiu onte en que Función Pública ata o de agora "non utilizou as canles adecuadas" para dialogar unha reforma que suporá a "precarización" da administración.
O secretario xeral da Federación de Servizos á CidadanÃa de CCOO, Ramiro Otero, fixo fincapé en que "a actitude" da Xunta cos empregados "alarma" os sindicatos. Tras acusar o Goberno de Núñez Feijóo de "externalizar e privatizar" servizos, interpretou a intención de reformar a Lei de función pública como "a puntilla ó camiño iniciado hai dous anos".
O secretario nacional do sector de Autonómica da Federación de Servizos Públicos de UXT, José Francisco Núñez, acusou de "inaudito" que o Executivo busque "negociar unha reforma sobre a base da imposición" e sen dar a coñecer datos.
EN RELACIÓN Luz verde no pleno para crear máis "chiringuitos"
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, presentou onte no pleno do Parlamento galego o proxecto de lei de organización e funcionamento da Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia, ó que os grupos da oposición se opuxeron por entender que crea "máis chiringuitos".
O conselleiro debullou os principais obxectivos da normativa. Explicou que "evitará duplicidades", aumentará os controis de eficiencia e "optimizará o resultado" da xestión pública. Tanto José Manuel Lage (PSOE) como Alfredo Suárez Canal (BNG) concluÃron que esta lei servirá para crear máis administración paralela á medida do PP por baixo da "careta da falsa austeridade de Feijóo".
O Valedor ve as ilegalidades nas oposicións do Sergas
O valedor do Pobo, Benigno López González, concluÃu que se deron "considerables irregularidades" en procesos selectivos do Sergas, que foran denunciados polo PSdeG e participantes, que "reforzan" a "sospeita fundada" de que puido darse "unha situación vantaxosa" de determinados opositores. Ademais, o alto comisionado parlamentario aconsella a separación dos actuais procesos selectivos das persoas que forma parte dos tribunais e que "deben absterse de formar parte deles". O Sergas defendeu onte que xa adoptou algunhas medidas para mellorar os seus procesos selectivos e manifestou a súa "total colaboración" co Valedor.
O director xeral, aberto a "negociar" ata mañá
O director xeral de Función Pública, José MarÃa Barreiro, defendeu onte as medidas que pretende adoptar o Executivo e esperou que, ata mañá, "que serÃa a primeira aprobación do texto por parte da comisión de persoal", a Xunta poida "alcanzar algún achegamento" cos sindicatos. De non chegar a acordo, Barreiro subliñou que o proxecto se presentará no Parlamento "para xa debatelo", onde "sempre cabe a posibilidade de vÃa emenda chegar a calquera tipo de mellora". Barreiro insistiu en que o obxectivo é reor- denar os medios persoais da Administración para evitar "supostos" nos que existen "moitos funcionarios e pouca carga de traballo" e viceversa.
A mobilidade será forzosa
A CIG exemplificou con varios casos prácticos cómo repercutirÃa nalgúns aspectos a reforma da Lei de función pública. Un deles serÃa este: Laura, unha funcionaria que tras 12 anos en Servizos Centrais consegue praza por concurso de traslados na Delegación de Ourense. Pouco despois e dadas as "necesidades funcionais" da delegación, é necesario cubrir unha vacante por xubilación nun centro público da Rúa. Dadas as limitacións orzamentarias, as listas non se moven e o seu xefe decide que a unidade pode funcionar sen unha persoa. Como non hai ningún criterio establecido, o xefe decide que lle toca a ela marchar en comisión de servizos forzosa eses 9 primeiros meses por ser a nova e sen ter en conta as súas circunstancias persoas. A lei permitirao.
Fuente y autor: ROSABEL CANDAL /Galicia hoxe




