¡Váyase, señor Moreda! MINISTERIOS E DEPUTACIÓNS. Suprimir as institucións inúteis

Moreda: Diputado en el Congreso de los Diputados (1979-1996), senador (1996-2000), concelleiro de A Coruña desde 1987, presidente de la Diputación de A Coruña (1989-1995 y de nuevo desde 2003), Vicepresidente de Caixa Galicia, Miembro del Consejo de Administración y de la Comisión delegada de Caixa Galicia y secretario general provincial del PSDG-PSOE en A Coruña, etc, etc.
A fonda reestruturación polÃtica e administrativa que seguiu á aprobación dos Estatutos de AutonomÃa das nacións e rexións do Estado xerou unha forte descentralización administrativa e do gasto, malia que a forte centralización do ingreso público e da lexislación básica mancaran en grande medida as potencialidades do autogoberno catalán, vasco ou galego.
Malia estes atrancos, as AutonomÃas construiron cadansúa Administración Pública, que se superpuxeron, creando toda caste de duplicidades e disfuncións cunha Administración do Estado que segue a ser grande de máis tendo en conta a fonda descentralización do gasto operada. E, tamén, cunhas Deputacións creadas a mediados do século XIX como instrumentos de apoio do Estado centralista aos concellos pola falla dun autogoberno galego propio.
Vivimos mergullados na cultura da duplicidade administrativa e do estrago dos recursos máis de 20 anos. Mais a durÃsima recesión actual obriga axiña aos polÃticos a adoptaren reformas inmediatas.
No Estado abondan a metade dos Ministerios. Non teñen case nada a xestionar, limÃtanse moitas veces só a vixiar a lexislación e actuación administrativa dos Gobernos autonómicos. Os Ministerios de Cultura, Educación, Igualdade, Sanidade, Vivenda, Medio Ambiente e Rural e moitos organismos haberÃan suprimirse para reasignar os seus servizos aos cinco ou seis grandes Ministerios subsistentes, ao estilo dos Estados federais. Esta fonda reforma haberÃa rematarse no Estado coa supresión das Delegacións e Subdelegacións do Goberno e da Administración periférica estatal toda, tendo en conta que no noso modelo de Estado son as AutonomÃas as que han desenvolver a xestión no territorio, como pasa na Alemaña, na Suiza ou nos USA.
E, xa que logo, cumprirá suprimir as institucións máis inúteis, opacas e impopulares da Galicia: as Deputacións. O que esixirÃa, tamén, encetar unha fonda reforma local, ao xeito das que desenvolveron Portugal e Inglaterra nos anos 1970 para ficarmos nun número de concellos (50 a 60, seica) que garanta unha administración territorial de nÃvel comarcal, cunha poboación e recursos que permita a súa viabilidade e máis a relación directa coas institucións autonómicas. É un programa de reformas cobizoso, mais absolutamente preciso neste tempo de recurtes, no que compre que cada euro investido xere retornos.
Fuente y autor: Xoán Antón Pérez-Lema/ el ideal gallego




