Os monumentos aos represaliados de Vigo e A Coruña, máis preto
Vigo e A Coruña contarán en breve con senllos monumentos dedicados aos represaliados. Iso é o que se desprende das negociación que a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña mantiveron recentemente cos representantes dos concellos dos seus respectivos ámbitos municipais. No caso da cidade olÃvica, segundo afirmou o presidente da entidade viguesa para a recuperación da memoria, Telmo Comesaña, "estanse dando avances importantes para que Vigo poida contar cun momolito dedicado aos represaliados na cidade".
O monumento de Vigo, en memoria das máis de 120 vÃtimas do franquismo documentadas na urbe ata o momento pola entidade, situarÃase nun lugar moi simbólico, no monte co Castro, onde xace a cruz dedicada aos caÃdos franquistas, "a vergoña do municipio", segundo a entidade viguesa. Recentemente, a asociación entregou máis de 4.000 sinaturas no rexistro do Concello de Vigo para o seu derrubamento e cumprir asà coa Lei de Memoria Histórica.
AÃnda que o Concello de Vigo suprimiu o pasado mes de maio a iconografÃa franquista das igrexas da cidade e da Concatedral, a cruz en memoria dos caÃdos da facción golpista segue aÃnda en pé no alto do monte do Castro. Precisamente por elo, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 solicitou ese mesmo lugar para erguer o monumento dos partidarios da forma representativa de goberno axustizados polos fascistas.
Telmo Comesaña explicou que a asociación que preside esixe a supresión da cruz do Castro non porque se trate dunha cruz cristiá, senón polo feito de que "é unha estrutura dos anos 60 do pasado século, impulsada por Falange e pagada polo concello, que non está catalogada polo seu valor artÃstico". A entidade prevé ademais realizar durante os próximos dÃas unha concentración "multitudinaria" para manifestar o seu rexeitamento á icona preconstitucional. "Non estamos dispostos a que esta ignominia siga aÃ", concluÃu Comesaña.
No caso da Coruña, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica concluiu a semana pasada as reunións con varios membros do goberno municipal para transmitirlles o desexo dos parentes dos 600 represaliados contabilizados na cidade e na bisbarra de construir unha estela onde figuren os seus nomes. "A resposta foi moi positiva e estamos moi contentos porque este monumento será realidade en breve", sinalou o presidente da entidade, Manuel Monge.
Os familiares dos represaliados e a entidade coruñesa propuxeron situar o memorial en "lugares emblemáticos na memoria da represión franquista", explicou Monge. AsÃ, suxeriron o Campo da Rata, na contorna do Monumento aos Fusilados; nos xardÃns da rúa Orillamar, fronte a entrada ao chamado cemiterio civil, e xunto ao cárcere, no parque Carlos Casares. O Concello da Coruña terá agora que ofrecer un emprazamento nos próximos dÃas, xa que o prazo de execución da subvención de 27.000 euros concedida polo Ministerio de Presidencia para o monumento expira a finais de ano.
AÃnda asÃ, tras a polémica retirada da estatua de Millán Astray, despois de que o pleno municipal coruñés aprobara -coa abstención do PP- a supresión de 53 sÃmbolos franquistas na cidade, a metade seguen en pé. Un baixorrelevo do ditador permanece no salón de plenos e non se cambiou nin unha soa das 22 rúas que renden honores aos persoeiros do alzamento militar e da represión franquista.
Fuente: Memoria da Coruña




