Pacto contra a pobreza
![Logo_Web[1].jpg](http://www.xabierpita.es/2010/10/14/Logo_Web%5B1%5D.jpg)
Os voceiros dos tres grupos parlamentarios -PPdeG, PSdeG e BNG- asinaron onte en Compostela o "Pacto Galego contra a pobreza" coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. O obxectivo é conseguir que o 0,7 por cento de presuposto consolidado da Xunta para o ano 2017 se dedique a axuda para o desenvolvemento.
Neste sentido, o presidente da Coordinadora Galega de ONGD, Xosé MarÃa Torres Bouza, demandou "compromiso" ao Goberno autonómico, por ser quen "debe incrementar os recursos públicos". AsÃ, instou o Executivo galego para que "non busque escusas na situación de crise" para cumprir o obxectivo dun maior financiamento para loitar contra a pobreza.
Por iso, Torres Bouza referiuse aos presupostos para o 2011 que se aprobarán o próximo martes en Consello extraordinario da Xunta, e destacou que se se asina un compromiso "debe ser para algo".
Ao respecto, o voceiro socialista, JoaquÃn Fernández Leiceaga, apuntou en declaracións aos medios a necesidade de axilizar a achega de Galicia na axuda ao desenvolvemento, e resaltou que "o cumprimento do pacto lle vai corresponder ao Goberno.
Asà mesmo, o socialista sinalou que Galicia ocupa a dÃa de hoxe o "penúltimo lugar" en axuda ao desenvolvemento dentro do Estado, polo que avogou por "tender a man aos que máis sofren" a pesar do "horizonte complicado" no referente á economÃa.
Pendentes das contas que se aprobarán a próxima semana
Do mesmo modo, o voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, indicou que "se verá a semana que vén" se os compromisos se fan efectivos no proxecto de lei de presupostos. AsÃ, advertiu de que se para o Partido Popular "non é unha prioridade" a loita contra a pobreza os nacionalistas preparan emendas de rectificación.
Asà mesmo, Aymerich avogou por "obrigas e compromisos" concretos, onde incluÃu a reforma das pensións que repercutan no incremento da mellora de condicións de maiores de 65 anos.
A preguntas ao voceiro popular, Manuel Ruiz Rivas, sobre a aprobación dos presupostos do próximo martes no Consello extraordinario da Xunta, resaltou que o Goberno galego deu un paso importante este ano na aprobación do plan director de ONG, aÃnda que non sinalou en canto consistirá a achega.
Igualmente, o popular Ruiz Rivas definiu como "un fito histórico" o acordo asinado onte entre as tres formacións para realizar unha fronte común para conseguir os obxectivos do milenio.
Unha cuestión na que coincidiron os tres representantes polÃticos, nun pacto que como sinalou Ruiz Rivas, "vai máis alá dunha soa lexislatura".
Compromiso tamén a prol da banca ética
Este pacto inclúe, ademais co compromiso coa pobreza, tamén un compromiso para reducir nun 15 por cento as emisións de gases, a aposta pola banca ética e a promoción da sinatura de pactos locais contra a pobreza.
Neste sentido, a concelleira de Igualdade e Benestar de Santiago de Compostela, Mar MartÃn, resaltou que esta cuestión "non é un acto de caridade, senón de xustiza".
un camiño especial, entre sarria e o obradoiro
O Camiño polo Pacto Galego contra a Pobreza, organizado pola Coordinadora Galega de ONGD, concluÃu onte na campostelá praza do Obradoiro, despois de levar andando desde o luns, cando saÃu de Sarria. A iniciativa formaba parte da campaña "100 km x 1 pacto= Pobreza 0", que finalmente apoiaron os tres partidos polÃticos galegos asinando dito pacto ó rematar a marcha. Durante toda esta semana, os camiñantes concienciaron a xente dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e realizaron actividades divulgativas e de sensibilización. Os participantes pasaron, ademais de por Sarria, por PortomarÃn, Palas de Rei, Arzúa, Pedrouzo (O Pino), Monte do Gozo e finalmente Santiago.
FIN DE SEMANA REIVINDICATIVAA capital española acolle hoxe o acto central da campaña, con motivo das xornadas mundiais da alimentación
Decenas de organizacións esixen medidas efectivas, xa
Decenas de ONG, asociacións e organizacións sociais únense esta fin de semana para esixirlles ós gobernos que cumpran cos seus compromisos e adopten medidas efectivas e realistas para loitar contra a pobreza e a fame, que afectan a máis de mil millóns de persoas no mundo.
Pero a fame e a pobreza non só afectan os habitantes de paÃses en desenvolvemento. Na UE son máis de 84 millóns (o 17 por cento da poboación europea) os que viven en risco de pobreza e exclusión; case 10 millóns e medio en España, segundo datos do Eurostat correspondentes a 2008.
Onte e hoxe celébranse as xornadas mundiais da Alimentación e para a Erradicación da Pobreza e con este motivo hai convocados centenares de actos de protesta, manifestacións e eventos por toda España en apoio de manifestos e declaracións que buscan mobilizar a sociedade.
AsÃ, unha vintena de organizacións unÃronse na Alianza Española contra a Pobreza para convocar a cidadanÃa a participar nos actos que, baixo o lema 'A pobreza non está en crise, aumenta', celébranse en máis de 60 cidades españolas para "esixir medidas encamiñadas á construción dun novo modelo social, coherentes co desenvolvemento sostible e humano".
E é que, en España, a crise económica provocou un aumento do 3,4% da pobreza en dous anos (de 2007 a 2009) o que supón que hai un millón máis de persoas que viven por baixo do limiar da pobreza, segundo datos dun estudo da Fundación Faessa para Cáritas.
Esta fin de semana, o acto central da campaña será a manifestación contra a pobreza convocada para hoxe e que percorrerá o traxecto entre a Praza da Cibeles e a Porta do Sol.
"Sempre é necesario mobilizarse, pero este ano máis que nunca", subliñou a voceira da Alianza e vicepresidente da Coordinadora de ONG de Desenvolvemento (ONGD), Eva Sarto, quen recordou que máis de mil millóns de seres humanos atópanse en situación de extrema pobreza e "a cifra irá aumentando se non se atacan as causas da inequidade, dun modelo que aumenta cada dÃa a vulnerabilidade dos máis débiles".
Fuente: Galicia hoxe




