Risco de tsunami en Galiza?
"Os tsunamis son unha realidade en todas as costas do Estado español, incluÃda a galega". As costas españolas están ao alcance de varios focos sÃsmicos capaces de orixinar maremotos, que poderÃan causar ondas de até 15 metros de altura en Huelva e o litoral atlántico de Cádiz, como xa aconteceu, segundo un recente estudo da Universidade de Cantabria, no ano 1755 no mar de Alborán e as Baleares. Os resultados foron expostos en tres artigos na revista Turkish Journal of Earth Sciences , nos que se examinan os focos de risco en tres zonas: costa atlántica, cinco fallas do mar de Alborán que causan pequenos tsunamis no Mediterráneo cada cuarto de século, e os terremotos de Alxeria que envÃan ondas cara a Baleares. En Galiza, os tsunamis non estarÃan provocados por terremotos, pero si por algún fenómeno que se rexistrase no océano Atlántico como escorregamentos submariños. Só é cuestión de tempo que aconteza.
AdvÃrteo o Grupo Nacional de Tsunamis de España cun exemplo: O 21 de Maio de 2003 o terremoto de Alxeria xerou un maremoto que rexistraron todos os sensores de nivel do mar -ou mareógrafos- do litoral estatal. AÃnda que de pequena amplitude na maior parte dos portos, nos de Baleares a súa intensidade provocou importantes danos nas embarcacións atracadas e cuantiosas perdas económicas que espertaron a conciencia da necesidade de habilitar unha rede de detección no Estado.
Só o Océano PacÃfico dispuña dun sistema de alertas
Pouco despois, en decembro de 2004, a sensación fÃxose global. O catastrófico tsunami do Indico, que causou máis de 250.000 mortos, puxo en evidencia un feito: só o Océano PacÃfico dispuña dun sistema de alerta ante as ondas anomalamente xigantes, polo que a Unesco estableceu unha serie de grupos intergobernamentais de traballo para a creación de sistemas análogos no Océano Indico (Iotws), Atántico Nordés e Mediterráneo (Neamtws) e Caribe (Caribe Ews); os tres grupos deberÃan ademais traballar na integración das diferentes rexións nun sistema de alerta de escala global. Pero a rede de traballo require do compromiso de cada estado, e os graves fallos como os acontecidos esta semana en Indonesia, son sempre mortais. A pesar de que o Estado español non dispón aÃnda dun plan concreto de actuación, o Grupo Nacional de Tsunamis acaba de presentar un informe no que se propón a creación do Sistema Nacional de Alerta de Tsunamis e varias institucións españolas avanzaron nalgúns dos elementos básicos do mesmo. Este serÃa o caso dos traballos desenvolvidos no contexto do proxecto Transfer, xa mencionado. Pero sen dúbida un dos puntos clave constitúeo tanto a instrumentación sÃsmica como mariña, e neste sentido España atópase entre os máis avanzados: A rede sÃsmica do Instituto Xeográfico Nacional está preparada para ser integrada nos sistemas de alerta en desenvolvemento. Portos do Estado (dependente do Ministerio de Fomento), dentro das súas actividades de monitorización mariña e sistemas de previsión de ondada, nivel do mar e correntes, nos que desenvolve un labor punteiro a escala estatal e internacional, finalizou a renovación da súa Rede de Mareógrafos Redmar, constituÃda por corenta estacións, para reducir o intervalo de mostraxe e transmisión de datos de nivel do mar a un minuto.
En Galiza, tres aboias miden as caracterÃsticas e evolución das mareas na rÃa. O sistema de control comezou en decembro do 2009, cando MarÃn se sumou á Redmar e colocouse un mareógrafo no peirao Rebodero -en realidade o único adherido á rede estatal-, a carón da terminal de colectores fronte a Estribela. Este verán a toma de datos estendeuse a tres puntos, situados todos eles na metade máis leste para abranguer unha maior información das correntes interiores da rÃa. Esta recompilación de datos lévase a cabo a través das tres aboias estratéxicas: A primeira está situada preto da praia de Portocelo, aÃnda que afastada da zona de baño e da canle de navegación, polo que non interfire coa actividade normal deste areal, nin tampouco afecta o tráfico marÃtimo. Unha segunda aboia atópase na metade dunha liña imaxinaria que enlazarÃa a Escola Naval e a illa de Tambo. O terceiro medidor flotante áchase no punto medio doutra liña imaxinaria que conformarÃan a illa de Tambo e a punta dos Praceres.
Os datos solicitados por estas aboias complementan a información obtida desde o mareógrafo, que monitoriza os datos do nivel do mar en tempo real e crea series históricas que poderán ser tratadas e empregadas para proxectos concretos de seguridade e mais de mellora do medio ambiente, como coñecer o nivel medio do mar nun perÃodo de tempo, ou cuantificar e medir a altura das ondas.
Por un sistema de alertas en todos os estados
A Redmar do estado incorpora algoritmos automáticos en tempo real de detección de tsunamis ou de "rissagas", outro evento similar moito máis frecuente e que tamén causa problemas nos portos; isto convértea nunha das redes de nivel do mar máis avanzadas de Europa. Actualmente estes datos están sendo integrados no portal temporal de datos do Neamtws (Sexa Level Station Monitoring Facility, da Unesco), establecido mentres se acaban de definir os Sistemas Rexionais de Alerta. Segundo os expertos do Grupo Nacional de Tsunamis de España "en España realizouse un traballo excelente de modernización das redes de medida e de avaliación do risco, pero todo iso non servirá de nada se non se integra nun sistema de alerta cuns plans de urxencia establecidos: é imprescindÃbel que cada estado membro dispoña do seu propio Sistema de Alerta".
O gobernador das illas indonesias de Mentawai recoñece que os habitantes non foron avisados
A situación é desesperante. As autoridades de Indonesia temen que polo menos a metade das máis de 300 persoas desaparecidas tras o tsunami que golpeou as illas Mentawai, fronte a Sumatra, morran, polo que o número total de vÃtimas mortais superará as 600. Polo momento, hai 408 mortos confirmados, outros 412 feridos e preto de 13.000 refuxiados.
Equipos inoperativos e mala organización
Segundo o Grupo Nacional de Tsunamis de España os avisos á poboación e os protocolos e plans de urxencia son unha competencia de cada estado; os Sistemas Rexionais ou Globais de Alerta limitaranse a enviar avisos aos Sistemas Nacionais cando se produza un evento que, se considere, pode afectar as súas costas, pero a partir dese momento, a responsabilidade corresponde aos gobernos centrais. Isto é o máis difÃcil de conseguir, e explica en parte os fallos detectados en tsunamis como o de Indonesia.
O gobernador de Sumatra Occidental, Irwan Prayitno, recoñeceu que a poboación das illas Mentawai non recibiu ningunha alerta de tsunami por parte das autoridades pertinentes tras o terremoto de 7,2 graos na escala Richter que se produciu na zona o luns pasado. Asà mesmo, o gobernador admitiu que os equipos para detectar un tsunami non estaban operativos no momento que se produciu o terremoto. Tampouco chegou á poboación as mensaxes da Xunta Nacional de Mitigación de Desastres a través dos medios de comunicación, debido ó remoto destas illas. Como consecuencia diso, explicou o gobernador segundo a axencia oficial Antara, non todas as persoas que vivÃan nas zonas costeiras das illas Mentawai foron evacuadas a zonas seguras antes de que se producise o tsunami, uns 15 minutos despois do sismo. Prayitno precisou que ademais das aldeas que quedaron completamente arrasadas, en 50 ou 60 por cento restante resultaron gravemente danadas no desastre. A maiorÃa das vÃtimas foron atopadas en terra e só uns poucos corpos apareceron flotando nas augas.
MARGA TOJO /Galicia Hoxe




