Economistas

Último OK á fusión

As asembleas de Caixa Galicia e Caixanova danlle o "si" definitivo a unha alianza que custará 675 millóns ·· Recibiu 273 votos a favor, 8 en contra e 4 abstencións.

A historia financeira de Galicia acaba de dar un novo paso: anteriores movementos iniciados en 1944 deixaran dúas grandes caixas de aforros e onte as súas asembleas votaban si para unirse nunha soa, a Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra. Unha integración que, segundo se detallou onte ós conselleiros xerais, custará ao redor de 675 millóns de euros -intereses do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria incluídos-, pero que será ben soportada grazas a unha potencial redución de custos e sinerxías de 1.012 millóns de euros. O estimado superaría os 337 millóns. En ambos os dous cumios, un na Coruña, o outro en Vigo, asistiron 285 dos 320 membros (o 89%), que sumaron 273 votos a favor, fronte a só 8 en contra. As abstencións limitáronse a catro.

Concluídas as asembleas, o presidente de Caixa Galicia, Mauro Varela, cualificou de "fito histórico" para esta comunidade a ratificación do proceso de fusión das caixas galegas. O copresidente da nova caixa galega manifestou a súa "satisfacción absoluta" polo seu resultado e considerou "esmagante" o apoio a este proceso. Ó preguntarlle sobre a ausencia do ex director xeral de Caixa Galicia e presidente da fundación da futura caixa, José Luis Méndez, á asemblea, Varela argumentou que "tiña algunha outra cousa que facer", aínda que matizou tamén que "non tiña por que estar obrigatoriamente".

Firme compromiso coas empresas galegas

Por outra banda, o presidente de Caixa Galicia subliñou que a fusión con Caixanova será "a solución de moitos problemas", indicou ao referirse á necesidade de "axudas" ás empresas galegas. Así, insistiu en que a nova caixa manterá unha "posición próxima" a este sector "como xa tiñan as dúas caixas", precisou, ao tempo que rexeitou que os desinvestimentos previstos vaian ter consecuencias no tecido empresarial galego. "As empresas non van quedar desgornecidas en absoluto", remarcou Varela, quen explicou que as dúas caixas empezarán agora "a estudar" como se producirán eses desinvestimentos, aínda que evitou concretar prazos. "É complicado dar unha data", admitiu o presidente de Caixa Galicia.

A asemblea xeral extraordinaria de Caixanova, pola súa banda, aprobou a fusión nunha reunión que se prolongou máis de dúas horas e media e na que se produciron cinco votos en contra (de CIG, UGT e o representante de Cangas) e catro abstencións dos membros do BNG. Á cita acudiron 148 dos 160 conselleiros xerais da caixa, que avalaron a unión con Caixa Galicia. En contra votaron as dúas organizacións sindicais que non asinaron o pacto laboral (os tres representantes de UGT e un da CIG) e o nomeado polo Concello de Cangas (Pontevedra), Xosé Manuel Pazos, que forma parte da Agrupación Canguesa de Esquerdas (ACE).

Pola súa banda, os representantes do BNG, que son catro, abstivéronse na asemblea de Caixanova, aínda que non o fixeron na de Caixa Galicia, que tamén deu luz verde á fusión. No caso da caixa con sede na Coruña, rexistráronse tres votos en contra, os de CIG. Tanto nunha reunión coma na outra, sindicalistas de CIG, UGT e CGT concentráronse para manifestar o seu desacordo co pacto laboral asinado entre as caixas, CCOO e Csica.

Rexeitamento de CIG, UXT e CGT ó pacto laboral

Mentres, un cento de representantes sindicais de CIG, UXT e CGT concentráronse ante as sedes da Fundación Caixa Galicia e o centro social de Caixanova, como mostra de rexeitamento ao pacto laboral asinado no marco da integración de ambas as dúas entidades. Na Coruña, a concentración, na que se reú-nen en torno a 50 persoas, comezou media hora antes do inicio da asemblea en primeira convocatoria, que se fixou para as 18.00 horas. Os delegados da CIG manifestáronse coa súa propia pancarta, co lema Non ao desmantelamento, venda e privatización de Caixa Galicia, e dos de UGT e CGT por outro, co slogan Pacto laboral fusión. Así non.

Pola súa banda, no edificio no que se reuniron os conselleiros de Caixanova na cidade olívica, concéntranse outros cincuenta representantes de CIG e UGT de forma conxunta e con pancartas nas que aluden ao devandito pacto laboral e nas que denuncian o "desmantelamento, venda e privatización" da caixa de Vigo.


Goberno e oposición, da man: "Galicia fixo historia"

Nin desde as propias entidades implicadas, nin desde as forzas políticas galegas, nin desde os sindicatos (CIG, UXT e CXT aínda seguían protestando onte), a negociación para integrar a Caixa Galicia e Caixanova nunha única financeira galega "forte e solvente" non foi tarefa fácil". Houbo desencontros para todos os gustos, pero agora que ambas as asembleas deron xa o si quero definitivo, hai algo no que todos coinciden: Galicia fixo onte historia.

Ata o presidente Feijóo e o líder socialista Pachi Vázquez están, por unha vez, de acordo nesta afirmación. "Espero e desexo que hoxe se poida culminar un momento histórico, non só desde o punto de vista financeiro, senón para un pobo que está vendo un horizonte de unidade e cooperación, fronte á competencia, o localismo e a división", dicía onte o xefe do Executivo autonómico momentos antes de que empezasen as asembleas. Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas, Manuel Vázquez, subliñou que, nun prazo de tres anos, Galicia terá "unha gran caixa" que contará "sempre" co "apoio, a colaboración e a participación" do socialismo galego. Vázquez gabou, ademais, o esforzo realizado por sacar o proceso adiante.
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg