Un gandeiro galego cobra polo leite ata un 6,67% menos que un asturiano
Os datos oficiais da campaña de recollida de leite constatan que o sector lácteo galego se "afasta da converxencia en prezos" co resto de zonas produtoras de España e os paÃses de referencia da Unión Europea (UE), segundo asegura Unións Agrarias nun comunicado. A mes de xullo, o sindicato agrario cifra nun 5 por cento menos o que recibiron os gandeiros da comunidade respecto dos do resto do Estado. Isto "supón uns 2.875 euros de mingua de ingresos para unha explotación de 300.000 quilos de leite de cota", advirte.
Por comunidades, UUAA chama a atención sobre o feito de que Asturias recibe "ata un 6,67 por cento máis, 3.531 euros máis no que vai de campaña". Tamén cántabros e castelán-leoneses, cun 4,91 e un 3.61 por cento máis, respectivamente, "ven incrementada a súa renda a igual volume de cota que os galegos" en 2.550 e 1.867 euros, indica. A comparativa cos produtores de Francia é "aÃnda máis demoledora", incide, xa que fixa o diferencial no 17,56 por cento, "uns 10.500 euros por cada 300.000 quilos de cota" no que vai de xaneiro a xullo do 2010.
Deduce, xa que logo, a incidencia "clara" da entrada en vigor da nova normativa para o sector impulsada polo Goberno galo, que implica, entre outros aspectos, a obrigatoriedade de sinatura de contratos. AsÃ, de xullo a agosto, un gandeiro francés recibiu de media 648 euros máis por cada 300.000 quilos de cota, asegura. O mesmo ocorre coas granxas alemás, ás que UUAA atribúe "case 10.000 euros máis" que nunha de Galicia. Ante este panorama, denuncia "prácticas depredatorias" das industrias na comunidade galega, que "acordan prezos e rutas de recollida de leite para someter os produtores" e esixe "solidez normativa" das Administracións central e autonómica..
A Feplac bota balóns fóra
A Federación de Empresarios Produtores de Lácteos de Galicia (Feplac), pola súa banda, reclamou "a implicación" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na crise do sector lácteo, no cal ve, a curto prazo, uns 7.000 postos de traballo "en perigo" nas explotacións galegas, entre directos e indirectos. Nun comunicado, aclara que estes datos despréndense "só" da análise das 1.600 ganderÃas de leite "que poden verse obrigadas a abandonar a súa actividade o ano próximo se esta situación se prolonga". Alude ás "grandes perdas" que provoca a fauna salvaxe nas colleitas forraxeiras e reprocha que non se estea defendendo" o sector "co mesmo empeño que outros que achegan moito menos", como as centrais térmicas de Meirama e As Pontes.
Fuente: Galiciahoxe




