Economistas

25, 33, 50: Teoría e realidade do ensino en galego de 1995 a 2004

galego.gif

No momento da Transición, Galiza era o territorio do Estado onde máis se falaba unha lingua propia diferente ao castelán, aínda que era na súa maioría a través de esquemas diglósicos e carecendo de alfabetización na mesma. Porén, en toda a etapa autonómica o galego está a sufrir unha drástica caída de falantes, que non se rexistra nos outros idiomas que teñen tamén recoñecemento oficial nos seus respectivos estatutos. Parece contraditorio: Como é posíbel que unha lingua que foi proscrita e mesmo prohibida e perseguida durante quiñentos anos padeza o seu maior declinio cando por fin consegue certo estatus legal?

A resposta sería longa de dar, mais podémola bosquexar cunha idea bastante simple: Se un idioma está en perigo de se perder é porque non se está a facer abondo para evitar esa perda. Descúlpeseme a perogrullada mais é que, ás veces, con tan excesivas doses de propaganda e grandilocuencia, custa mesmo dicir o evidente. Fixeron e fan os poderes públicos de / en Galiza o minimamente exixíbel para que a lingua galega continúe viva? Fixeron e fan o minimamente exixíbel para que os seus falantes teñan dereitos lingüísticos na súa propia terra? Fixeron e fan o necesario para que as e os estudantes finalicen cada etapa educativa con suficientes competencias comunicativas non só en castelán, senón tamén en galego?

Un dos piares para a conservación, recuperación e normalización dunha lingua é o sector educativo. Como xa se ten estudado abondosamente desde a sociolingüística, trátase dunha condición non suficiente mais sempre necesaria. Necesarísima. Non hai ningún caso coñecido ao longo e largo da Terra onde unha lingua se conseguise normalizar sen contar co apoio do ensino.

A uña de cabalo, no artigo desta semana e nos das dúas seguintes, sintetizarei as liñas fundamentais do proceso de galeguización e desgaleguización do sistema educativo non universitario nos últimos quince anos. Penso que é importante recordar esta historia recente para continuarmos con máis forza e argumentos no traballo que temos por diante.

Os cinco cortes básicos que podemos facer neste período son: primeiro, de 1995 (aprobación do decreto do 33%) a 2001 (ratificación estatal da Carta Europea das Linguas); segundo, de 2001 a 2004 (aprobación do Plan xeral de normalización da lingua galega); terceiro, de 2004 a 2007 (promulgación do decreto do 50%); cuarto, de 2007 a 2010, que é a etapa que o decreto consensuado está en vigor. De 2010 ao futuro é unha historia que está aínda por escribir. Na nosa man está que sexa dun ou doutro xeito.

a) 1995 - 2001

En setembro de 1995, cando Manuel Fraga Iribarne xa levaba un lustro como presidente da Xunta de Galiza, con maioría absoluta no Parlamento, apróbase un decreto que regula unha serie de materias mínimas que se deben ministrar en galego. Con anterioridade, a porcentaxe chan que, na teoría, se debería recibir en colexios e institutos era do 25%; a partir deste momento, ascendía levemente, a unha de cada tres horas. A pesar do pouco ambicioso, recibiuse como un paso adiante e tamén se saudou como moi importante que se marcasen en concreto cales eran as disciplinas que en cada etapa terían que vehicularse en galego.

Como comentabamos xa no artigo da semana pasada, este novo decreto promulgouse a petición da maioría das comunidades escolares, con especial protagonismo dos sindicatos do profesorado, e ante a obriga autonómica de aggiornar a lexislación debido á aprobación estatal dun novo marco educativo.

Houbo campañas sociais do máis diferente tipo, mesmo folgas estudantís, para instar o Goberno galego a que adoptase medidas para aplicar este decreto. No entanto, non houbo ningún esforzo institucional para que for así. A norma marcaba un camiño, mais nacía morta. A verdade era que a maioría dos centros de ensino non chegaban a cumprir nin tan sequera a norma anterior. Da actitude oficial é boa mostra o feito de que, no mesmo mes no que se aprobou esta norma, a Xunta chegou a ameazar cun expediente ao Colexio de Palmeira por utilizar o galego con normalidade...

A pesar de o decreto ser, tristemente, unha pantomima, houbo tamén campañas orquestradas contra el por parte da extrema dereita, dalgúns grupúsculos creados para atacar o galego e dos medios de comunicación madrileños na órbita do PP. A habitual guerra preventiva contra a posibilidade de que o noso idioma levante cabeza.

A título de exemplo, o diario ABC chegaba a titular, totalmente fóra da realidade, que moitos nenos galegos "ya no saben contar de 1 a 10 en castellano" porque en Galiza había políticas de "inmersión lingüística". Porén, o PP está neses momentos no goberno en Galiza e acantoa os discursos exaltados. Prefire aplicar unha política de narcotización, máis efectiva: aparentan que fan algo polo galego, para evitaren as mobilizacións cidadás, mais na práctica evitan calquera adianto real.

b) 2001 - 2004

A Xunta -onde Manuel Fraga Iribarne segue gañando as eleccións por maioría absoluta- persiste sen facer nada para que se aplique o decreto, a pesar de que varios colectivos educativos, culturais, sindicais ou partidarios continúan a reclamalo curso tras curso. Mentres, o propio PP, que preside tamén o Goberno español con maioría absoluta, ratifica un tratado internacional promovido polo Consello de Europa: a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias. A Carta, tal e como a subscribe o Estado, obriga os poderes públicos a que garantan "modelos educativos esencialmente en galego". Tal mandato, no entanto, é desatendido de vez.

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística iníciase un proceso xudicial contra a Xunta, acusada de neglixente. Un estudo sinalaba, case unha década despois de se aprobar aquel decreto, que tres de cada catro colexios non ministraban en galego as aulas mínimas que deberían e que un de cada tres centros de secundaria non cumpría nin tan sequera á hora de ter en galego os libros de texto que correspondía.

A presión social si consegue que unha iniciativa lexislativa do nacionalismo no Parlamento acabe frutificando na elaboración e aprobación dun Plan xeral de normalización da lingua galega, que secundaron en 2004 todas as forzas políticas con representación na cámara lexislativa. Ese Plan recoñecía pública e oficialmente o incumprimento do decreto en vigor e puña como obxectivo que cando menos un 50% do ensino debería ser en galego. Anxo Lorenzo foi, daquela, o secretario da comisión de educación, familia e sociedade do devantido Plan xeral. Para algúns, está visto, o fundamental é comer do galego, sen ningún dilema ético nin intelectual se é para afortalalo ou para matalo.
Fuente y autor: Carlos Callón/A Mesa pola normalización lingüística

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg