Economistas

A Coruña: A Xunta de Goberno aproba o proxecto de expropiación da ligazón da Terceira Rolda en Lonzas por importe de 1.730.000 euros

A Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o proxecto de expropiación de ligazón da Terceira Rolda coa autovía AC-14 en Lonzas. Con este acordo o Concello cumpre cos compromisos adquiridos no convenio asinado coa Xunta de Galicia para a construción desta infraestrutura vital para a cidade.

O expediente de expropiación será exposto ao público por un prazo dun mes, para que quen poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que estimen pertinentes, en particular no que concierne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. A información pública efectuarase mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e en prensa.

Datos da expropiación

• Superficie total: 34.998,96 m2

• Prezo unitario do chan rústico para "labradío": 8,98€/m2s e en chan urbano 202,32€/m2s

• Valor total da expropiación do chan sen incluír o 5% do premio de afección:340.855,58€

• Valor dos elementos sen incluír o 5% do premio de afección:1.307.300,86€. Inclúen sete parcelas con edificacións de uso residencial.

• Valor total do expediente incluído o 5% do premio de afección:1.730.564,26 €

Urbanismo

Así mesmo, a Xunta de Goberno local autorizou o gasto de 410.000 euros para contratar a dirección e cordinación de seguridade e saúde nas obras de urbanización do Parque Ofimático. A contratación das obras de urbanización do novo barrio, no que 1.216 das súas 2.048 vivendas serán de prezo taxado, terá un orzamento total de 45 millóns de euros.

Tamén na área de Urbanismo, a Xunta de Goberno acordou desestimar as solicitudes de reversión de leiras situadas na parroquia de San Vicente de Elviña que foron adquiridas por compravenda polo Concello nos anos 1988, 1989 e 1990. Estas solicitudes de reversión presentáronse entre os anos 2008 e 2009 por propietarios que foron expropiados pola Xunta de Galicia para a construción da estrada de Pocomaco. O Concello adquiriu esas leiras por libre acordo cos seus propietarios, que formularon ofertas de venda de leiras enteiras coñecendo de antemán que para a construción da estrada só ía destinarse parte da superficie das mesmas, xa que cando se formalizaron os acordos co Concello a Xunta levantara as actas previas á ocupación onde figuraba a superfice afectada por expropiación.

O Concello, por tanto, non tramitou ningún expediente expropiatorio fose do que estaba a tramitar a consellería para a construción do viario senón que adquiriu chan a efectos de incrementar o seu patrimonio. Por iso, ratificando os informes dos técnicos municipais, desestima as solicitudes de reversión das porcións de leiras non destinadas a estrada de acceso por non ter estas superficies a consideración de parcelas sobrantes de expropiación. Ditas leiras nunca estiveron afectadas pola estrada nin formaron parte da declaración de utilidade pública nin da urxente ocupación de bens e dereitos necesarios para a construción da mesma; polo cal se conclúe que non foron en ningún suposto obxecto de expropiación e, por tanto, de reversión.

Tamén se acordou desestimar as solicitudes de reversión de leiras situadas así mesmo na parroquia de San Vicente de Elviña adquiridas polo concello nos anos 1989 e 1990 para potenciar o patrimonio municipal. De acordo coa clasificación do chan no que se situaban as leiras, o Concello non puido realizar ningunha actuación expropiatoria como a que se lle imputa para solicitar unha pretendida acción reversional dos terreos. É dicir, non houbo expropiación e as adquisicións realizáronse como froito da libre vontade das partes. Desestímanse tamén as peticións subsidiarias de declaración de ineficacia dos contratos de compravenda celebrados, por non tratarse de adquisicións de bens baixo condición de afectación permanente a un destino concreto. É dicir, as citadas leiras non se adquiriron para a construción dun novo campo de fútbol, polo que o feito de que non se construíse esta instalación deportiva non converte en ineficaz a compravenda celebrada. A compravenda realizouse para potenciar o patrimonio municipal sen que o destino do chan configúrese no expediente de compra das leiras como unha condición contractual da compravenda.

Tamén na a área de Urbanismo, a Xunta de Goberno aprobou a acta de recepción segunda e última das obras da segunda fase do Proxecto Modificado de Urbanización da Avenida da Universidade e concedeuse tamén licenza urbanística á Asociación Prol Enfermos Mentais para a reforma e ampliación do edificio do seu centro social na Praza dos Chopos.

Así mesmo, concedeuse licenza á empresa Envasa SL para a demolición de dous inmobles contiguos situados no canellón Fonte Seca do Monte e denegouse a telefónica Móbiles a solicitude de licenza de actividade e obra para a instalación dunha antena de telefonía móbil no polígono Grela Bens.

Infraestruturas

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto impulsado pola Concellaría de Infraestruturas para a renovación do tramo do Paseo Marítimo Riazor-Orzán, para modernizar e mellorar o pavimento dentro do continuo proceso de renovación dos barrios que realiza o Concello da Coruña. A actuación supón un investimento de 950.000 euros, que permitirá seguir renovando a fachada marítima xa que, ademais, Costas iniciou as obras para continuar o carril bici polo Paseo.

O obxectivo desta iniciativa é renovar o pavimento deste tramo para substituílo por un material resistente aos usos desta zona da cidade e ao paso de maquinaria pesada que realiza traballos de limpeza e mantemento nas praias. En primeiro lugar, realizouse unha proba na zona próxima á Praia Club, onde se instalou o pavimento impreso. O pavimento impreso consiste en laxa de formigón con malla metálica, que no seu parte superior permite facer un debuxo ou imitar algún material. Así, neste caso, imitarase a baldosa cor crema que xa hai no Paseo e a laxa de lousa. Trátase dun material moi resistente e de calidade co que se probará a súa resistencia ao paso da maquinaria e aos diversos usos do Paseo.

Por tanto, o Paseo Marítimo de Orzán-Riazor renovarase, do mesmo xeito que este verán os coruñeses xa puideron gozar da ampliación das praias, tras a rexeneración dos areais nunha actuación do Ministerio de Medio Ambiente que supuxo un investimento de 8,5 millóns de euros. A actuación permitiu aumentar as praias de Riazor, Orzán, San Amaro e Matadoiro, ademais dunha mellora na seguridade e na garantía de conservación e mantemento do paseo marítimo. Doutra banda, o respaldo do Ministerio de Medio Ambiente á cidade viuse demostrado coa recuperación da Leira dos Mariño para uso público, coa creación dun miradoiro con zona de paseo.

Seguridade cidadá

Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación provisional á empresa Finanzia Autorenting SA da contratación polo sistema de renting de catro vehículos patrulla e unha furgoneta para o Servizo da Policía Local. O prezo do contrato é de 72.219 euros anuais.

Medio Ambiente

Entre outros asuntos, a Xunta de Goberno aprobou modificar as prestacións do contrato subscrito con Cespa Cía Española de Servizos Públicos Auxiliares, SA para a prestación do servizo de conservación e mantemento das zonas verdes sitas na zona 2 do termo municipal. Esta modificación implica a redución do prezo do contrato en 12.257 euros e é consecuencia da variación de unidades de mantemento de distintos espazos da citada zona.

A Xunta de Goberno aprobou tamén a ampliación en 56.169 euros do contrato de concesión coa empresa Babcock-Kommunalmbh-Tecmed Sade de tratamento e eliminación de residuos urbanos para a prestación do Servizo de Punto Limpo Móbil.

Cultura

Na área de Cultura, a Xunta de Goberno aprobou aplicar a tarifa reducida a todos os visitantes do Aquarium Finisterrae durante o tempo que duren as obras financiadas polo FEESL nas zonas de tránsito e distribución da planta baixa do edificio e no corredor de acceso á Sala Nautilus. Tamén se aprobou a autorización do gasto de 618.487 euros anuais que supón a contratación do servizo de mantemento biolóxico da Casa dos Peixes.

Así mesmo, a Xunta de Goberno autorizou a firma dun convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre de compromiso para o curso escolar 2010-2011.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg