Economistas

As deputacións necesitan unha redefinición xa

moreda080910.jpg
Moreda: Concejal delegado de Urbanismo en el período 1995/2003. Diputado en el Congreso de los Diputados (1979-1996), senador (1996-2000), concelleiro de A Coruña desde 1987, presidente de la Diputación de A Coruña (1989-1995 y de nuevo desde 2003), Vicepresidente de Caixa Galicia, Miembro del Consejo de Administración y de la Comisión delegada de Caixa Galicia y secretario general provincial del PSDG-PSOE en A Coruña, etc, etc.

As Deputacións precisan, e xa, dunha revisión. Sempre envoltas en escándalos relacionados coa súa xestión, e coa sombra continua de ser entes tradicionalmente caciquís, as dúas grandes forzas políticas galegas e estatais (PP e PSOE) coinciden en que as institucións provinciais precisan dunha nova regulamentación que delimite mellor as súas competencias. Así tamén o demandaron esta mesma semana os propios presidentes dos organismos, que compareceron no Parlamento para dar conta dos Orzamentos destas administracións para o 2011 e acabaron centrando boa parte das súas intervencións en esixir un debate que aclare o seu papel territorial.

Non obstante, a unanimidade á hora de abordar o asunto non é tal. Mentres o BNG opta claramente por propoñer a súa supresión como solución, o PPdeG négase totalmente a esta posibilidade e o PSdeG avoga por reflexionar.

O portavoz parlamentario do PPdeG na Área Institucional, Antonio Rodríguez Miranda, defendíalle onte a GH que "as deputacións son un instrumento útil", non obstante, admitía que igual que pasa nos concellos, tamén elas se ben afectadas por un "problema de indefinición das súas competencias e deficiencia no seu financiamento". Neste sentido, o deputado popular cre que sería "acaído" levar a cabo unha reformulación legal e do papel das Deputacións para precisar máis o seu cometido. A cuestión é cómo e cándo.


Oposición a que se lle quiten todas as funcións

"Neste momento, o que non cabe é facer unha reformulación das deputacións para quitarlle todo tipo de competencias e logo levalas á súa desaparición, unha tesitura que está defendendo o BNG e mesmo secunda en ocasións o PSdeG", di tallante.

Para o PPdeG, as Deputacións hoxe "son necesarias" e para os pequenos concellos "poden ser a táboa de salvación para sobrelevar esta situación de dificultade economica importante e de escasez de recursos. "As deputacións teñen que apoialos e asesoralos e están cumprindo ese papel", di sen dubidar.

Así, condiciona a reforma legal a que o Estado mova ficha primeiro. "Nós defendemos que ten que haber unha modificación xeral do Réxime Local e iso ten que afrontalo o Estado, é un compromiso de Zapatero que está sen cumprir. Unha vez feito isto, aquí en Galicia teriamos que cambiar tamén a nosa normativa en materia de réxime local e unha vez redefinido o mapa municipal xeral, teríalles que tocar ás deputacións e definir qué papel lles queda para cumprir".

Neste sentido, Miranda carga contra o Goberno central por "non preocuparse en absoluto polo concellos". "Hai deputacións que lle están dando asesoramento técnico ós concellos e incluso lle están prestando servizos. A deputación de Ourense ten unha empresa que presta o servizo de saneamento, abastecemento, depuradoras, a moitos concellos, e tamén lles recolle o lixo. Se agora as deputacións, que son as que lles están axudando ós concellos, con plans especiais de infraestruturas, de apoio para os gastos correntes, as eliminamos, que pasaría con eles?, argumenta en contra dos que piden a supresión.

Pola súa banda, a portavoz do PSdeG, Mar Barcón, cre que efectivamente o papel das Deputación se debe definir mellor, pero a través da reforma do Estatuto de Autonomía e dunha Lei de Administracións Locais, na que se fixe a organización territorial que se quere para Galicia e da que se leva anos debatendo no aire.

Un espazo necesario para a supramunicipalidade

Barcón rexeita apoiar de primeiras a teoría de que suprimir as Deputacións sería o mellor. "Para nós é certo que hai un espazo para a intermunicipalidade, para a supramunicipalidade. Que ese espazo o poden protagonizar as Deputacións, sobre todo no ámbito dos concellos máis pequenos, como Administracións de apoio a eles que xa teñen unha inercia de traballo importante, é probable. Que nas áreas urbanas e metropolitanas temos que atopar outra fórmula, pois non o sei, ó mellor si, ou igual bastaría con consorcios de servizos como apuntaba o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda o outro día", defende a socialista.

En calquera caso, Barcón está segura de que as Deputacións teñen "un papel discutido, que non atopou un engarce acaído na estrutura institucional autonómica e que non atopou un marco axeitado". Por iso, defende que se aborde o asunto e se fale entre todos, "pero no eido das reformas lexislativas" comentadas.

Preguntada polo traballo que están a desenvolver a día de hoxe estes entes, Mar Barcón considera que se nos fiamos do de Ourense ou do de Pontevedra, "é obvio que a resposta do conxunto da sociedade e do PSOE sería que hai que eliminalas, porque para facer o que fan, que é nepotismo e sectarismo exquisito, non vale a pena ter unha administración". Pero fronte a iso, defende que hai deputacións como a da Coruña ou a de Lugo -as dúas presididas casualmente polo PSdeG- en Galicia, ou como a de Xaén ou Barcelona, en España, "que teñen un funcionamento exemplar e mesmo foron vangarda en canto ó desenvolvemento de servizos e a posta en marcha de programas intermunicipais e supramunicipais". Neste sentido, advírtelles ós nacionalistas que "tamén nos parece que non funciona ben o goberno da Xunta máis non se nos ocorreu dicir que hai que eliminalo".

Os catro entes disporán no 2011 de 472 millóns de euros

A redución de orzamentos en toda Galicia para o 2011 deixarase notar, ademais de na Xunta, tamén nas Deputacións. En efecto, as catro institucións provincias disporán o próximo ano de 472 millóns de euros, é dicir, 62,6 menos que neste exercicio, o que supón unha redución do 13 por cento en conxunto. Ademais, tamén verán reducida a súa capacidade de endebedamento.

A deputación que máis reducirá os seus orzamentos no previsto para o 2011 é a de Lugo, que contará en 2011 con 86 millóns de euros, o que significa un 37 por cento menos que en 2010.

As cuentas da Deputación de Ourense capitaneada por Baltar baixan un 14% e sitúanse nos 73 millóns de euros para o vindeiro ano.

Pola súa banda, Rafael Louzán disporá en Pontevedra de 137,9 millóns de euros para gastar no 2011, é dicir, un 11 por cento menos que durante este exercicio. Louzán anunciou ademais esta semana no Parlamento que non concertará ningunha nova operación de crédito e que reducirá a súa débeda en 13 millóns de euros.

Pola súa banda, a Deputación da Coruña que presidente Salvador Fernández Moreda baixará os seus orzamentos nun 2 por cento no 2011 con respecto ó 2010, e desfrutará de 175 millóns de euros para investir.

Compóñense en función dos resultados nas eleccións locais

As deputacións provinciais son órganos de elección indirecta. A composición do seu pleno realizase a partir dos resultados nos comicios municipais en cada provincia.

O número de deputados de cada pleno depende do número de habitantes da provincia e así está fixado por lei. Logo, os deputados de cada provincia repártense proporcionalmente entre os partidos xudiciais que a componen. Unha vez que se constitúen os concellos, tómanse, para cada partido xudicial, os votos de todas as forzas políticas que obtiveron representación nos concellos. Entres eles repártense os escanos, segundo a Ley D"Hondt. Os deputados provinciais elíxeos cada forza política, en cada partido xudicial, de entre os concelleiros de cada partido elixidos nalgún municipio desa zona.

As eleccións municipais do 2007 déronlle o Goberno da Deputación da Coruña á coalición PSdeG-BNG, que xuntaron 18 escanos fronte ós 13 do PP.

Na Deputación de Lugo, tamén goberna un Bipartito de esquerdas, que suman 14 escanos fronte ós 11 dos populares.

As Deputacións de Pontevedra e Ourense seguen a ser os feudos da dereita. Na primeira, os de Louzán teñen 14 escanos fronte ós 8 do PSdeG e os 5 do BNG. Na segundo, os de Baltar tamén teñen 14 escanos, fronte ós 8 dos socialistas e os 3 dos nacionalistas.

En Cataluña desaparecerán a partir das eleccións do 2011

A día de hoxe, todas as provincias do Estado español contan con estes órganos de Goberno chamados Deputacións, excepto aquelas que xa se correponden cunha Comunidade Autónoma uniprovincial, como é o caso de Madrid, Murcia, Cantabria, Asturias, Navarra e A Rioxa, e as illas. Segundo recolle a lei, a función fundamental das Deputacións é colaborar na xestión da actividade municipal.

En Cataluña, de acordo coa súa Lei de Veguerías aprobada nesta lexislatura polo Parlamento autonómico, as deputacións provinciais serán substituídas polos consellos de veguería tras as eleccións municipais do próximo 22 de maio de 2011. Cataluña afronta así unha redefinición interna do seu territorio. Deste xeito, pasará de estar organizada en catro provincias (Barcelona, Tarragona, Lleida e Girona) a estalo en sete veguerías: Veguería del Alt Pirineu, Veguería de Barcelona, Veguería del Camp de Tarragona, Veguería de Girona, Veguería Central, Veguería de Lleida, Veguería de les Terres de l"Ebre.

AS FRASES

Mar Barcón

"Tamén cremos que non funciona ben o goberno da Xunta mais non se nos ocorre dicir que hai que suprimila"
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg