Economistas

Lixo non rendible

A xestión e tratamento do lixo non é rendible. Á crise que vive o Complexo Medioambiental de Cerceda -incapaz de tratar o 60% do preto do millón de toneladas de residuos que recibe e cunha débeda municipal superior ós 15 millóns de euros- súmase agora a difícil situación das plantas de compostaxe de Nostián (A Coruña) e Servia (Lousame), ó bordo do peche. A primeira, afectada por importantes deficiencias de funcionamento derivadas da técnica escollida para o tratamento dos refugallos -biometanización- e dunha mala recollida selectiva. A segunda, por unha débeda local que ascende a 8,5 millóns de euros e unha caída de ingresos derivados das empresas recuperadoras do lixo, nomeadamente Ecoembes. A compostaxe foi historicamente o modelo preferido polo movemento ecoloxista por ser o máis sostible dende o punto de vista económico, social e ambiental. Mais agora, coa crise apuntando directamente sobre as súas plantas, o debate volve poñerse enriba da mesa: ¿é a compostaxe unha opción viable para tratar os nosos residuos ou é preferible apostar pola incineración?

"Agora todo o mundo se pregunta pola viabilidade da compostaxe pero ningún pon en dúbida a da incineración. Economicamente falando, ningunha das dúas opcións é viable". Así o apunta Celestino Quintela, secretario da Federación Ecoloxista Galega (FEG), quen ve a eficiencia como principal diferenza entrambos os dous modelos. O custo da xestión dos residuos é cada vez maior, con prezos por tratamento da tonelada que vai dende os 55 euros de Sogama ós 75 de Nostián. Mais a crise cébase especialmente coas plantas de compostaxe por un motivo principal: as administracións, nomeadamente os concellos, seguen sen asumir o custo do lixo. "Os orzamentos locais teñen como prioridades aspectos como as infraestruturas e non son conscientes da importancia de tratar os residuos", afirma Quintela. Aínda que a situación afecta ós dous modelos, Sogama conta, para os ecoloxistas, con dúas diferenzas importantes: o apoio da Xunta -socia maioritaria da planta- e o "prezo político" polo tratamento do lixo. "En Sogama, a metade do lixo incinérase pero a outra vai ó vertedoiro, polo que o complexo de Cerceda cobra por un servizo que non presta", apunta Quintela. Segundo as estimacións da FEG, se Sogama tivese que devolver os cartos do que non trata entraría en quebra: "Tería que devolver uns 25 millóns de euros".

A compostaxe, pola contra, afrontaría o custo real do tratamento pero, á irresponsabilidade dos concellos, súmase a falta de apoio da Administración. Esta situación faise evidente non só no futuro Plan de Residuos 2010-2020 -no que se aposta decididamente pola incineración coa apertura dunha segunda planta no Sur da comunidade-, senón no convenio que acaba de asinar con Ecoembes, polo que a empresa sen ánimo de lucro deixará de recoller -e polo tanto de pagar- o material recuperado que exceda a media estatal. Esta decisión deixará á planta de Lousame con 650.000 euros menos ó ano.

A de Lousame, a planta máis eficiente do Estado

Analizada á situación económica, queda por ver a eficiencia. Velaquí, os resultados da compostaxe son indiscutibles, cunha eficacia de recuperación de residuos catro veces maior que o complexo de Cerceda. Así o rebela o informe A recollida selectiva en Galicia, elaborada por Adega tomando como referencia o Documento de Inicio do Plan de Xestión dos RSU de Galicia 2010-2020 da Xunta e que constata que no ano 2008, as plantas de Nostián e Lousame reciclaron o 32% dos residuos sólidos urbanos dos 472.000 habitantes adscritos a este modelo. Fronte a esta porcentaxe, os 2.300.000 galegos pertecentes a Sogama só reciclaron o 8% total dos residuos. E das dúas opcións de compostaxe coas que conta Galicia, a do Barbanza eríxese na máis eficiente do Estado, triplicando a cifra media de recuperación de residuos por habitante. Cos datos na man, a FEG remata o debate: "A elección segue a estar clara. A compostaxe é a única fórmula de futuro para tratar os nosos residuos".

A CLAVEA compostaxe caseira pode aplicarse nun terzo dos fogares

Un total de 10.000 fogares de toda Galicia teñen, nestes momentos, un composteiro co que converter os seus residuos en fertilizante de alta calidade. Falamos da compostaxe caseira, unha terceira vía para tratar o lixo que se fai especialmente atractiva nas zonas rurais. O propio futuro Plan de Residuos recolle a súa potenciación, que nestes momentos corre a cargo de dúas asociacións ecoloxistas: Adega e Amigos da Terra, ademais de iniciativas puntuais dalgúns concellos -como Piñor ou a Illa de Arousa- ou dalgunhas promovidas dende Sogama.

A pesar de que o modelo cobrou forza nos últimos tempos, a análise do movemento ecoloxista lévao a afirmar que a compostaxe caseira podería aplicarse ata nun terzo dos fogares galegos. "Contamos cun gran potencial que está a ser desaproveitado", afirma María Lafuente, responsable dos proxectos de compostaxe caseira de Adega, quen solicita que esta deixe de ser unha mera ferramenta de educación ambiental a ser unha ferramenta de xestión de residuos. Mentres, Adega está a aumentar a proxección da compostaxe, trasladándoa dos fogares a urbanizacións, parques e comedores escolares.
OS DATOSAta un 85% das vilas queiman

O 85 por cento dos concellos galegos están adscritos ó modelo Sogama, con capacidade para queimar unhas 500.000 toneladas de residuos. As outras 400.000 de media que chegan a maiores son depositadas no vertedoiro da Areosa. O 15% restante -Barbanza e área metropolitana da Coruña- envía o lixo ás plantas de compost.

Nostián e Servia, líderes en envases

Ademais de reciclar máis materia orgánica (0,25%) que o complexo de Cerceda, Nostián e Servia reciclan ata 9 puntos máis en canto a vidro, 4 no referido a papel/cartón e 31 máis en envases segundo a análise feita por Adega. Deste xeito, a pesar de recibir o lixo procedente do 85% dos concellos, Sogama só é capaz de reciclar un 8% do total.

Outra incineradora e oito de reciclaxe

Galicia terá unha segunda incineradora en 2017, perpetuando a queima como piar da xestión do lixo da comunidade. O Plan o Plan de Residuos 2010-2020 tamén abre a porta á compostaxe, coa coa posta en marcha de oito novas plantas nas catro provincias, con capacidade para tratar 200.000 das 900.000 toneladas actuais.
Fuente y autor: R. FERNÁNDEZ /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg