Economistas

Malestar sindical polas "formas" na entrega dos papeis do ERE das caixas

Representantes das caixas, encabezados polos responsables de recursos humanos, entregáronlle onte ós sindicatos a documentación sobre o expediente de regulación de emprego (ERE) a través do que se fará o recorte de 1.200 empregos previsto coa fusión. A cita foi no auditorio cultural de Caixa Galicia en Santiago -elixiron unha sala grande, dado que estaban convocados máis de douscentos delegados sindicais- e os responsables das dúas entidades de crédito fixeron entrega dun CD coa memoria explicativa do ERE, os motivos, a información económica e outros documentos para dar cumprimento ós requisitos legais establecidos nestes procesos. As partes están convocadas para un segundo encontro o vindeiro mércores.

Os representantes de CIG, UXT e Csica manifestaron o seu desacordo coa forma de presentar a documentación e queixáronse de que non se entregase en papel. Así mesmo, o responsable de CIG-Banca, Clodomiro Montero, advertiu de que estudará cos servizos xurídicos a posibilidade de impugnar este primeiro acto. Tanto Juan Quicler (de Csica) como José Ramón de Prego-Valdés censuraron as "malas formas" dos directivos. "Foi unha tomadura de pelo", queixouse o representante de UXT, que avanzou a intención desta formación de non acudir á próxima reunión en sinal de protesta.

Pola súa banda, o voceiro de Comisións Obreiras na negociación no neste proceso de extinción de empergo, Luis Mariño, indicoulle a Europa Press que, dado o volume de información recompilado, sintetízase no CD". "Simplemente é unha reunión multitudinaria para recoller a documentación e iniciar o proceso", sinalou e matizou que se trata dun acto "formal e preceptivo legalmente".

Así, explicou que os sindicatos que o consideren poderán presentar as súas alegacións. Para a aprobación final do ERE, que lle corresponde ó Ministerio de Traballo, previa consulta á Xunta, é necesario un informe favorable da maioría sindical, agregou Mariño, que considerou que o aval de CCOO e Csica -as dúas organizacións que asinaron o pacto laboral e que representan ó 65 por cento do persoal conxunto de Caixa Galicia e Caixanova- sería suficiente.

Por separado para cada unha das entidades

O expediente prepárase "por separado por cada entidade pero para aplicación desde a entidade única", pois a caixa fusionada non está formalmente constituída. O obxectivo do proceso é "acelerar os prazos" para que todas as partes da fusión culminen canto antes. "O acordo laboral ten unha maioría estable", concluíu. Dende Comisións Obreiras, a pesar de que se queixaron de que as formas os perden -ós directivos das caixas- e fallouse na educación á hora de entregar a documentación do ERE", sinalouse que non hai cambios na postura deste sindicato respecto do pacto laboral, aínda que "hai algunhas dúbidas" que resolver.


Manifestación contra o recorte

A CIG convocou unha protesta á hora da reunión, á que asistiron, segundo o propio sindicato, ao redor de medio centenar de delegados de persoal, que manifestaron o seu descordo co ERE e a forma de abordar o recorte de persoal nas caixas. O acordo, dixo Clodomiro Montero, afecta as condicións dos traballadores que permanecerán na caixa fusionada e busca un "desmantelamento para a privatización" da entidade que resulte da unión. Ademais, criticaron que os directivos de Caixanova "subiron o soldo", a pesar de "estar despedindo xente".
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg