Mar Barcón di que a Xunta "é a gran desaparecida" na estratexia aeroportuaria galega
A portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Mar Barcón defendeu, onte no Pleno da Cámara, unha Proposición para que a Xunta impulse e deseñe, dende as súas competencias, un plan de apoio os tres aeroportos galegos co fin de complementar as actuacións e investimentos do Goberno de España neste eido. O PP rexeitou esta proposta.
Na súa intervención Barcon lembrou a creación do Comité de Rutas, por parte do Ministerio de Fomento, encargado da coordinación das estratexias de cada un dos aeródromos galegos. Subliña que o Goberno de Feijoo "rexeitou traballar polo ben común", xa que decidiu negociar de maneira unilateral convenios coas compañÃas de baixo custe", pero advirte que esta "xogada polÃtica resultoulle fallida".
Por iso preguntouse "cal é a función do Goberno Galego, para que sirve?, insistiu. Xa que denunciou que non foi capaz de impulsar unha soa iniciativa para promocionar e impulsar o sistema aeroportuario galego. Canta inutilidade hai neste Goberno", dixo. E emprazou ao Presidente do Comité de Rutas (que é o Conselleiro de Industria) a presentar un Plan para Galicia. Reclamou a Xunta que lidere, deseñe e asuma responsabilidades. Asevera que "os slogans da Xunta solo serven para que as hemerotecas nos devolvan o recordo dos anuncios dun Goberno inútil".
Barcon denuncia que 14 meses despois "os feitos demostran que, malia que todo se moveu, o Goberno galego sigue anclado no mesmo sitio", espetou.
A portavoz asevera que os investimentos comprometidos no seu dÃa polo Goberno de Zapatero están desenvolvendo as obras máis importantes da historia dos nosos aeroportos. E advirte que podemos comprobar como, "malia a crise e a competencia do Sá Carneiro, os aeroportos galegos teñen incrementado o número de pasaxeiros neste ano e meso o mes de outubro resultou especialmente bó", relata.
Asà as cousas afirma que "a maiorÃa dos elementos que se precisan para dar un pulo definitivo ó sistema de aeroportos galegos están funcionando, excepto a Xunta de Galicia". Asegura que o Goberno de Feijoo mantense no mesmo punto do ano pasado "evitando asumir as súas competencias, errando na xestión e no concepto e tentando diluÃr as súas responsabilidades", insistiu. Barcon replica que o Goberno da Xunta é incapaz de xestionar e a súa estratexia basease en buscar noutro lado explicacións alleas á súa propia incompetencia.
Plans Directores dos aeroportos galegos contan con 389 millóns de euros
A deputada socialista contrapuxo os investimentos do Goberno de Zapatero coa inacción do Goberno de Feijoo. E lembrou que os Plans Directores dos aeroportos galegos elevarán a 389 millóns de euros a cantidade global dos investimentos nesta Lexislatura. Coas cifras na man sinala que o esforzo inversor do Goberno de España nesta Lexislatura supón un incremento do 423% respecto á anterior, e multiplicará por dez o que investiu aquel goberno de Aznar. A maiores explica tamén que para o vindeiro ano Fomento anunciou o seu compromiso de axustar as taxas de navegación cunha diminución do entorno do 8%, co fin de facelos máis competitivos e manter conxeladas as taxas de aproximación.
O papel dos Concellos
Tamén salientou o papel que están xogando os concellos galegos no desenvolvemento do potencial dos aeroportos; financiando determinadas rutas, asumindo a promoción e difusión das cidades e dos servicios aeroportuarios das mesmas e mellorando a conectividade dos mesmos.
Mar Barcon dixo que a gran desaparecida desta estratexia aeroportuaria é a Xunta de Feijoo. Xa que asegura que "é incapaz de planificar a medio e longo prazo un mapa de rutas que melloren a capacidade dos nosos aeroportos". E agora recorta de novo os orzamentos dedicados ós vós de baixo custe. E resume " a Xunta non foi máis que un convidado de pedra no Comité de Rutas que preside, e é un verdadeiro estorbo para as oportunidades do sistema aeroportuario galego".
Argumenta que o desenvolvemento do sistema aeroportuario galego debe facerse tendo en conta os obxectivos vocacionais de cada un dos aeroportos, de mercado e o aproveitamento de oportunidades.
E concluÃu esiximos ó Goberno galego que faga o que non fixo "que asuma a súa responsabilidade de goberno e respalde o desenvolvemento dos nosos aeroportos, e que abandone esa idea pacata e empobrecedora dunha "Galicia única" con unha única Universidade e tres campus, cun sólo aeroporto e tres pistas e, como non, cunha única cidade e un único alcalde que é Núñez Feijoo", espetou.




