Economistas

Nunca máis privado

"Esta é a resposta ó berro de socorro da sanidade pú­blica ante a política sanita­ria (da Xunta), que está a deteriorar e a facer invia­ble o sistema como paso previo á súa privatización", advertía onte desde o palco instalado na Quintana o voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, po­co antes de que se puxese fin, sobre a unha e media, á manifestación convocada pola plataforma. Durante a protesta fíxose énfase na crítica ó modelo de fi­nanciación mixta, con capi­tal privado, para construír os novos hospitais de Vigo e Pontevedra, que, advertiuse, comprometerá de forma irreversible as con­tas do sistema sanitario.

Voceiros de SOS de distintos puntos de Gali­cia denunciaron ademais desde o palco as deficien­cias, promesas incumpri­das e desmantelamentos de servizos sanitarios que lle achacan a Sanidade, des­de a Mariña lucense ata O Salnés.

Martín pechou a quenda de discursos, iniciado por Pa­tricia Vázquez, a encargada de animar o ambiente mentres seguía entrando na praza parte dos ci­dadáns que se sumaron á protesta. "¡Non imos permitir que ninguén fa­ga negocio coa sanidade!", arengou a actriz cómica re­sumindo unha das mensaxes dos manifestantes á Consellería de Sanidade.

A cola para atravesar a Porta Santa na praza difuminábase entón, en­gulipada por veciños de to­das as áreas sanitarias de Galicia que, desafiando a choiva, lle esixiron ó Executi­vo de Feijóo que dea marcha atrás na "barbarie priva­tizadora" da sanidade.

SOS Sanidade Pública anunciara a convo­catoria como un intento de reeditar o éxito de Nunca Máis. Estivo lonxe de lograr o seguimento da histó­rica protesta tras o afundimento do Prestige, pero si fixo notar unha moi nu­trida concorrencia polas rúas do ensanche e o centro histórico. Segundo os or­ganizadores, foron unhas 40.000 persoas. A Poli­cía Local non facilitou unha es­timación de participantes. Entre eles estiveron os líderes do PSDEG, Manuel Vázquez, e BNG, Guiller­me Vázquez, e os sindica­tos CIG, CCOO e UXT, que se sumaron a asociacións veciñais e as 15 platafor­mais de SOS.

Nunca Máis tamén se escoitou nas consignas, co engadido, por supos­to, de privatización, e tam­én nas comparacións sobre o dano que, na opinión dos convocantes, supón para Galicia a estratexia do departamento de Pilar Farjas, caricaturizada nalgunha pancarta ó Bin Laden como "A conselleira talibá. Bin. Farjas". "Esta é unha nova marea de chapapote, pero non afecta só á costa, se­nón a toda Galicia", compa­rou Patricia Vázquez.

A manifestación arrincou da Alameda compostelá entre proclamas de "O público é servizo, o privado é beneficio" e "Non, non, non, á privatización" , así como consignas contra o presidente da Xunta como: "Feijóo ti es culpable".

A chuvia respectou a manifestación ata o discurso final do voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública, Martín García, quen previamente, en declaracións aos medios, lle pediu a sociedade galega "un grande esforzo", "por enriba da ideoloxía política", para acabar coa redución "drástica" do gasto público.

A RESPOSTAO Sergas, rotundo: "É e será 100%" para todos

A xerente do Servizo Galego de Saú­de (Sergas), Rocío Mosque­ra, vinculou onte a marcha de SOS Sanidade Pública a "intereses políticos ou á proximidade das eleccións" municipais e quixo contrarrestar a mensaxe reiterada polas rúas de Santiago recalcando que a sanidade galega é "cento por cento pública" e que os futuros hospitais de Vigo e Pontevedra, a pesar da fórmula de financiamento mixto que se utilizará pa­ra a súa construción "son e serán cen por cento públi­cos".

"Toda a atención será prestada polos profesio­nais do Sergas", subliñou Mosquera durante a súa visita ó Hospital Lucus Augusti, que empezará a funcionar hoxe mesmo. "Os confli­tos políticos ficticios xe­rados por intereses que non son os dos pacientes e profesionais só reper­cuten negativamente neles", engadiu. Sobre a posta en marcha do Hospital Lucus Augusti, Mosquera destacou que colocará Lugo "á vangarda sanitaria" os próximos 50 anos, e será un dinamizador da economía da cidade.
REACCIÓNSPSdeG: "É a fin do Benestar"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, encabezou a representación dos socialistas galegos, e expresou unha "inmensa preocupación por como o Goberno galego tenta desmantelar un dos piares básicos do sistema de benestar". Así, deixou claro que "milleiros de cidadáns a título persoal e representados en diversos colectivos, estamos aquí para esixirlle a Feijóo que deixe de ser o inimigo público número un da nosa sanidade".

BNG: "Hai que frealos en seco"

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, esixiu durante a manifestación "frear en seco" a política "privatizadora" e de "dilapidación de diñeiro público" do Goberno de Núñez Feijóo, ó tempo que outorgou "un alto e claro si" á sanidade pública. Neste sentido, criticou que as actuais políticas sanitarias da Xunta "darán peor prestación de servizos no futuro", mentres que tamén valorou a mobilización de "miles de persoas".
Fuente y autor: I. CASAL/Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg