O PSOE pide a dimisión de Farjas polas oposicións do Sergas

O secretario xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez, asegurou onte que a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, "ten que dimitir" polo "escándalo" que supón as "irregularidades" detectadas nas oposicións do Servizo Galego de Saúde (Sergas). "Pero aquà non dimite ninguén!", criticou. "Esta muller é moi relixiosa, moi católica, pero conta moitas mentiras", afirmou Vázquez con referencia a Pilar Farjas, a quen reprobou que "mente" nos datos das listas de espera e os seus "chanchullos" no departamento que dirixe. Respecto diso, considerou que a ConsellerÃa de Sanidade se parece "moitÃsimo" á Deputación de Ourense, "onde entran todos os familiares e amigos". Tras coñecer que un opositor participou na corrección do seu propio exame e logrou a segunda mellor nota do seu grupo administrativo e que a súa irmá obtivo a puntuación máis alta, o lÃder do PSdeG ironizou con que son "uns cracks", do mesmo xeito que o marido da anterior subdirectora xeral do Sergas, Rosario GarcÃa Villadangos, que, xunto coa cuñada deste, lograron dúas das mellores notas entre máis de 10.000 opositores. "Xa non me sorprende que un opositor corrixa o seu exame, xa o vimos e está comprobado, o que máis me sorprende é a postura da conselleira", sinalou, á vez que advertiu á titular de Sanidade que "dicir que non hai irregularidades é insultar a intelixencia dos todos os galegos".
Carga contra a falta de fiabilidade da Xunta
O dirixente socialista proseguiu coas crÃticas a Farjas para, en ton irónico, recordar que "defende os valores da unidade de España" á vez que "descobre a soberanÃa nacional medicamentaria", con alusión á súa proposta de catálogo de fármacos propio para Galicia.
Neste escenario, concluÃu que "os problemas" da Administración sanitaria autonómica son "un clamor en toda Galicia", xa que "hai un presidente que non xestiona a sanidade e que non controla unha conselleira especialista en meterse en charcos". Do mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, criticou que chegue "defendendo que Ãa achegar ética e transparencia ó Goberno". "Pois vaia transparencia!", sentenciou Vázquez.
Fuente: GAlicia hoxe




