Economistas

O Sergas pinta mal

O presente e futuro do Sergas pinta mal, ou polo menos, así o considera Manuel Martín, o presidente da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, quen, sen dubidar, vaticina que "nun prazo de dous ou tres anos se vai producir o colapso económico e a insostibilidade da sanidade pública galega". Isto pode derivar, asegura, en algo que "xa está pasando en Valencia e en Madrid, onde cada vez se oen máis voces dicindo que como o sistema non é sostible economicamente haberá que acabar coa gratuidadade da asistencia tal e como hoxe a entendemos". O escenario é tremendamente preocupante e xa o veremos", advirte.

Martín asegura que as situacións de deterioración son palpables. "Por exemplo, as listas de espera estanse pechando e maquíllanse como poden; o malestar nos centros de atención primaria é manifesto debido á paralización do plan de mellora; e nos hospitais, programas que estaban funcionando de detección precoz de cancro e tratamento están paralizados", denuncia.

En efecto, desde que un paciente vai ó seu médico de cabeceira por unha doenza que lle fan as probas pertinentes, lle dan os resultados e se lle prescribe un tratamento poden pasar, nalgúns casos, anos. E ante esta situación, a pregunta é: Está perdendo a súa utilidade a sanidade pública e realmente está en risco este sistema? Por onde pasa a solución?

Para Martín, a sanidade pública non pode deixar de ser útil e advirte de que "a cidadanía non podemos pagar co noso diñeiro esta atención". Neste sentido, amósase totalmente contrario a un hipotético sistema de co-pagamento como solución para mellorar a sanidade e exemplifícao. "En Norteamérica hai corenta e pico millóns de persoas sen dereito á asistencia sanitaria e supón unha mortalidade de 200.000 ó ano, ademais de ser a principal causa de ruína familiar", asegura, para engadir que "o copago non ten ningún sentido, xa que é unha taxa á enfermidade que afecta ós sectores economicamente máis débiles. A pensión media galega dos xubilados é de menos de 600 euros ó mes, se de aí temos que detraer pagos para medicamentos ou para o médico non lles chega para vivir", calcula.

Non obstante, Martín si que ve con mellores ollos un posible aumento dos impostos para financiar mellor o Sergas. "Sempre que sexa de xeito progresivo e que o que máis diñeiro gaña pague máis impostos e o que menos pois case nin pague", matiza.

Ante todo, Martín chama a "volver á racionalidade". "Somos o país de Europa que ten menor gasto público, somos o país que menos gasto sanitario temos de toda a UE desenvolvida, somos o país que menos presión fiscal ten e onde os impostos están peor repartidos. A clase media, os que viven dun salario, son os que están pagando e mantendo o sistema, e mentres, ós sectores con máis capacidade económica quitáronlles o imposto e patrimonio, o imposto que grava a actividade industrial, etc, etc, non parece razoable. Se queremos manter o noso sistema sanitario hai que capitalizalo, meterlle diñeiro, e iso pasa por que os que non están pagando nin un duro, que son os que máis diñeiro teñen, empecen a pagalo", conclúe.

Outra saída importante, segundo el, tamén pasaría por reducir o gasto farmacéutico a través de máis xenéricos, e por acabar coa "irracionalidade", xa que, calcula, "o 40% das probas diagnósticas que se piden carecen de xustificación científica e o 30% dos tratamentos tamén. "Hai que mellorar a calidade da asistencia, hai que garantir a integralidade, hai que mellorar a atención primaria para que non teña que derivarse ós hospitais a moitos pacientes e a atención preventiva está baixo mínimos porque se lle está quitando o diñeiro tamén. Nin se fai prevención nin nada e isto haino que cambiar, porque senón a Primaria vaise colapsar", conclúe.

Precisamente, a presidenta da Sociedad Española de Directivos de Atención Primaria, Marta Aguilera, reclamou onte unha maior participación destes profesionais no deseño da nova estrutura deste servizo asistencial por parte das comunidades autónomas, coincidindo co inicio na Coruña do XIII Congreso da SEDAP, que se prolongará ata mañá no Palexco.

Manuel Martín

Presidente da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

"Hai que poñer fin á irracionalidade. O 40 por cento das probas diagnósticas que se piden carecen de xustificación científica e o 30% dos tratamentos tamén"
Fuente y autor: ROSABEL CANDAL /Galicia Hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg