Obama, ante o posible revés na reforma de saúde

A guerra declarada polos republicanos de EEUU á lei de reforma de saúde impulsada polo presidente Barack Obama atopou un aliado na posibilidade de que un xuÃz federal a declare inconstitucional o próximo mes, informou onte a edición dixital de The New York Times. A medida, promulgada por Obama o pasado marzo tras meses de rifada pelexa no Congreso, atópase baixo revisión nun tribunal federal en Richmond (Virxinia).
O xuÃz desa corte, Henry E. Hudson, prometeu que decidirá "para finais do ano" sobre a constitucionalidade da cláusula da lei que esixe que todos os estadounidenses teñan seguro médico, a cal non entrará en vigor ata 2014. Segundo o diario, a administración de Obama confÃa na constitucionalidade desa cláusula, aÃnda que algúns dos seus funcionarios recoñecen que o xuÃz mostrou un "escepticismo" nos seus comentarios que fai presaxiar un posible mandato contra a lei.
Tras as eleccións lexislativas do 2 de novembro, a nova maiorÃa republicana na Cámara de Representantes converteu o rexeitamento á reforma de saúde nun dos primeiros obxectivos na súa axenda, cunha estratexia que se enfocará previsiblemente en cortar o fluxo de fondos para a medida. A posibilidade de que triunfen as demandas contra a lei que os republicanos presentaron en ducias de cortes federais de todo o paÃs engadirÃa unha traba inmediata á medida, segundo explica o xornal. "Calquera mandato contra a lei crearÃa un novo problema de relacións públicas para os demócratas, que terÃan que volver vender os beneficios da lei ós estadounidenses asegurados", explicoulle ó The New York Times Jonathan Oberlander, un experto en polÃtica da Universidade de Carolina do Norte.
Fuente: efe




