Economistas

Os bosques galegos, os máis ameazados

Oitenta e oito hectáreas de castiñeiros tricentenarios, ameneiros e freixos situadas en pleno corazón do Courel constitúen o Souto de Santa Eufemia, paraxe de singular beleza e rica biodiversidade que acaba de facerse co premio ó Bosque do Ano Ameazado que outorga a ONG Bosques sin Fronteras e o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Galicia convértese, por terceiro ano consecutivo, na comunidade co ecosistema forestal en maior perigo, tras o recoñecemento en 2008 ó Bosque Casa Grande da Fervenza do Corgo e ó Pazo de Cascaxide (Silleda) en 2009. Se nestes casos, o motivo da ameaza era a corta ilegal de árbores centenarias, o que degrada o Souto de Santa Eufemia -situada no localidade de Folgoso do Courel- non é outra que a actividade da coñecida louseira da Campa, que dende a súa posta en funcionamento hai vinte anos acabou con 52 hectáreas do bosque, cuxa extensión orixinal ascendía a 140.

Á hora de outorgar o premio desta categoría, o xurado non tivo dúbidas. Ademais da desaparición de parte do ecosistema, a louseira e a súa entulleira destruíron, ocuparon e contaminaron un quilometro do río Loruda e das súas riberias, converténdoo nun xigantesco depósito de millóns de toneladas de entullos. "De todos os que se presentaron, era, con moito, o que estaba máis ameazado", asegura Susana Domínguez Lerena, presidenta da ONG Bosques sin Fronteras. A presenza de importantes indicadores biolóxicos e de exemplares de árbores autóctonas de máis de trescentos anos acabaron de decantar para o Souto de Santa Eufemia unha distinción que ten como obxectivo chamar a atención sobre a degradación que sofren os ecosistemas forestais existentes no Estado.

A de "bosque ameazado" non é a única categoría que contemplan os premios da ONG, mais é a única na que o galardón sempre vai parar a unha paraxe galega. O porqué é moi evidente para Domínguez Lerena: Galicia é das poucas comunidades onde segue existindo unha forte actividade económica no medio forestal que, pese ás súas consecuencias, non é discutida pola poboación. "A sociedade galega está moi vinculada a ese aproveitamento que se fai do monte, xa sexa a través da industria madereira, mineira, eólica...", asegura esta enxeñeira forestal. A situación pode constatarse sobre o terreo, co Courel afectado polas louseiras e as Fragas do Eume e do Pico Vello ameazadas por unha mina de andalucita, a Serra do Xistral salpicada de eólicos e a metade dos montes -coma os anteriores premiados- afectados pola corta de árbores.

Susana Domínguez engade unha segunda circunstancia intrínseca á realidade galega: a dificultade das Administracións para xestionar un monte excesivamente fragamentado e en mans dun número ilimitado de particulares. "A superficie forestal galega é de curta extensión e xestionada maioritariamente por particulares, polo que os Gobernos o teñen moi difícil á hora de actuar", afirma Domínguez quen, lonxe de achegarlle unha escusa á Administración para non actuar a prol da conservación dos montes, apunta unha circunstancia "exclusiva de Galicia e moi difícil de superar por parte de calquera goberno, xa que se precisa dun cambio de mentalidade por parte de toda a sociedade".

Non obstante, dende a ONG Bosques sin Fronteras apréciase un cambio de paso nos últimos anos que dá pé a un divorcio entre a sociedade galega que mantén esa tradición e os que piden afastar as prácticas depredadoras dos ecosistemas forestais. É neste contexto onde Domínguez gaba que as candidaturas galegas sempre partan dos propios propietarios dos bosques, que deciden, así, dar a coñecer a súa realidade e poñelos en valor. Ese foi o caso do bosque do Corgo e de Cascaxide, e tamén o do Courel, xa que a iniciativa partiu dunha parte dos propietarios do souto, representados a través da asociación ecolóxico-cultural SOS Courel. "Galicia é pioneira en reinvidicar a riqueza do seu patrimonio, que segue a ser dos máis ameazados do Estado", apunta a presidenta de Bosque sin Fronteras, quen destaca o esforzo da xente que, "entre fortes presións e con todo en contra", decide denunciar a situación na que se atopa o medio.

As palabras de de Domínguez Lerena definen perfectamente o motivo que levou a SOS Courel a presentar o Souto de Santa Eufemia ós premios da ONG e Ministerio: "Só queremos que se entenda o problema do Courel, con castiñeiros centenarios botándose abaixo como consecuencia dunha actividade económica prexudicial e ilegal", apunta Orlando Álvarez, presidente da asociación courelá. Álvarez refírese, así, a louseira que trae de cabeza a parte dos habitantes do Courel, que conseguiron en 2002 unha orde de peche -confirmada polo Supremo-. A pesar diso, a louseira segue traballando -conta actualmente con 80 empregados, tras o recente despedimento de 40- "sen licenza de apertura e incumprindo a declaración de impacto ambiental, que advertía da necesidade de conservar o río Loruda, actualmente afectado", segundo denuncia Álvarez.

Ante esta situación, dende SOS Courel vólvese cargar contra a política de conservación da natureza -departamento dirixido por Ricardo García-Borregón e dependente da Consellería de Medio Rural-, á que acusan de primar os intereses da industria, nomeadamente madereira, fronte á riqueza ambiental. A demostración produciuse, segundo Orlando Álvarez, na propia entrega de premios de Bosques sin Fronteras, á que García-Borregón acudiu para recoller o premio á "Árbore do Ano", que recaeu no eucalipto coñecido como o "avó de Chavín" que, cos seus 126 anos e 71 metros de altura, é considerado o máis alto de Europa. "A Xunta foi conseguir 2.000 euros para conservar un eucaliptal mentres que soutos autóctonos como o do Courel esmorecen co seu consentimento", denuncia Orlando Álvarez, quen advirte de que o bosque de Chavín contará con pasarelas de madeira para non afectar ás árbores mentres as escavadoras entran sen pudor nun espazo de maior valor.

A EXPERTA
Domínguez: "O Courel é o máis impresionante que vin nunca"

"O Courel é un dos espazos naturais máis impresionantes que vin nunca". Así de expresiva se mostra Susana Domínguez Lerena, enxeñeira ambiental e presidenta da ONG Bosques sin Fronteras, quen destaca a existencia dun alto número de indicadores biolóxicos en escasos metros que fai obrigada a súa conservación, ademais da presenza de castiñeiros centenarios moi difíciles de atopar. A pesar de non coñecer en persoa o souto, Domínguez destaca a unanimidade do xurado á hora de concederlle o galardón: "Practicamente todos os membros o coñecían e sinalárono como un bosque digno de conservar".
Fuente y autor: R. FERNÁNDEZ /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg