Economistas

Os novos "sen teito"

Logo_Web[1].jpg

O perfil das persoas sen fogar en Galicia experimentou un cambio e incrementouse esta circunstancia entre mulleres, novas e estranxeiros nos "últimos tempos", debido á crise económica. Así o recolle un informe elaborado de oficio polo Valedor do Pobo e cuxo máximo representante, Benigno López, deu a coñecer onte xunto coas 20 recomendacións que fixa para as administracións local e autonómica.

En roda de prensa, e tras entregar este documento á xefa do Lexislativo, Pilar Rojo; Benigno López chamou a atención das distintas administracións para "mellorar a atención" do colectivo de persoas en risco de exclusión social, polo que demandou unha dotación orzamentaria acorde coas necesidades e unha "maior coordinación", extremos ambos os que incluíu nas recomendacións dadas.

Así, segundo o informe presentado, nos últimos tempos producíronse "lixeiras mutacións" ó experimentarse unha "tendencia cara á feminización, estranxerización e rebaixa na idade dos afectados". "Naceu unha nova xeración de persoas sen teito, de novos pobres", constatou o alto comisionado.

Neste sentido, explicou que se contan nese grupo presentas que "creceron inxerindo substancias estupefacientes, estranxeiros que no seu día permaneceron refuxiados en centros de protección, adictos ó xogo, e persoas da terceira idade que viven en soidade".

Concretamente, as cifras apuntan a que o perfil maioritario de persoas sen teito en Galicia segue sendo un home (o 80 por cento), con 45 anos de idade media, solteiro (no 40 por cento), con fillos, e inmigrante (no 35 por cento dos casos, aínda que é do 50 por cento na media estatal).

Acerca dos estranxeiros, o Valedor recalcou o menor grao de inmigrantes sen fogar en Galicia fronte ó conxunto do Estado, pero hai que ter en conta que a comunidade galega é tamén das zonas con menos taxa de poboación estranxeira. O valedor do Pobo explicou que existen dificultades para solicitar información, posto que non existe un censo de persoas que pasan a noite na rúa, o que "impediu" levar a cabo unha avaliación cuantitativa, así como porcentual, como explicou na quenda de preguntas. De feito, a segunda das 20 recomendacións que realiza o alto comisionado reclama á Consellería de Traballo e Benestar que elabore un estudo-diagnóstico sobre as persoas sen fogar e recursos de atención, o cal, considera, "permitiría coñecer cualitativa e cuantitativamente a poboación afectada".

A este respecto, argumenta que, na medida en que se coñeza mellor a realidade das persoas sen fogar, as súas carencias e as súas necesidades, "mellor se intervirá e mellores resultados obteranse para reducir a súa vulnerabilidade".

Ademais, o Valedor do Pobo conclúe que é "necesario alimentar" as políticas da Renda de Integración Social (Risga) e as Axudas de Urxencia Social (AES), esixindo "controis" sobre o seu cumprimento. Outra das accións que deben levar a cabo é en materia de vivenda, segundo as recomendacións do alto comisionado, que pide un "plan de acceso á vivenda idóneo".

Así, insta á Medio Ambiente, que "faga efectivo" o dereito constitucional de dereito á vivenda e promova "alugueres accesibles".

A súa esperanza de vida redúcese en vinte e cinco anos

O Valedor do Pobo advirte de que se estima que a esperanza de vida das persoas sen fogar chega a ser 25 anos inferior que a do resto da poboación e recorda que moitas destas persoas, a pesar de que o sistema de saúde é público, non acoden ó médico por falta de recursos para pagar medicamentos. Por iso, cre "conveniente" que a Consellería de Sanidade estude a creación de servizos sociosanitarios específicos para atender esta poboación, tanto no tempo de convalecencia como de desinstitucionalización. O Valedor entende, así mesmo, que a atención á enfermidade mental "precisa que a consellería estude a creación de recursos psicolóxicos e psiquiátricos adecuados". Polo seu lado, ós concellos das cidades galegas recoméndalles que promovan a existencia de albergues para as persoas sen fogar, propios ou concertados. Ademais, pídelles que "asuman a coordinación e o liderado" dos recursos de atención ás persoas sen fogar, xa sexan públicos ou concertados.

USUARIOS DO CENTRO VIEIRO "CALOR E CAFÉ" Os indixentes din estar "angustiados" e "aburridos"

O Centro Vieiro, (Costa Vella, 12) é un dos catro que existen en Santiago de Compostela que lles presta o seu apoio ás persoas que así o solicitan. Como consecuencia da crise económica, o centro vén acollendo persoas con perfís moi diferentes, que van dende xente máis nova cunha certa preparación e que caeu no paro, portugueses que viven en furgonetas polos arredores e ata ex presidiarios (que tardan uns dous meses en cobraren o paro por excarceración). Un dos seus usuarios relata un día calquera da súa vida: "No suposto de que non durmise na dársena, ás 8,30 h saio do albergue e vou para a Cociña Económica a xantar; ao pouco diríxome a Calor e Café, onde podo participar nun taller e facer tempo ata as 13 h que volvo á Cociña Económica para xantar. Sobre as 13,50 h saio da Cociña e regreso a Calor Café. Alí estou ata as cinco, que abren a biblioteca de Caixa Madrid (onde hai aire acondicionado), ou, se é inverno, vou á biblioteca Casal que ten consigna e está preto de Calor e Café; tamén podo ir á Quintana se vai bo. Fago tempo -unhas 3 horas- ata as 20 h, que me dirixo á Cociña Económica para cear. De- seguido, se estou no albergue, quedo alí. Se durmo na dársena, marcho para controlar o meu sitio". "Estamos angustiados e aburridos, dunha pequena pedra podemos facer unha montaña".

Entre o amplo número de usuarios, e segundo se recolle no informe do Valedor do Pobo, destacan os indixentes que obteñen de 10 a 12 euros diarios pedindo na rúa e que van descansar ao centro. Estas persoas son propensas a non asistir a talleres nin a cursos, a pesar de que por asistencia perciben un pequeno incentivo económico de 6 euros. Algúns din que "...por 6 euros ao día que lles dan por curso van á porta do híper e sacan iso en 2 horas...".

En Vieiro prestan servizos de duchas, calor e café, lavandería (sen lavadora e consistente en lavadoiro e tendal), especie de consigna (andeis), acompañamento e xestións e desenvolven talleres manuais e de expresión literaria. É un centro de baixa exixencia, onde traballan cuestións básicas tales como hixiene e limpeza, nutrición, adherencia aos tratamentos, puntualidade. Como é sabido, é esa falta de habilidades un dos factores que fai que as persoas sen fogar en xeral non aguanten a incorporación a un traballo ou que se vexan despedidos del. De aí a utilidade dun centro como Vieiro para adquirir as habilidades que permitan a integración dos seus usuarios en estadios máis desenvolvidos.

Á fronte deste centro atópase unha experimentada e motivada psicóloga e persoal voluntario. Por non reunir as dimensións precisas, e carecer de sistemas de adaptabilidade para persoas con discapacidade, o centro non cumpre os requisitos legais para ser considerado como centro de día. Porén, os usuarios permanecen nun ambiente cálido onde pasan as súas horas "facendo cousas útiles para eles" .
Fuente: Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg