A Coruña segue a ser "a capital da toponimia deturpada" en Galiza

O grupo local da Mesa na Coruña anima a cidadanÃa a visitar a exposición fotográfica sobre toponimia galega castelanizada que estes dÃas -até o vindeiro 31 de decembro -se exhibe na Casa Museo Casares Quiroga.
A Mesa convida a "reflexionar" a través da mostra fotográfica sobre "o moitÃsimo que aÃnda queda por facer" para que as denominacións propias e oficiais dos nosos nomes de lugar sexan debidamente respectadas e empregadas, como determina desde hai case vinte e oito anos a Lei de normalización lingüÃstica no seu artigo 10, aprobada naquela altura no Parlamento de Galiza por acordo unánime de todas as forzas polÃticas.
A exposición TOPONIMIA GALEGA CASTELANIZADA é unha creación colectiva do profesorado e o alumnado do Equipo de Normalización e Dinamización LingüÃstica do IES Rafael Puga Ramón da Coruña que recolle, a través de fotografÃas, ducias de exemplos actuais de deturpacións toponÃmicas que persisten en espazos públicos de todo o paÃs. Na maiorÃa dos casos, estas mostras do que para A Mesa é unha forma de "feÃsmo lingüÃstico", equiparábel ao fenómeno do denominado "feÃsmo urbanÃstico", aséntanse sobre sinais e soportes instalados por diferentes administracións públicas.
A Mesa da Coruña parabeniza e louva a "extraordinaria e oportuna" iniciativa desenvolvida polo ENDL do IES Puga Ramón a partir do proxecto da profesora de Lingua e Literatura galega LuÃsa Diéguez, directora e coordinadora da exposición. "Proxectos normalizadores que procuran saÃr dos centros de ensino e ter divulgación social para axudar á reflexión e á toma de consciencia lingüÃstica son imprescindÃbeis", na opinión da asociación cidadá.
O grupo local da Mesa considera que a exhibición da exposición "debe mover á reflexión e tamén á acción". Para a entidade cultural, "as coruñesas e coruñeses non temos que ir lamentabelmente moi lonxe para vermos exemplos de toponimia deturpada" porque, segundo a entidade, malia os avances producidos nos usos formais da toponimia oficial nos últimos anos, especialmente no referido á denominación do nome da cidade e do municipio, "A Coruña segue a ser, con abismal diferenza, a capital da toponimia deturpada" en Galiza.
Para demostrar esta realidade e tamén para contribuÃr á ampliación da exposición, tal e como a directora e coordinadora da mesma propuña na súa presentación, A Mesa recollerá nos vindeiros dÃas, a través das súas socias e socios na cidade, exemplos fotográficos concretos de denominacións de nomes ben presentes na xeografÃa urbana da cidade que seguen sen se axustar á legalidade.
A asociación recorda que o rueiro e a xeografÃa coruñesa seguen "inzados" de nomes propios deturpados (principalmente, de rÃos e localidades galegas con presenza no nomenclátor oficial do casco urbano), ben como de deturpacións sistemáticas de nomes de barrios e lugares tradicionais da cidade que sempre tiveron a súa denominación en galego "delatando que, obviamente, A Coruña é unha cidade galega".
A Mesa da Coruña constata especialmente a "terrÃbel fraxilidade" da microtoponimia tradicional da cidade, sinaladamente das zonas situadas na periferia do casco urbano en vÃas de desaparición ou fonda transformación urbanÃstica, e por iso considera que "urxe pór en valor e uso" os nomes populares dos lugares e mesmo das casas, dándoos a coñecer e a "recoñecer" ás xeracións de coruñesas e coruñeses que "mesmo xa os usaron noutro tempo ou nunca os deixaron de usar na súa intimidade".
O labor de restauración e recuperación da toponimia e microtoponimia propia da cidade "é recuperar a historia colectiva da Coruña e a autoestima das súas xentes", conclúe a entidade.




