A Mesa proponlle a Feijóo que escoite o novo director da RAE, que defende a inmersión lingüÃstica e o uso oficial do topónimo A Coruña

A Mesa pola Normalización LingüÃstica considera que ao presidente da Xunta "lle farÃa moito ben" escoitar as palabras do novo director da Real Academia Española. Nunha entrevista, José Manuel Blecua defendeu o modelo de inmersión lingüÃstica no ensino como forma de potenciar a lingua propia e debilitada e, ademais, apoiou o uso oficial do topónimo A Coruña.
Para o presidente da Mesa, "parece mentira que o director da Real Academia Española, unha institución que historicamente tivo un papel refractario cara á diversidade lingüÃstica do Estado, amose unha sensibilidade cara á nosa cultura da que carece o actual presidente da Xunta".
Carlos Callón considera que o sinalado por Blecua a respecto da toponimia "ten unha enorme importancia, por provir da institución da que provén e polos debates periódicos que o PP galego abre contra o uso oficial dos nosos nomes de lugar". "É digno de contraste ver como o director da RAE defende o uso de A Coruña, tamén escribindo en castelán, mentres dirixentes do PP galego queren que se oficialicen as deturpacións dos nosos topónimos", incidiu.
No caso do ensino, Blecua referÃase en concreto na súa entrevista aos modelos xa aplicados con grande éxito e recoñecemento internacional en Cataluña. A ese respecto, A Mesa recorda que "segundo a Carta Europea das Linguas, subscrita polo Estado, eses modelos apoiados polo director da RAE deberÃan ser tamén aquà o camiño para garantir a formación dos nosos nenos e das nosas nenas no idioma propio do paÃs".
Carlos Callón concluÃu valorando que "xa que o presidente da Xunta non quere escoitar a voz alta e clara da Academia Galega cando lle recorda que non está a cumprir a súa obriga de defender o noso idioma, a ver se cando menos escoita o dito pola Real Academia Española sobre a promoción do noso idioma no ensino e o respecto á forma oficial xenuÃna dos nosos topónimos".




