Economistas

A nova caixa xa anda

O día D, a hora H. Iníciase o pri­meiro e atarefado día de vida da Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra. A caixa única para tres millóns de clien­tes, con presenza en toda Espa­ña e o 45% do mercado galego inicia o seu percorrido ás nove da mañá no Rexistro Mer­cantil da Coruña, onde será inscrita. Será a primeira entidade financeira que o faga en galego, nun feito histórico que permi­tirá o seu nacemento legal, para todos os efectos.

Tamén será a pri­mera vez que se reúna o seu consello de administración en Vigo, no que exercerá as funcións de pre­sidente Julio Fernández Gayoso e que contará coa asistencia do copresidente, Mauro Varela, do director xeral, José Luis Pego, e do director xeral adxunto exe­cutivo, Javier García de Paredes.

Desde primerísima hora da mañá, despois de que direc­tivos da entidade presenten os estatutos e a escritura da enti­dade asinada o luns en Compos­tela no rexistro herculino, os clientes de Caixa Galicia e Caixa­nova pasarán a ser un só nas súas mil trescentas oficinas. Os seus preto de dous millóns de tarxe­tas de crédito e débito operativas poderán utilizar tamén indis­tintamente, sen aboar comisión ningunha, os mil cincocentos caixeiros dos que dispón a suma das dúas caixas de aforros galegas.

Fontes da nova entidade confirmaron nun comunicado que, co seu rexistro na Coruña -onde estará a sede social- convértense para todos os efectos legais nunha soa, que terá, á fin da súa integración completa, máis de 1.000 sucursais, pois estiman o peche do ámbito de 300 oficinas (segundo as respectivas memorias de 2009 teñen 1.391 abertas na actualidade).

Deste modo, a nova caixa galega finalizou a primeira fase da súa integración tecnolóxica -o proceso completarase nos primeiros 18 meses do período de transición- e iso permitiralles ós clientes realizar as operacións máis habituais en calquera das oficinas dunha e doutra marca. As entidades explicaron que, ata o momento en que se produza a integración tecnolóxica plena, os centros de procesos de datos de ambas as dúas estarán "intercomunicados" para replicar cada día as bases de datos de clientes en todas as oficinas. Os empregados terán acceso á información de clientes tanto de Caixa Galicia coma de Caixanova e atenderanos con independencia da caixa de procedencia.


A primeira en escriturarse en galego

Ademais, a nova caixa será "a primeira entidade financeira en escriturarse en galego", segundo destacaron Caixa Galicia e Caixanova. Os seus directivos presentarán na nosa lingua ditos estatutos e a escritura no Rexistro Mercantil da Coruña, "un fito histórico que permite o nacemento legal da entidade".

A decisión de facer a escritura en galego constitúe "un xesto de respecto, arraigamento e compromiso non só con Galicia, senón tamén coa súa lingua e cultura, subliñaron as caixas, que insistiu que é a primeira entidade financeira que presenta o seu documento fundacional no Rexistro nesta lingua e "unha das poucas empresas que está constituída en galego, ademais de en castelán".

Os directivos quixeron "facer unha demostración do papel que lle adxudican ó galego, un paso cara a adiante desde os avances que, por separado fixeron nos últimos anos", agregan as dúas entidades. Entre a documentación que se entregará atopa a escritura de fusión asinada o luns en Santiago polos dous copresidentes, Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela.

OS DATOS
OK á saída de Reganosa

O vicevoceiro parlamentario do PPdeG Pedro Puy restoulle onte importancia á venda das participacións de Caixa Galicia e Caixanova na planta de Mugardos Reganosa, antes de advertir de que a "importancia" da nova entidade resultante da súa fusión para a armazón produtiva galega vai "moito máis alá" de que nunha operación concreta "se"desprendan dunhas accións ou non".

Competencia vixía o proceso

O presidente da Comisión Nacional de Competencia (CNC), Luis Berenguer, advertiu de que "hai mecanismos para actuar" sobre posibles "condutas anticompetitivas" se, nun futuro, o "reforzamento" de posicións que suporá a fusión de Caixa Galicia e Caixanova no mapa financeiro. Así, asegurou que estas operacións se aprobaron por parte do organismo "na súa primeira fase".
S. RIVEIRO/Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg