A paz chega ó AVE
A lea polÃtica que envolveu a chegada do AVE a Galicia nos últimos meses quedou enterrada tras a reunión de onte entre o ministro de Fomento, José Blanco, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que se ratificou a entrada do tren de alta velocidade á comunidade no ano 2015. O recorte orzamentario en infraestruturas decretado no Ministerio de Fomento non afectará, asÃ, ó AVE galego, xa que o Goberno licitará no primeiro trimestre do ano 2011 todos os tramos que aÃnda non se puxeran en trámite por un valor de 6.000 millóns. Para iso, Blanco recorre á nova fórmula de financiamento público-privado, que permitirá desligar as obras da alta velocidade galega de calquera partida orzamentaria que puidese atrasalas.
A reunión de onte, que tiña como obxectivo revisar os compromisos do Pacto do Obradoiro, serviu tamén para confirmar a posta en servizo en 2011 do eixe Ourense-Santiago de Compostela-A Coruña. Asà o expresou nunha conferencia de prensa, xunto ó presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión que se prolongou durante dúas horas no Ministerio de Fomento e que ambos os dous cualificaron de positiva.
Blanco precisou que antes do 31 de decembro deste ano se enviará ó Diario Oficial das Comunidades Europeas a licitación correspondente de todos os tramos do AVE a Galicia que quedan pendentes por un valor próximo ós 6.000 millóns de euros. Unha vez que se publique no Diario Oficial das Comunidades Europeas, tal e como se establece na lei, procederase á licitación no BoletÃn Oficial do Estado (BOE) no primeiro trimestre de 2011, detallou o titular de Fomento.
O Ministerio utilizará o financiamento público-privado para a execución de varios tramos do AVE desde a meseta a Ourense, xunto ó que inicialmente estaba previsto no pacto do Obradoiro, entre Ourense e Vigo. Segundo destacou o ministro, "a nova fórmula de financiamento, ó non estar suxeita a partidas orzamentarias e si ó interese das empresas para poder certificar e cobrar o seu traballo, dálles moita mais certeza ós prazos". Ademais, "permitirá ratificar os proxectos con máis rapidez", agregou.
Blanco destacou que o clima positivo da reunión de onte supón un paso importante para superar a desconfianza e a incerteza que se xeraron polo axuste orzamentario e a situación económica e permite seguir traballando desde a concertación e a cooperación nun proxecto que as dúas administracións teñen o empeño de que saia adiante.
Pola súa banda, Núñez Feijóo tamén mostrou a súa satisfacción polo resultado do encontro, no que, na súa opinión, prevaleceron os intereses comúns. "Saio con moitas menos inquietudes e moitas máis certezas", aseverou o presidente galego, quen celebrou que o Goberno de España non renuncie ó AVE a Galicia nun momento de descenso dos recursos públicos.
Destacou que Galicia terá tren de Alta Velocidade, xa que, na reu- nión, o ministro de Fomento lle trasladou un prazo "certo e concreto" sobre as licitacións de todos os tramos pendentes. Feijóo asegurou que, no novo escenario orzamentario, entende o cambio do sistema de financiamento para o AVE a Galicia, que suporá a aplicación da fórmula público-privada a varios tramos. "O AVE galego segue adiante", sentenciou o presidente da Xunta, quen considerou esta infraestrutura "un acerto estratéxico" para o progreso de Galicia e de España.
OS DATOSO proxecto enteiro coñecerase o 21
Blanco sinalou que todo o proxecto será coñecido a partir do dÃa 21 de decembro cando Adif llo traslade ó conxunto de empresas que poden participar da colaboración público-privada que se vai deseñar.
Mantéñense todos os acordos
O presidente da Xunta reafirmou que "o pacto segue vixente" porque as obras seguen contando coa mesma "data de termo definitiva, o ano 2015, quizais o punto máis importante do pacto".
Aymerich fala de mera propaganda
O voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, asegurou onte que a reunión de Feijóo e Blanco constitúe "unha nova manobra propagandÃstica", como o foi, na súa opinión, o Pacto do Obradoiro, asinado entre ambos os dous dirixentes en xullo de 2009. Aymerich mostrou a súa desconfianza sobre o cumprimento dos prazos para a execución do AVE galego; asà como polos compromisos orzamentarios realizados polo ministro galego, tamén no que se refire á súa repercusión posterior na cidadanÃa no caso de que se confirme que os fondos proceden de empresas privadas. Por iso, reclamou unha "nova polÃtica de infraes- truturas", é dicir, ir máis alá da concepción radial das comunicacións e que Galicia estea comunicada interiormente, con Portugal e Europa.
Vázquez veo un "dÃa positivo"
Tamén en declaracións previas á reunión, o lÃder do PSdeG, Manuel Vázquez, mostrouse convencido de que a xornada de onte Ãa ser un "dÃa positivo" para Galicia e que "vai ir todo ben" na reunión entre Feijóo e Blanco."Estou seguro de que Feijóo vai exercer de presidente de Galicia e buscar un acordo para lograr o maior investimento da historia de Galicia non peor momento económico", proclamou. Asà mesmo, defendeu a xestión de Blanco no ministerio e recalcou que se están licitando obras e executándoas. O secretario xeral do PSdeG recordou que Galicia ten un dos seus déficits máis importantes en infraestruturas, onde acumula "atrasos" históricos e mostrouse "tranquilo e rotundamente" confiado no compromiso do Goberno central.
Fuente: Galicia hoxe




