Economistas

CONTRA A PREGUIZA LINGÜÍSTICA

galego.gif

Hei de recoñecer que o informe sobre lingua dado a coñecer polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) en datas ben recentes foi para min, como pouco, sorprendente. Menos o foi, se cadra por previsíbel, o intenso debate aberto a partir da súa publicación a través de diferentes medios de comunicación, artigos de opinión e grupos de debate surxidos en diferentes redes sociais de internet.

Recoñezo, iso si, que a sorpresa non foi tanto para min o contido do documento -moi na liña de determinada visión sociolingüística que non é, nin moito menos, a primeira vez que se manifesta -como si a decisión -non me cabe ningunha dúbida que política, como case todas as decisións que se toman na vida -de o facer público con tal determinación nun contexto, como ben sabemos, tan adverso para a nosa lingua, no que a importancia da unidade social arredor dela ten, posibelmente máis que nunca, unha importancia capital.

Neste sentido é que non podo entender, nin por tanto compartir, a afirmación de Antón Reixa, responsábel de lingua do IGEA, no momento da presentación pública do citado informe, de que logo da intensidade do último ano aparece un novo período no que, xa sen tanta convulsión social, é posíbel abrir determinados debates e reflexións.

Realmente é isto así? As agresións que, máis ou menos públicas, segue a padecer cada día a nosa lingua e a nosa cultura, as vulneracións constantes dos nosos dereitos lingüísticos, a deturpación sistemática dunha toponimia oficial derivada do único artigo prescriptivo dunha lei de normalización aprobada hai case 30 anos por administracións públicas deste e daquel signo político, etc, evidencian máis ben que o conflito lingüístico non se moveu do seu sitio, como tampouco a xerarquizada posición das linguas "oficiais" na nosa sociedade. Como o evidencia tamén que, onte como hoxe, calquera adianto no sentido dun mínimo respecto á tépeda legalidade vixente ou a uns dereitos lingüísticos que tamén son civís segue a ser obra e graza do movemento cidadán organizado en favor dunha lingua en plenas facultades, v.g. A Mesa pola Normalización Lingüística.

Afortunadamente, non estamos soas e sós nesa consideración e esa entidade cidadá, que dentro duns meses fará vinte e cinco anos, segue a rexistrar novas incorporacións case que a diario, ben como ducias de queixas e consultas cada día a través do seu servizo de atendemento A Liña do Galego. Ben sabemos que non abonda para mudar de vez a subordinación do galego. Tamén sabemos que un proceso normalizador digno de tal nome non pode descansar unicamente sobre o traballo social feito desde a base, por fundamental que este sexa. Dous exemplos tan próximos xeograficamente como Catalunya e Esukadi amósannos a importancia capital da implicación dos axentes institucionais na restauración e dignificación social da lingua propia. Por iso, non podo menos que adherir eu tamén á proposta formulada nun recente artigo de Marcelino Fernández Mallo no seu blog: sobre o evidente pulo que desde os concellos se lle pode dar ao proceso normalizador. Non hai, para iso, que inventar moito; abondaría con comezar por garantir o cumprimento da Lei 5/1988 de uso do galego nos concellos. Un "revolucionario" punto de partida, xaora.

Voltando ao fío cuase inevitábel do informe do IGEA, entre as diversas opinións que con suma atención puiden ir lendo estes últimos días, sobrancea o tópico de que determinada visión sociolingüística -nomeadamente a defendida polo nacionalismo- permanece ancorada na década dos anos setenta, cando ao parecer foi "elaborada" (como se non houbese ducias e até centos e centos de escritos, análises e textos posteriores). Non é a única referencia que escoito á suposta negatividade dunha época pola que, noutros planos, confeso debilidade e admiración. Eu non a vivín porque aínda non nacera. Mais iso non me exclúe de ser eu tamén, como a miña xeración e as posteriores, produto dela, como o é o propio nacionalismo e como o é a sociolingüística de noso.

Resúltame curioso, iso si, e remato xa, que non desexando a volta a aqueles anos, a estratexia para a solución do "problema" lingüístico pase necesariamente pola aplicación das mesmas receitas e fórmulas máxicas xa enunciadas naquela mesma altura. Estratexia que, por certo, é tamén a que comparte o goberno de Alberto Núñez Feixóo: facemos que facemos, cando na práctica só desfacemos. A anestesia valeu, progresivamente, a partir de 1983 para que amplísimos sectores acabasen por asumir que tamén no lingüístico viviamos no mellor dos mundos posíbeis. Canta razón levaba o Xurxo Souto o 18 de outubro de 2009 naquel seu discurso na Quintana: tornáramos preguiceiros. De nós depende agora que a nugalla non nos volva invadir, mesmo que sexa camuflada de debate.
Fuente y autor: Reprodúcese o artigo publicado por Fran Rei, vicepresidente e coordinador de zonas da Mesa, no Terra e Tempo Dixital

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg