Galicia, na lista negra da UE por incumprir a Rede Natura
Galicia segue no punto de mira da Unión Europea polas súas eivas en polÃtica ambiental, e onte encargouse de lembralo a asociación ecoloxista WWF, que situou a comunidade entre as seis que incumpren a lei europea da Rede Natura 2000, que lles obrigaba a presentar os seus plans de xestión dos seus espazos protexidos ata onte, cando expiraba o prazo.
O colectivo, nun informe feito público onte, sinala que as comunidades autónomas da rexión atlántica deberÃan presentar xa os documentos, con 55 espazos no caso galego, 49 no de Asturias, 21 de Cantabria , 16 de Castela-León , 12 navarros e 46 do PaÃs Vasco.
Segundo recordou WWF, a orde vén do 7 de decembro de 2004, cando a Unión Europea aprobou a declaración duns espazos denominados Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) na chamada rexión atlántica, unha das 4 "rexións bioxeográficas" en que se divide España atendendo ás súas caracterÃsticas de clima, flora e fauna.
O obxectivo da UE era que, en seis anos de prazo, os espazos protexidos dentro desta rexión contasen con plans de xestión integrais que garantisen a súa conservación. Non obstante, WWF subliña que "só Navarra aprobou algúns dos seus plans, aÃnda que PaÃs Vasco, Cantabria e Navarra están a realizar importantes esforzos para impulsar a súa posta en marcha".
Por outro lado, destacou que no resto de rexións bioxeográficas, "a situación non é moito mellor". O responsable do Programa de Biodiversidade de WWF, Luis Suárez, asegurou que "é imprescindible que as CCAA asuman de forma inmediata a súa responsabilidade na xestión de rede Natura 2000 e o fagan correctamente".
Ademais, engadiu que "o Ministerio de Medio Ambiente debe promover e asegurar a correcta xestión da rede, aprobando de forma inmediata as Directrices de Conservación".
A Unión Europea abriu en decembro de 2004 un prazo de seis anos para redactar os correspondentes plans para blindar as paraxes naturais máis senlleiras, pero a Xunta xa confirmou que non chegará a tempo, enfrontándose asà á posibilidade de ser expedientada. O movemento ecoloxista, pola súa parte, xa avisou que se encargará de denunciar a pasividade da Xunta.
Galicia é a comunidade con menor porcentaxe de superficie protexida, cun 12%, só por diante de Ceuta e Melilla, polo que a ConsellerÃa de Medio Ambiente do bipartito, dirixida polo actual lÃder do PSdeG, Pachi Vázquez, redactara un borrador no que se prevÃa ampliar a superficie ata nun 18 por cento, aÃnda por debaixo da media estatal, asà como un plan de conservación, dúas propostas xa bloqueadas pola actual Xunta.
O BNG presiona a Bruxelas
A deputada do BNG, Ana Miranda, presentou unha iniciativa no Parlamento Europeo para saber se a Xunta enviou unha proposta de ampliación da Rede Natura xunto cos correspondentes plans de xestión dos espazos integrados.
Tamén a secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, apuntara o mes pasado que a Xunta reservou unha partida de "cero euros" para a ampliación, polo que a comunidade fica en grave risco de ser apercibida pola UE. A socialista, ademais, afondou na posibilidade deste "tirón de orellas" económico, e o fixo extensible ó incumprimento en materia de calidade nos rÃos e rÃas, dado que os orzamentos do Goberno galego previstos para o ano que vén deixan en evidencia unha polÃtica ambiental estéril.
Fuente: Galicia hoxe




