Economistas

"Nunca xamais vin unha executiva tan dividida como esta" División "nunca antes vista" nas filas de Pachi

logopsdeg.jpg

"Nunca xamais vin unha executiva tan dividida como esta". Avístase treboada nas filas de Pachi Vázquez. A súa doutrina sobre a incompatibilidade de cargos levanta grande ira nunha parte da dirección, crítica coa intención de aplicar a iniciativa "un home ou unha muller, un cargo" aos deputados autonómicos de cara ás eleccións municipais. De feito, o líder socialista non levou finalmente ao Comité Nacional a resolución prevista nesta liña. Fontes do despacho de Vázquez, con todo, aseguran que hai consenso total e que a norma será aplicada tanto na cita coas urnas locais do 2011 como o ano seguinte, na elección de deputados estatais e senadores.

A filosofía "un home ou unha muller, un cargo", que Pachi Vázquez levou na man no seu nomeamento como secretario xeral dos socialistas, estipula que todos aqueles deputados autonómicos que queiran concorrer ás listas municipais deben renunciar á súa acta de parlamentario. O mesmo ocorre á inversa no caso de deputados estatais e senadores. De feito, a norma forma parte do propio regulamento interno do PSOE, pero non se está cumprindo: o alcalde da Coruña, Javier Lósada, é senador; e o deputado en Cortes Domingo Tabuyo tamén é edil en Cambados. É o caso tamén de Carmen Marón, que ademais de concelleira na cidade herculina é parlamentaria nas Cortes.

Malia haber un sentir unánime a favor da máxima de Pachi, a forma de aplicación non acada ese mesmo consenso nas filas socialistas. Mentres que desde o propio despacho de Vázquez aseguraban onte que nas eleccións municipais se aplicaría rigorosamente, outras fontes consultadas por este xornal tras a celebración da Comisión Nacional do PSdeG, en Santiago, negaron que onte se chegase a acordo algún. Parte da dirección opúxose a ter que renunciar en xaneiro, e por escrito, á acta como deputado no caso de producirse esa incompatibilidade. O líder socialista non presentou, xa que logo, a resolución prevista nesta liña. A tentativa quedou finalmente en debate no marco da Executiva Nacional posterior, aonde Vázquez "levou un papel" sobre o que se debatiu cun "fifty-fifty" de apoios", aseguran as mesmas fontes das filas socialistas consultadas por "GH".

Un debate ben acalorado na medida en que as intencións do líder do PSdeG se interpretaron como un ataque directo a Modesto Pose, cabeza socialista na provincia de Pontevedra e que pretende formar parte da lista do PSdeG en Vilagarcía, ademais de manter a súa acta de deputado autonómico. Temén Xaquín Fernández Leiceaga, compaxinaría o seu cargo co de edil en Compostela; ou Mar Barcón, quen conservaría cadeira no Parlamento galego e mais na corporación herculina. A proposta de tamén prexudicaría á ferrolá Beatriz Sestayo e ao monfortino Tomé Roca, e crearía, din os críticos, "dirixentes de primeira e de segunda".

Nese grupo de voces contrarias hai tamén quen fala dunha "división nunca antes vista" na executiva socialista e quen califica de "encerrona" o vivido onte en Compostela.

Así, segundo fontes consultadas por Europa Press, Pachi Vázquez "apareceu de súpeto nunha reunión que xa tiña orde do día, cun papel para facer asinar". Papel este no que "se discriminaba" os deputados autonómicos -chamados a firmar xa- fronte aos estatais, que teñen como prazo o ano 2012.

"Non se pode chegar así a unha executiva, que aínda por riba se convoca con media hora de distancia respecto a un Comité Nacional". Abriuse, xa que logo, "un debate moi dividido" polo que "non se someteu a votación a resolución, que se adiou", aseveraron as mesmas fontes, para engadir: "Aínda por riba, Pachi dixo no peche do Comité que se aprobara un acordo".

Efectivamente, desde o gabinete do líder socialista aseguraron onte o apoio da executiva socialista a "un home, un cargo", e mesmo confirmaban que será de obrigado cumprimento tanto nas eleccións municipais do 2011 como nas de deputados estatais e senadores do 2012, ás que "todos os concelleiros ou alcaldes que queiran concurrir terán que renunciar ao cargo".

Respecto das voces que negaban o consenso, as mesmas fontes afirmaron que "o problema é que hai catro ou cinco deputados que non queren renunciar e a están liando, pero o apoio é maioritario e non hai que votalo, dáse por adoptado e terán que asumilo". Ademais, "non é unha ocorrencia nin unha improvisación, é unha "proposta xa apoiada" no seu momento "con máis do 90 por cento de apoios", engadiron desde o despacho de Vázquez.

Entregados "en corpo e alma"

Vázquez defendeu a iniciativa para que cada persoa que se presente o faga "en corpo e alma, e para entregarse as 24 horas do días" e agradeceulles aos compañeiros que "dende o punto da coincidencia, ou mesmo ás veces dende a discrepancia" acepten este compromiso. Ofreceulle o seu apoio o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, quen o considerou un "elemento fundamental da democracia".
LAURA CAMINO /Galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg